fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo

PROGRAMA DIDÁCTICO

A concellaría de Acción Cultural programa cada tempada un programa didáctico dirixido a escolares de Santiago e de toda Galicia. Organizados a modo de sesións pedagóxicas, os programas adáptanse ás diferentes franxas de idade e promoven o coñecemento de música clásica, danza, teatro, música tradicional, etc. Ademais póñense a disposición dos centros escolares guías didácticas, que se atopan nas fichas de cada un dos eventos que podedes ver a continuación, para traballar na aula cos seus mestres con anterioridade á asistencia ao evento.

Pódese descargar a carta explicativa do Programa Didáctico 2016/2017 aquí e o formulario de inscrición aquí e envialo a info@auditoriodegalicia.org a partir do 27 de setembro Santiago e comarca e a partir do 28 de setembro o resto dos centros de ensino.

Listado de centros de ensino admitidos 2016-17. Informámoslles que aínda quedan prazas para as seguintes actividades.

Poden ser solicitados por:

1º- Polos centros que xa teñen adxudicado estas actividades que poderán aumentar o número de alumnos.

2º- Centros que podan estar interesados en cubrir estas prazas.

 

- 6 febreiro 10:00 --------108 prazas

- 6 febreiro 12:00 -------32 prazas

- 7 febreiro 10:00--------49 prazas

- 7 febreiro 12:00--------59 prazas

- 13 febreiro 10:00 -------300 prazas

- 13 febreiro 12:00 -------300 prazas

- 14 febreiro 10:00 -------150 prazas

- 14 febreiro 12:00 -------300 prazas

- 15 febreiro 10:00 -------147 prazas

- 16 febreiro 10:00 -------200 prazas

- 16 febreiro 12:00--------81 prazas

- 22 febreiro 10:00--------8 prazas

- 7 marzo 10:00 ----------60 prazas

- 21 marzo 12:00----------7 prazas

- 31 marzo 10:00 -------10 prazas

- 3 abril 10:00--------- 110 prazas

- 4 abril 10:00----------31 prazas

 

ESCÉNICAS

Para o apartado didáctico en artes escénicas (disciplinas de teatro, monicreques, danza, circo) e musicais a concellaría abriu unha convocatoria para que as empresas presentaran as súas propostas. Estas son as bases da convocatoria.

Resolución da convocatoria de propostas para o programa didáctico de Artes Escénicas e musicais 2016-2017 do Concello de Santiago de Compostela.

 

Teatro | Infantil/FamiliarPrograma Didáctico
O libro da selva Títeres Cachirulo
Varias datas | Teatro Principal
Títeres Cachirulo Na espesura da selva, o malvado tigre Sherekan ataca a aldea dos homes. Mowgli, un rapaciño escorregadizo, escapa das poutas do tigre e busca refuxio na cova dos lobos, que pasarán a se converter na súa nova familia, coa que vivirá divertidas experiencias até que se teña que enfrontar, cara a cara, a Sherekan.  
Arte Programa Didáctico
A maxia dos afiadores Mago Teto
Varias datas | Teatro Principal
Mago Teto Un espectáculo que xira en torno a unha roda de afiar dos anos 30 herdada polo mago Teto dos seus ancestos. O afiador, un oficio que tivo o seu apoxeo nos séculos XVIII e XIX ,e prácticamente extinguido no século XX. Desplazábanse centos ou miles de kilómetos, por uns días ou anos coa única compaña da sua roda. Miles de historias e aventuras doutros tempos son postas en escena coa axuda do ilusionismo.  
Música Programa Didáctico
West side story Banda Municipal de Música
Varias datas | Auditorio de Galicia
Banda Municipal de Música Adaptación para marionetas de West Side Story, do universal tema do amor imposible, impedido pola distinta procedencia, clase social, cultura, raza... dos dous amantes, presente en clásicos como Romeo e Xulieta.  
Teatro Programa Didáctico
Kassa Elefante elegante
Varias datas | Auditorio de Galicia
Elefante elegante A acción comeza en tempos de bonanza. Chove diñeiro. A sociedade é seductora, próspera e optimista. A casa, coma un agasallo do banco, representa a realización do soño, da unión e da felicidade familiar. O disfrute da casa é o disfrute da propia vida e recalca o sentimento de que o paraíso é aqui e agora. Un día, esgótanse os recursos económicos colectivos e o empresario para quen traballa o pai anuncia o seu despedimento a xeito de Music-hall.  
Música | JazzPrograma Didáctico
Gallaecia Gallaeciños Jazz: Gallaecia Big Band
Varias datas | Auditorio de Galicia
Jazz: Gallaecia Big Band É un proxecto musical - teatral educativo que pretende ensinar, dun xeito moi divertido e entretido, a HISTORIA DO JAZZ, narrando como nace cada estilo do mesmo. Explicando os diferentes estilos musicais, instrumentos, ritmos e épocas do Jazz dun xeito cronolóxico: Gospel, Blues, Ragtime, Dixieland, Swing,Bebop, Cool Jazz, Funky, Soul...  
Danza | VariasPrograma Didáctico
Pesdelán Entroidanzas
Varias datas | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Entroidanzas O grupo de música e baile Pesdelán ten un obxectivo moi claro: que o público baile! Unha das integrantes do grupo animaranos a seguir os seus pasos, que nos explicará de forma sinxela e amena, para que todos e todas poidamos unirnos ó baile.  
Música | PercusiónPrograma Didáctico
Invención Odaiko Krea
Varias datas | Auditorio de Galicia
Odaiko Krea O espectáculo percorre distintos momentos históricos, facendo un repaso ás grandes invencións da Humanidade. O humor, a interacción permanente e o virtuosismo musical son as ferramentas que espertarán a curiosidade da cativada; xurdindo, dunha divertida sesión didáctica, reflexións e intereses que activan o pensamento crítico e a creatividade das cativas e dos cativos.  
Teatro | Infantil/FamiliarPrograma Didáctico
Luppo Baobab Teatro
Varias datas | Teatro Principal
Baobab Teatro Luppo é un home maior que vive só e todos os días, ás doce en punto de cada mañá, acende o seu gramófono e escoita ópera. Sempre a mesma canción. Ten un amigo, Tulún, un neno que cada mañá lévalle o pan, as especias e o xornal. Luppo cóntalle a Tulún moitas historias da súa vida. Unha mañá, Tulún chega coa compra e Luppo non está...  
Música Programa Didáctico
Corre, corre, boliña!! Banda Municipal de Música
Varias datas | Auditorio de Galicia
Banda Municipal de Música O conto dun pan que corre, ou mellor, que arrola polo chan para fuxir de quen o quere comer, é un típico exemplo de "conto dos tempos da fame", común na Europa de tradición oral, e especialmente pensado para informar deleitando, así como para a súa doada memorización debido á reiteración do motivo principal que é fuxir dunha selección humana e zoolóxica de "depredadores" de pan.  
Teatro Programa Didáctico
Manawee Matrioshka Teatro
Varias datas | Teatro Principal
Matrioshka Teatro En Manawee, as Matrioshkas Anabell Gago, Lorena Conde e Chelo do Rejo, escrébense unha carta a si mesmas. Unha nota aclaratoria sobre o que xa pasou e non se decataron. Unha explicación sobre aquelas furias, euforias, amores, paixóns e pánicos que pasaban como tornados nos anos da súa infancia. Esa carta que tod@ nen@ recibirá de si mem@ no futuro. Manawee é un espectáculo para aqueles nen@s que vislumbran grandes cambios.  
Música | ClásicaPrograma Didáctico
Pedro e o lobo de S. Prokófiev Real Filharmonía de Galicia
Varias datas | Auditorio de Galicia
Real Filharmonía de Galicia A Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección do concertino James Dalghren interpretará 'Pedro e o lobo' de Sergei Prokofiev. Neste conto sinfónico cada personaxe está representado por un instrumento e unha melodía característica.  

http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1483356991.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1483356991.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org