fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo

AUDITORIO DE GALICIA

O Auditorio de Galicia inaugurouse o 20 de outubro de 1989 coa vontade de consolidar a oferta cultural da capital de Galicia e convertelo no centro, por excelencia, para a recepción das manifestacións culturais que a cidade xera, e así mesmo converteuse en punto de referencia obrigada para a cultura musical e artística de Galicia. Este recinto polivalente, cun suxestivo espazo arquitectónico proxecto de Julio Cano Laso, participa dunha situación intermedia entre o urbano e o paisaxismo natural, no que se expresa a intención de exaltar os grandes muros de pedra como valor intemporal da arquitectura galega, constante en todo o edificio, que se acrecenta co contraste e brillo das galerías acristaladas, rodeado de amplas zonas verdes e un lago artificial. Grazas ao extraordinario deseño acústico de Lothar Cramer permitiu desenvolver en condicións inmellorables, ao longo destes máis de 20 anos, unha intensa e rica actividade cultural que inclúe ópera, teatro, danza, concertos, exposicións, etc.

O Auditorio de Galicia está na Avenida do Burgo das Nacións, s/n, C.P.:15705, Santiago de Compostela. O teléfono é 981 55 22 90.

Está aberto todos os días do ano (agás o 25 de decembro e o 1 de xaneiro) de 9.00 a 20.00h.

- Programa de Abono 2014/2015

Web propia: http://www.auditoriodegalicia.org/

 

Arte | VariosMediación cultural
Concerto Ukelele Kit Project con Marem Ladson Actividades MiiC
Sábado 29 abril | 19:00 | Auditorio de Galicia
Actividades MiiC Na MiiC, Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea, exponse o Ukelele intervido por David Sierra. A intérprete Marem Ladson –nun concerto que se celebrará na sala de exposicións– dará vida a este instrumento no marco das actividades que se desenvolven arredor da mostra (aberta até 25 de xuño no Auditorio de Galicia).  
Danza | VariasTeatro&Danza
'Cerebro, artes, acción' Enmarcado dentro do programa Torre de Babel
Domingo 30 abril | 19:00 | Auditorio de Galicia
Enmarcado dentro do programa Torre de Babel Este evento é a posta en escena final coa que culmina o proxecto 'Torre de Babel', unha iniciativa que busca a colaboración, a inclusión grupal, o respecto intelectual e o fomento da creatividade a través da educación artística e o traballo en equipo. As beneficiarias do proxecto son 20 persoas con dificultades de inclusión social, que levan traballando dende comezos do mes de marzo e que agora nos amosan todo ese traballo nesta cita, na que tamén celebramos o Día Internacional da Danza, que é o 29 de abril.  
Cinema | CurtametraxesDidácticos audiovisuais
Viaxe no tempo: as pelis dos rapaces de antes Didácticos Audiovisuais
Luns 8 maio | 11:00 | Auditorio de Galicia
Didácticos Audiovisuais Sesión de curtametraxes de animación clásicos, pezas musicais e outros contidos aptos para público infantil anteriores aos anos 2000. Actividade didáctica posterior sobre estética e tipo de narración das pezas e comparación cos contidos audiovisuais de hoxe en día.  
Arte | VariosInfantil e Familiar
MiiC. Visita guiada e taller para familias 'Animación de obxectos inertes'
Varias datas | Auditorio de Galicia
'Animación de obxectos inertes' Con motivo da exposición MiiC, Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea, ponse en marcha un taller dirixido a familias, no que nenas, nenos e adultos acompañantes poderán participar na visita guiada e no taller 'Animación de obxectos inertes'.  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Real Filharmonía de Galicia Diego García Rodríguez director
Xoves 11 maio | 20:30 | Auditorio de Galicia
Diego García Rodríguez director «A miña música é dramática nunha forma abstracta». K. Penderecki  
Música | World MusicMúsica
ANTONIO ZAMBUJO canta a Chico Buarque Presenta 'Até Pensei Que Fosse Minha'
Domingo 14 maio | 20:30 | Auditorio de Galicia
Presenta 'Até Pensei Que Fosse Minha' O cantante portugués Antonio Zambujo estará en Santiago de Compostela presentando ‘Até Pensei Que Fosse Minha’ dentro da súa xira europea. É o 7º álbum de António Zambujo e trátase dun tributo a Chico Buarque. O disco xa é considerado platino e está no Top 10 dos discos máis vendidos en Portugal.  
Música | ClásicaMúsica
Día das Letras Galegas coa RFG Maximino Zumalave, director
Xoves 18 maio | 20:30 | Auditorio de Galicia
Maximino Zumalave, director A Real Filharmonía de Galicia e o Coro Novo da Orquestra Sinfónica de Galicia súmase aos festexos do Día das Letras Galegas cun concerto especial que se vai a celebrar o 18 de maio ás 20.30 horas no Auditorio de Galicia  
Arte | VariosMediación cultural
Raúl Bermúdez presenta IlustraDots volume 2 Actividades MiiC
Sábado 20 maio | 12:30 | Auditorio de Galicia
Actividades MiiC IlustraDots participa na mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC) cun mural que mostra o traballo de gran parte dos 100 artistas galegos que forman parte do proxecto. A sala de exposicións acollerá a presentación de IlustraDots volume 2, a cargo do comisario do proxecto, Raúl Bermúdez.  
Música | Outras músicasInfantil e Familiar
Pablo Díaz e Tic Tac Toc Programa FalaRedes da Xunta de Galicia
Sábado 20 maio | 18:30 | Auditorio de Galicia
Programa FalaRedes da Xunta de Galicia Pop-rock-folk para xente miúda. Poderemos cantar os temas máis divertidos do último traballo TIC TAC TOC e faremos tamén un pequeno repaso das cancións máis emblemáticas dos anteriores traballos, TIC TAC e TOC TOC. Pablo Díaz contará neste concerto coa banda ao completo: Olga Kirk, Diego Barral e Alex Fente.  
Arte | VariosInfantil e Familiar
Decoración de azulexos con Alba Rodríguez Bernárdez Actividades MiiC. Taller infantil
Sábado 27 maio | 11:00 | Auditorio de Galicia
Actividades MiiC. Taller infantil Un práctico e divertido taller impartido por Alba Rodriguez Bernárdez axudará a introducir aos máis pequenos na ilustración en cerámica.  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Real Filharmonía de Galicia Paul Daniel, director
Xoves 1 xuño | 20:30 | Auditorio de Galicia
Paul Daniel, director R. Wagner, tras escoitar os coros da Novena Sinfonía de Beethoven, dixo: «Este é o fin da música sinfónica».  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Descubre unha orquestra para ti, a túa! L.v. Beethoven
Venres 2 xuño | 18:30 | Auditorio de Galicia
L.v. Beethoven A Real Filharmonía de Galicia dirixida polo mestre Paul Daniel, interpretarán a "Sinfonía nº 9 en re menor op. 125" de Beethoven  
Arte | Varios
Taller intensivo de Soundpainting Composición multidisciplinar en vivo
Sábado 10 xuño | 10:00 | Auditorio de Galicia
Composición multidisciplinar en vivo Ricardo Gassent Balaguer pon en marcha e dirixe esta iniciativa na sala de exposicións do Auditorio de Galicia. Implica en tempo real a músicos, bailaríns, actores e artistas visuais, utilizando un sistema de linguaxe de signos ideado especificamente para ese fin.  
Arte | Vídeo/InstalaciónsMediación cultural
Proxección Psiconautas, coloquio con Alberto Vázquez Actividades MiiC
Luns 19 xuño | 20:00 | Auditorio de Galicia
Actividades MiiC Como peche as actividades que se veñen desenvolvendo con motivo da exposición MiiC, o director de animación, ilustrador e debuxante de cómics Alberto Vázquez (A Coruña, 1980) charlará co público que asista á proxección do filme Psiconautas.  
Arte | Varios
Inauguración ALÉN DOS XÉNEROS Prácticas artísticas feministas en Galicia
Xoves 6 xullo | 20:00 | Auditorio de Galicia
Prácticas artísticas feministas en Galicia Alén dos xéneros, mostra colectiva comisariada por Anxela Caramés, reúne unha selección de obras que percorren o panorama das prácticas artísticas feministas en Galicia dende os anos noventa ata a actualidade. A mostra foi realizada polo MARCO, Museo de Arte contemporánea de Vigo –onde se inaugura en xaneiro de 2017– en coprodución co Auditorio de Galicia que acolle a itinerancia ata novembro deste ano.  

Exposicións

Arte | Outros
Visitas guiadas e talleres á exposición MIIC Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea
Mércores 22 marzo / Luns 15 maio |Auditorio de Galicia
Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea Máis dun centenar de pezas representativas do que se está a facer dentro da área da ilustración de vangarda a nivel mundial. A mostra, comisariada por Matilde Rodríguez, resalta o valor da ilustración como medio de expresión creativa de moitos artistas contemporáneos, constituíndose como unha das ramas de comunicación máis libres e imaxinativas que existen.  
Arte | Outros
MiiC (Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea) MiiC no teu móbil. Descarga a app!
Martes 21 marzo / Domingo 25 xuño |Auditorio de Galicia
MiiC no teu móbil. Descarga a app! Comisariada por Matilde Rodríguez, MiiC é a primeira Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea de Galicia. Unha exposición colectiva de máis dun centenar de pezas representativas do que se está a facer dentro da área da ilustración de vangarda a nivel mundial, que podes ver na sala de exposicións do Auditorio e descargar a app Miic auditorio.  

http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1490966812.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1490966812.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org