fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo

TEATRO PRINCIPAL

O Teatro Principal, obra do arquitecto Manuel Prado y Vallo, foi construído en 1841 no centro histórico santiagués. Hoxe en día é centro neurálxico da programación cultural de Santiago de Compostela, onde se desenvolven festivais como Cineuropa ou Curtocircuíto e a programación estable de teatro e danza ou a musical, sen esquecer conferencias, entregas de premios ou presentacións dos traballos máis variados de artistas e creadores do panorama cultural galego.

O Teatro Principal está na Rúa Nova, nº 21. O teléfono de oficinas é o 981 54 23 47 e o do despacho de billetes o 981 54 23 49.

O 26 de abril do 2016 o Teatro Principal cumpre 175 anos. Nesta publicación que se preparou con motivo do aniversario, recóllense curiosidades da historia do edificio.

Teatro | Varios
24º Festival Internacional de Teatro Universitario Do 19 ao 22 de febreiro
Luns 19 - Xoves 22 febreiro | 21:00 | Teatro Principal
Do 19 ao 22 de febreiro O Festival Internacional de Teatro Universitario chega á súa 24ª edición, na que reúne a compañías de teatro universitarias europeas do 19 ao 22 de febreiro no Teatro Principal. Teremos en Compostela a compañías de Italia, Granada e Lituania, ademais da representación da Aula de Teatro da Universidade de Santiago.  
Teatro Teatro&Danza
Me llamo Suleimán Compañía Una hora menos
Sábado 24 febreiro | 18:30 | Teatro Principal
Compañía Una hora menos Adaptación teatral da novela homónima escrita por Antonio Lozano. Unha produción da compañía canaria Una hora menos, protagonizada por Marta Vieira.  
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
Converxencias BMSC & Grupo Canto D'aquí & Uxía Senlle
Domingo 25 febreiro | 12:00 | Teatro Principal
BMSC & Grupo Canto D'aquí & Uxía Senlle A Banda Municipal de Música de Santiago nesta ocasión estará acompañada polo grupo portugués Canto D'aquí e a cantante galega Uxía Senlle  
Didácticos | MúsicaPrograma Didáctico
Xogo de pillabáns Zoar
Varias datas | Teatro Principal
Zoar Xogo de Pillabáns é unha obra de teatro musical, baseada nunha Novela Ejemplar de Miguel de Cervantes Saavedra. Nesta produción os intérpretes actúan como os personaxes da historia interactuando co público. A historia de Rinconete y Cortadillo narra as aventuras de dous mozos duns 15 anos, Pedro del Rincón e Diego Cortado, que se coñecen, na Venta del Molinillo, despois de escapar da casa en busca de cartos e liberdade.  
Teatro Teatro&Danza
Resaca ilMaquinario Teatro
Venres 2 - Sábado 3 marzo | 20:30 | Teatro Principal
ilMaquinario Teatro No verán de 2016, os membros de ilMaquinario Teatro deciden xuntarse co ánimo de reconstruír a súa propia memoria xeracional e familiar a través da historia dunha persoa común que desapareceu e marcou as súas vidas: Álex. Os restos que esta persoa deixa en forma de cadernos, diarios, investigacións sobre a súa familia, lembranzas e fotografías, son os materiais empregados como punto de partida para unha investigación que tamén se converte en descuberta persoal por parte de cada un deles.  
Didácticos | TeatroPrograma Didáctico
Osiño Trompicallo, S.C.
Varias datas | Teatro Principal
Trompicallo, S.C. A vida nun anaquiño de fraga transfórmase coa chegada das diferentes estacións. Neste lugar vive Osiño coa súa mamá. Con eles pasaremos un inverno no que Osiño ten moito frío, pero a súa mamá vaille ensinar o que un oso debe facer para non telo e poder xogar coa neve. Na primavera coñeceremos ao avó de Osiño, que lle contará o seu conto favorito, o de cando a súa mamá, de pequena, coñeceu a un paporrubio. Polo verán Osiño levaranos a dar un longo e fantástico paseo nocturno, para poder levarlle á súa mamá un pedazo de queixo moi especial. E no outono, celebraremos con el e os seus amigos Porquiño, Coello e os Ratos o seu aniversario.  
Teatro Teatro&Danza
Emilia. Mujeres que se atreven (Parte 1) Teatro del Barrio
Sábado 10 marzo | 20:30 | Teatro Principal
Teatro del Barrio "Emilia. Mujeres que se atreven" amosa a loita dunha muller, Emilia Pardo Bazán que, cara a fin do século XIX, porfía en ser ela mesma, conducirse de acordo cos seus desexos e vontade de escribir e participar na vida pública.  
Música | InfantilBanda Municipal de Música
A historia extravagante de Hipo e Gavante Concerto en familia
Sábado 17 marzo | 18:30 | Teatro Principal
Concerto en familia Nenos e nenas acompañados polos seus pais teñen a oportunidade de desfrutar desta suite sinfónica con narrador na que conta as peripecias dun Hipopótamo que, cansado de vivir no mesmo recodo do río, decide tomarse unhas vacacións no mar para cambiar de aires.  
Infantil/Familiar | InfantilInfantil e Familiar
O conto da azuzaina Limiar Teatro
Domingo 18 marzo | 18:30 | Teatro Principal
Limiar Teatro Refuxiadas nun cuarto de caldeiras, coexisten as peculiaridades dun científico pintoresco e un músico excéntrico. A través do labirinto de tubos que anoan as voces do edificio, chéganlles relatos de grupos de persoas que, a pesares do inesperado, se recoñecen como familia. Un marabilloso xoguete escénico sobre as familias para gozar en familia.  
Didácticos | TeatroPrograma Didáctico
O conto da Azuzaina Ana Carreira e Fran Núñez, dramaturxia e dirección
Varias datas | Teatro Principal
Ana Carreira e Fran Núñez, dramaturxia e dirección Na imprenta da Azuzaina chega un encargo urxente: o libro das familias. Os operarios Terán que dar o mellor de sí e usar as máis aloucadas estratexias para completar o traballo a tempo. O encargo é crear un libro con fotos de diferentes familias, de diferentes persoas. Ante a necesidade de entregalo na fin da xornada terán que crear a toda velocidade as páxinas do libro.  
Infantil/Familiar Infantil e Familiar
Euria (Choiva) Markeliñe
Sábado 24 marzo | 18:30 | Teatro Principal
Markeliñe Un paraugas pendurado como recordo nun colgadoiro. Unha personaxe sumida na tristura pola perda dun ser querido. Outro paraugas, roto e abandonado, que a nosa personaxe decide arranxar sen saber que, dende ese momento, a súa vida comeza a mudar. Premio ao Mellor Espectáculo Fetén 2017  
Teatro Teatro&Danza
Casa 0'Rei Ibuprofeno Teatro
Venres 6 - Sábado 7 abril | 20:30 | Teatro Principal
Ibuprofeno Teatro Con "Casa O’Rei", Ibuprofeno Teatro completa a súa triloxía gastronómica, xunto con "O furancho" e "Raclette". Este texto de Santiago Cortegoso propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir do "Rei Lear" de W. Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega.  
Didácticos | DanzaPrograma Didáctico
Emoticores Las Tricotouses
Varias datas | Teatro Principal
Las Tricotouses Emoticores é a nova proposta de danza de Cristina Montero & Rut Balbís, Las Tricotouses, para o público máis novo. COR e PSICOLOXÍA: Ao igual que os adultos, os máis novos precisan espazos onde recoñecerse e expresarse afectiva e emocionalmente. É importante que a escola proporcione estos lugares de contacto e de expresión e así, camiñar cara un modelo educativo máis integrador, humano e creativo.  
Didácticos | TeatroPrograma Didáctico
Gatuxo Urdime SCG
Varias datas | Teatro Principal
Urdime SCG Gatuxo é un espectáculo onde se fusionan as artes, a música, as cantigas, o teatro, os contos, o clown, a manipulación de obxectos ou o claqué, todo interpretado en directo por tres músicos a dúas voces e unha actriz. Gatuxo é unha metáfora do crecemento da crianza e do descubrimento do mundo dende unha perspectiva artística: o Gatuxo é arquitecto dunha caixa, é músico na cociña, é pintor de garabatos, é bailarín de claqué, é cantante, é monicrequeiro cos obxectos cos que brinca, e por suposto é o narrador da súa propia historia.  
Circo Teatro&Danza
El último bufón Leo Bassi
Xoves 19 abril | 20:30 | Teatro Principal
Leo Bassi O cómico de orixe italiana Leo Bassi revisa os seus 40 anos de traxectoria teatral a partir duns filmes que a súa irmá atopa na Fundación Lumière en Lyon. Imaxes que os irmáns Lumière tomaran dos antepasados de Bassi no Circo Rancy e que constitúen, posiblemente, as primeiras de pallasos en movemento ao longo ha historia.  
Teatro Teatro&Danza
Oleanna Pentación Espectáculos
Sábado 21 abril | 20:30 | Teatro Principal
Pentación Espectáculos Carol, é unha estudante universitaria que chega ao despacho do seu profesor a pedir que lle suban a nota dunha materia. Desta sinxela premisa parte unha das obras máis turbadoras de David Mamet.  
Danza Teatro&Danza
Si pudiera hablar de esto no haría esto Janet Novás
Venres 27 abril | 20:30 | Teatro Principal
Janet Novás Un espectáculo coproducido por: Festival de Otoño en Primavera de la Comunidad de Madrid, Teatro Pradillo, Escenas do Cambio e Festival BAD Bilbao. Co apoio de: Graner Centro de Creació, Paso a 2 e Conde Duque, Centro de Danza Canal e Coreógrafos en Comunidad.  
Infantil/Familiar Infantil e Familiar
Gaia Entremans
Sábado 28 abril | 18:30 | Teatro Principal
Entremans Entremans presenta unha peza didáctica para público familiar "Gaia". Realiza, así, o seu segundo espectáculo infantil, logo da boa acollida que tivo a nivel nacional o seu anterior espectáculo "Juega". "Gaia" afonda nun tema de suma importancia hoxe en día: O noso planeta. Un proxecto no que a idea fundamental é achegar coñecementos desde unha óptica visual e imaxinativa.  
Danza | OutrasTeatro&Danza
Bailar en hombre Fernando López
Xoves 24 maio | 20:30 | Teatro Principal
Fernando López "Bailar en hombre" é un espectáculo que trata sobre a evolución dos códigos de xénero e sexualidade dentro do flamenco, ao longo do século pasado.  
Teatro Teatro&Danza
Electra Companhia do Chapitô
Venres 25 maio | 20:30 | Teatro Principal
Companhia do Chapitô Logo de "Edipo" a Companhia do Chapitô atrévese con outro título complexo (que non complicado) dentro da traxedia grega: "Electra"  
Infantil/Familiar Infantil e Familiar
Pum Pum! Baobab Teatro
Sábado 26 maio | 18:30 | Teatro Principal
Baobab Teatro "Pum Pum!" é un espectáculo tenro para nenas e nenos a partir de 5 anos que fala de historias cotiás que lles acontecen a esta idade e que porta tamén unha mensaxe clara: dende moi pequenos deben saber que ninguén lles pode obrigar a facer cousas que non queren.  

http://www.santiagoturismo.com/files/2018/02/compostelaneafebreiro2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/02/compostelaneafebreiro2018webesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org