fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo

PROGRAMA DIDÁCTICO

A concellaría de Acción Cultural programa cada tempada un programa didáctico dirixido a escolares de Santiago e de toda Galicia. Organizados a modo de sesións pedagóxicas, os programas adáptanse ás diferentes franxas de idade e promoven o coñecemento de música clásica, danza, teatro, música tradicional, etc. Ademais póñense a disposición dos centros escolares guías didácticas, que se atopan nas fichas de cada un dos eventos que podedes ver a continuación, para traballar na aula cos seus mestres con anterioridade á asistencia ao evento.

Pódese descargar a carta explicativa do Programa Didáctico 2017/2018 aquí e o formulario de inscrición aquí e envialo a info@auditoriodegalicia.org a partir do 20 de setembro Santiago e comarca e a partir do 21 de setembro o resto dos centros de ensino.

Nas fichas de cada un dos eventos que podedes ver a continuación, aparece a GUÍA DIDÁCTICA para descargar, así como máis información dos mesmos.

Pode vostede consultar a lista de centros admitidos no Programa Didáctico do Concello de Santiago 2017/18. Informámoslles que aínda QUEDAN algunhas PRAZAS para as seguintes actividades didácticas:

-"A familia do Vurdalak" 9 novembro ás 10:00 h

- "O Valo" 16 de xaneiro ás 10:00 e ás 12:00 h e 17 de xaneiro ás 10:00 h

- "Las Lollipops" 23 e 24 de xaneiro ás 10:00 h

- "Todo percusión" 25 ás 10:00 h e 26 de xaneiro ás 10:00 e 12:00 h

- "Xogo de pillabáns" 28 de febreiro ás 10:00 e ás 12:00 h e 1 marzo ás 10:00 h

- "Elas Bravas" o 19 marzo ás 12:00 h

 

 

 


Histórico

Programa Didáctico
Gatuxo Urdime SCG
Martes 17 abril | 2018 | Teatro Principal
Urdime SCG Gatuxo é un espectáculo onde se fusionan as artes, a música, as cantigas, o teatro, os contos, o clown, a manipulación de obxectos ou o claqué, todo interpretado en directo por tres músicos a dúas voces e unha actriz. Gatuxo é unha metáfora do crecemento da crianza e do descubrimento do mundo dende unha perspectiva artística: o Gatuxo é arquitecto dunha caixa, é músico na cociña, é pintor de garabatos, é bailarín de claqué, é cantante, é monicrequeiro cos obxectos cos que brinca, e por suposto é o narrador da súa propia historia.  
Programa Didáctico
Vemos moitas máis cousas que pelis Didácticos Audiovisuais
Luns 16 abril | 2018 | Auditorio de Galicia
Didácticos Audiovisuais Nesta sesión propoñemos que o alumnado participante “vexa moitas máis cousas que pelis”, é dicir, trátase dunha sesión na que pretendemos incidir na variedade de formatos audiovisuais que existen hoxe en día, tanto en cine, como en TV, como na rede, centrándonos nos seguintes: vídeoclips, webseries, youtubers (infantís: nenos/as que están producindo contido para nenos/as), series de TV e curtametraxes.  
Programa Didáctico
A burra Ramona Banda Municipal de Música
Xoves 12 abril | 2018 | Auditorio de Galicia
Banda Municipal de Música A burra Ramona é un conto que anima a perseguir os soños, a loitar polos desexos e a cambiar as rutinas. Os diferentes personaxes que se cruzan no camiño da burra Ramona teñen a súa música propia, en especial a protagonista e así imos coñecendo e imaxinando as características de cada un deles.  
Programa Didáctico
Emoticores Las Tricotouses
Martes 10 abril | 2018 | Teatro Principal
Las Tricotouses Emoticores é a nova proposta de danza de Cristina Montero & Rut Balbís, Las Tricotouses, para o público máis novo. COR e PSICOLOXÍA: Ao igual que os adultos, os máis novos precisan espazos onde recoñecerse e expresarse afectiva e emocionalmente. É importante que a escola proporcione estos lugares de contacto e de expresión e así, camiñar cara un modelo educativo máis integrador, humano e creativo.  
Programa Didáctico
O ritmo e a palabra A ancestralidade da Percusión
Martes 3 abril | 2018 | Auditorio de Galicia
A ancestralidade da Percusión A percusión será o instrumento protagonista do concerto didáctico que ofrecerá o percusionista da Real Filharmonía de Galicia José V. Faus, alumnos da Escola de Altos Estudios Musicais, así como a participación do compositor e narrador Fernando Buíde  
Programa Didáctico
O conto da Azuzaina Ana Carreira e Fran Núñez, dramaturxia e dirección
Martes 20 marzo | 2018 | Teatro Principal
Ana Carreira e Fran Núñez, dramaturxia e dirección Na imprenta da Azuzaina chega un encargo urxente: o libro das familias. Os operarios Terán que dar o mellor de sí e usar as máis aloucadas estratexias para completar o traballo a tempo. O encargo é crear un libro con fotos de diferentes familias, de diferentes persoas. Ante a necesidade de entregalo na fin da xornada terán que crear a toda velocidade as páxinas do libro.  
Programa Didáctico
Elas Bravas! Didácticos Audiovisuais
Luns 19 marzo | 2018 | Auditorio de Galicia
Didácticos Audiovisuais Esta será unha celebración da presenza feminina no audiovisual, tanto a nivel de creación (directoras, produtoras, actrices…) como a nivel de perspectiva de xénero nas historias. Nesta sesión as protagonistas serán ELAS, en filmes con protagonistas femininas (nenas ou mulleres adultas) e/ou cuxas historias están contadas dende a súa perspectiva, e coñecemento tamén de mulleres importantes (e bravas!) da industria audiovisual.  
Programa Didáctico
A historia extravagante de Hipo & Gavante Banda Municipal de Música de Santiago
Venres 16 marzo | 2018 | Auditorio de Galicia
Banda Municipal de Música de Santiago Esta suite sinfónica con narrador conta as peripecias dun Hipopótamo que, cansado de vivir no mesmo recodo do río, decide tomarse unhas vacacións no mar para cambiar de aires. Despois de chegar á praia, atópase con Gavante, un bogavante tímido ao que lle gusta moito o café que vive na beira e ambos decidan facerse amigos. Pero a amizade, ás veces, debe ser capaz de pasar por algunhas dificultades...  
Programa Didáctico
O carnaval dos animais de C. Saint-Saëns REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Martes 13 marzo | 2018 | Auditorio de Galicia
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA En 1886 Camilo Saint-Saëns escribiu esta obra instrumental moi divertida na que quixo que aparecesen moitos animais: leóns, elefantes, galiñas, tartarugas, canguros, asnos, cisnes, peixes e varios máis. Compuxo a música como broma para un día de entroido, así que comprobaredes que ten música moi alegre con toques de bo humor. Cada animal ou animais ten asignado un instrumento musical. Son 14 pequenos fragmentos adicados cada un deles a un animal distinto.  
Programa Didáctico
Osiño Trompicallo, S.C.
Martes 6 marzo | 2018 | Teatro Principal
Trompicallo, S.C. A vida nun anaquiño de fraga transfórmase coa chegada das diferentes estacións. Neste lugar vive Osiño coa súa mamá. Con eles pasaremos un inverno no que Osiño ten moito frío, pero a súa mamá vaille ensinar o que un oso debe facer para non telo e poder xogar coa neve. Na primavera coñeceremos ao avó de Osiño, que lle contará o seu conto favorito, o de cando a súa mamá, de pequena, coñeceu a un paporrubio. Polo verán Osiño levaranos a dar un longo e fantástico paseo nocturno, para poder levarlle á súa mamá un pedazo de queixo moi especial. E no outono, celebraremos con el e os seus amigos Porquiño, Coello e os Ratos o seu aniversario.  
Programa Didáctico
Xogo de pillabáns Zoar
Mércores 28 febreiro | 2018 | Teatro Principal
Zoar Xogo de Pillabáns é unha obra de teatro musical, baseada nunha Novela Ejemplar de Miguel de Cervantes Saavedra. Nesta produción os intérpretes actúan como os personaxes da historia interactuando co público. A historia de Rinconete y Cortadillo narra as aventuras de dous mozos duns 15 anos, Pedro del Rincón e Diego Cortado, que se coñecen, na Venta del Molinillo, despois de escapar da casa en busca de cartos e liberdade.  
Programa Didáctico
Libres e diversos Didácticos Audiovisuais
Luns 26 febreiro | 2018 | Auditorio de Galicia
Didácticos Audiovisuais Esta sesión abordará a través do audiovisual a atención á diversidade no noso contexto social, centrándonos en 2 temas principais: a aceptación da homosexualidade e, por extensión, da(s) condición(s) sexuais das persoas integrantes do colectivo LGBTI e o problema do racismo e a xenofobia, que a través das pezas audiovisuais poderemos enlazar con temas de plena actualidade, máis alá do contido audiovisual (represión LGBT en Chechenia, auxe da extrema dereita en Europa, crise dos refuxiados…)  
Programa Didáctico
Concerto Singular Píscore e Banda Municipal de Música
Mércores 7 febreiro | 2018 | Auditorio de Galicia
Píscore e Banda Municipal de Música Píscore é unha nova compañía de música e comedia xestual que anova a escena do humor do país. Está composta por catro virtuosos músicos que en Concerto Singular lévannos a unha dimensión musical e humorística realmente especial. Mesturando a excelencia musical e a comedia de alto nivel, Píscore actualizan o máis clásico humor mudo e anovan a disciplina cunha proposta diferente, orixinal e de calidade cunha marimba enorme no medio da acción.  
Programa Didáctico
O poder de Amabel Cía.Pérez&Fernández
Martes 30 xaneiro | 2018 | Teatro Principal
Cía.Pérez&Fernández Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha abraiante intelixencia ou mesmo a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa habilidade extraordinaria. Para descubrilo, embarcarase en aventuras ben peculiares. Un reencontro de dous amigos xa adultos no que lembrarán un especial outono que viviron xuntos no 82, un dos seus primeiros recordos de nenos, eses aos que debemos voltar para sentirnos na nosa verdadeira patria: a infancia.  
Programa Didáctico
Viaxe arredor do mundo Didácticos Audiovisuais
Luns 29 xaneiro | 2018 | Auditorio de Galicia
Didácticos Audiovisuais Para a 2ª sesión propoñemos unha viaxe arredor do mundo, un repaso por contidos (escenas de longametraxes, curtametraxes, anuncios publicitarios, pezas de animación) pertencentes a diversos sistemas culturais, localizacións xeográficas e tradicións artísticas.  
Programa Didáctico
Todo é percusión Dúas e Exire
Xoves 25 xaneiro | 2018 | Auditorio de Galicia
Dúas e Exire O espectáculo levarase a cabo polo dúo de percusión Duas e dúas bailarinas de arte contemporáneo, que se identifican baixo o nome de Exire, co obxetivo principal de chegar ó Arte Total a través da ligazón das distintas artes: música, danza e teatro.  
Programa Didáctico
Las Lollipops Gallaecia Eventos
Martes 23 xaneiro | 2018 | Auditorio de Galicia
Gallaecia Eventos O grupo Las Lollipops, está formado por tres voces femininas: Paula Romero, Marian Ledesma , Paty Lesta e un pianista, Cristian Leggiero. Durante unha hora, con música en directo e dunha maneira moi, moi divertida, explicarán conceptos claves da música vocal e coral.  
Programa Didáctico
O Valo Culturactiva, SCG
Martes 16 xaneiro | 2018 | Teatro Principal
Culturactiva, SCG O Valo fala do encontro de dous mundos, dúas realidades, dúas consciencias encarnadas en dous personaxes ben distintos: O Soldadiño de Chumbo e Sahara. Fronte ao pensamento patético e torpe do Soldadiño de Chumbo, que obedece ordes dos seus superiores desde a fe cega no que sempre lle dixeron que tiña que facer, oponse a sensibilidade de Sahara, unha rapaza que foxe da guerra e que recibiu tantos paus na vida que xa poucas cousas poden detela.  
Programa Didáctico
Música con pelis! Aprendendo a escoitar o cine. Didácticos Audiovisuais
Luns 18 decembro | 2017 | Auditorio de Galicia
Didácticos Audiovisuais Un concerto didáctico e interactivo de Caspervek Trío no que traballaremos sobre a relación da música/son e imaxe no cine, facendo un repaso polo uso desta en diferentes épocas da historia audiovisual. Introduciremos aos nenos e nenas no concepto de “banda sonora”, os seus procesos e importancia, así como a presenza da música nas películas como catalizador emocional e soporte do contido audiovisual.  
Programa Didáctico
A Familia do Vurdalak de A. Tolstoi Banda Municipal de Música de Santiago
Xoves 9 novembro | 2017 | Auditorio de Galicia
Banda Municipal de Música de Santiago Samaín segue sendo o mes do escuro, do medo, do sangue e do susto. Casiano Mouriño Maquieira ao fronte dá Banda Municipal e Paula Carballeira como narradora serán os encargados de contarnos unha historia arrepiante que nos trasladará a Serbia, na que un viaxeiro francés pide aloxamento na casa dunha familia que agardan a volta do avó, temendo que se convertise nun “vurdalak” ou morto vivinte que precisa beber da sangue dos seus. O ambiente de misterio e intriga, a emoción e a habilidade estilística fan deste relato un recoñecido precedente do que despois se convertería nunha prolífica literatura sobre a cara oculta da realidade.  
Programa Didáctico
Guillermo Tell Fundación la Caixa
Luns 30 outubro | 2017 | Auditorio de Galicia
Fundación la Caixa Unha frecha, unha mazá, unha criatura, a aventura dun valente ballestero... son as imaxes máis próximas que os pequenos asocian coa figura de Guillermo Tell. A partir da adaptación e redución realizada pola Compañía de Comediants A Baldufa, poderán descubrir a lenda deste heroe medieval protagonista dunha ópera escrita por Gioacchino Rossini. Guillermo Tell é unha produción do Gran Teatro do Liceo.  
Programa Didáctico
A casa do avó Tanxarina S.L.
Luns 9 outubro | 2017 | Teatro Principal
Tanxarina S.L. Roberto recibe a noticia de que o seu avó vai quedar sen casa. Ante esta inxusta situación o neno ponse en marcha para atopar unha solución e, nesta busca, dispárase un mundo de pequenas e divertidas aventuras protagonizadas polas máis variadas personaxes. Un encontro cómico e poético que desemboca nun final feliz propiciado polo apoio solidario.  
Viaxe no tempo: as pelis dos rapaces de antes Didácticos Audiovisuais
Luns 8 maio | 2017 | Auditorio de Galicia
Didácticos Audiovisuais Sesión de curtametraxes de animación clásicos, pezas musicais e outros contidos aptos para público infantil anteriores aos anos 2000. Actividade didáctica posterior sobre estética e tipo de narración das pezas e comparación cos contidos audiovisuais de hoxe en día.  
Programa Didáctico
Pedro e o lobo de S. Prokófiev Real Filharmonía de Galicia
Mércores 26 abril | 2017 | Auditorio de Galicia
Real Filharmonía de Galicia A Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección do concertino James Dalghren interpretará 'Pedro e o lobo' de Sergei Prokofiev. Neste conto sinfónico cada personaxe está representado por un instrumento e unha melodía característica.  
En Galicia facemos debuxos animados! Didácticos Audiovisuais
Luns 24 abril | 2017 | Auditorio de Galicia
Didácticos Audiovisuais Sesión de audiovisual de temática infantil feito en Galicia, con actividade posterior sobre os contidos vistos e perspectiva da animación galega.  
Programa Didáctico
Manawee Matrioshka Teatro
Luns 3 abril | 2017 | Teatro Principal
Matrioshka Teatro En Manawee, as Matrioshkas Anabell Gago, Lorena Conde e Chelo do Rejo, escríbense unha carta a si mesmas. Unha nota aclaratoria sobre o que xa pasou e non se decataron. Unha explicación sobre aquelas furias, euforias, amores, paixóns e pánicos que pasaban como tornados nos anos da súa infancia. Esa carta que tod@ nen@ recibirá de si mesm@ no futuro. Manawee é un espectáculo para aqueles nen@s que vislumbran grandes cambios.  
Programa Didáctico
Corre, corre, boliña!! Banda Municipal de Música
Xoves 30 marzo | 2017 | Auditorio de Galicia
Banda Municipal de Música O conto dun pan que corre, ou mellor, que arrola polo chan para fuxir de quen o quere comer, é un típico exemplo de "conto dos tempos da fame", común na Europa de tradición oral, e especialmente pensado para informar deleitando, así como para a súa doada memorización debido á reiteración do motivo principal que é fuxir dunha selección humana e zoolóxica de "depredadores" de pan.  
O globo vermello Didácticos Audiovisuais
Luns 27 marzo | 2017 | Auditorio de Galicia
Didácticos Audiovisuais Proxección de “Le ballon rouge" (Albert Lamorisse, 1956), mediometraxe de 32 minutos de duración que conta a peripecia dun neno e o seu globo vermello polas rúas de París, reflexión sobre o valor da amizade, a lealdade e o poder da imaxinación para transformar o mundo.  
Programa Didáctico
Luppo Baobab Teatro
Martes 21 marzo | 2017 | Teatro Principal
Baobab Teatro Luppo é un home maior que vive só e todos os días, ás doce en punto de cada mañá, acende o seu gramófono e escoita ópera. Sempre a mesma canción. Ten un amigo, Tulún, un neno que cada mañá lévalle o pan, as especias e o xornal. Luppo cóntalle a Tulún moitas historias da súa vida. Unha mañá, Tulún chega coa compra e Luppo non está...  
Mamasunción fala agora Didácticos Audiovisuais
Luns 20 marzo | 2017 | Auditorio de Galicia
Didácticos Audiovisuais Sesión de exhibición da mediometraxe galega de 1984 dirixida por Chano Piñeiro e actividade didáctica sobre as temáticas do filme e a súa relación co mundo de hoxe en día en 3 eixes temáticos principais: o cambio nas comunicacións, as relacións familiares e a realidade da emigración en Galicia.  
O cine soa ben! Didácticos Audiovisuais
Luns 13 marzo | 2017 | Auditorio de Galicia
Didácticos Audiovisuais Concerto didáctico e interactivo de Caspervek Trío sobre a relación da música/son e imaxe no cine.  
Programa Didáctico
Invención Odaiko Krea
Martes 7 marzo | 2017 | Auditorio de Galicia
Odaiko Krea O espectáculo percorre distintos momentos históricos, facendo un repaso ás grandes invencións da Humanidade. O humor, a interacción permanente e o virtuosismo musical son as ferramentas que espertarán a curiosidade da cativada; xurdindo, dunha divertida sesión didáctica, reflexións e intereses que activan o pensamento crítico e a creatividade das cativas e dos cativos.  
Programa Didáctico
Pesdelán Entroidanzas
Martes 21 febreiro | 2017 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Entroidanzas O grupo de música e baile Pesdelán ten un obxectivo moi claro: que o público baile! Unha das integrantes do grupo animaranos a seguir os seus pasos, que nos explicará de forma sinxela e amena, para que todos e todas poidamos unirnos ó baile.  
Programa Didáctico
Gallaecia Gallaeciños Jazz: Gallaecia Big Band
Mércores 15 febreiro | 2017 | Auditorio de Galicia
Jazz: Gallaecia Big Band É un proxecto musical - teatral educativo que pretende ensinar, dun xeito moi divertido e entretido, a HISTORIA DO JAZZ, narrando como nace cada estilo do mesmo. Explicando os diferentes estilos musicais, instrumentos, ritmos e épocas do Jazz dun xeito cronolóxico: Gospel, Blues, Ragtime, Dixieland, Swing,Bebop, Cool Jazz, Funky, Soul...  
Programa Didáctico
Kassa Elefante elegante
Luns 13 febreiro | 2017 | Auditorio de Galicia
Elefante elegante A acción comeza en tempos de bonanza. Chove diñeiro. A sociedade é seductora, próspera e optimista. A casa, coma un agasallo do banco, representa a realización do soño, da unión e da felicidade familiar. O disfrute da casa é o disfrute da propia vida e recalca o sentimento de que o paraíso é aqui e agora. Un día, esgótanse os recursos económicos colectivos e o empresario para quen traballa o pai anuncia o seu despedimento a xeito de Music-hall.  
Programa Didáctico
West side story Banda Municipal de Música e Viravolta títeres
Xoves 9 febreiro | 2017 | Auditorio de Galicia
Banda Municipal de Música e Viravolta títeres Adaptación para marionetas de West Side Story, do universal tema do amor imposible, impedido pola distinta procedencia, clase social, cultura, raza... dos dous amantes, presente en clásicos como Romeo e Xulieta.  
Programa Didáctico
A maxia dos afiadores Mago Teto
Luns 6 febreiro | 2017 | Teatro Principal
Mago Teto Un espectáculo que xira en torno a unha roda de afiar dos anos 30 herdada polo mago Teto dos seus ancestos. O afiador, un oficio que tivo o seu apoxeo nos séculos XVIII e XIX ,e prácticamente extinguido no século XX. Desplazábanse centos ou miles de kilómetos, por uns días ou anos coa única compaña da sua roda. Miles de historias e aventuras doutros tempos son postas en escena coa axuda do ilusionismo.  
Programa Didáctico
O libro da selva Títeres Cachirulo
Luns 23 xaneiro | 2017 | Teatro Principal
Títeres Cachirulo Na espesura da selva, o malvado tigre Sherekan ataca a aldea dos homes. Mowgli, un rapaciño escorregadizo, escapa das poutas do tigre e busca refuxio na cova dos lobos, que pasarán a se converter na súa nova familia, coa que vivirá divertidas experiencias até que se teña que enfrontar, cara a cara, a Sherekan.  
Programa Didáctico
Real Filharmonía de Galicia Piero Lombardi, director
Mércores 18 xaneiro | 2017 | Auditorio de Galicia
Piero Lombardi, director Programa: Danzas rumanas, B. Bartok Minueto, L. Boccherini Pizzicato Polka, J. Strauss Vals das flores, P. I. Chaikovsky Danza húngara nº 5, J. Brahms Natural de Catro Bagatelas, R. Groba   Bai...  
Programa Didáctico
Residuo Pistacatro produtora de soños
Mércores 30 novembro | 2016 | Teatro Principal
Pistacatro produtora de soños Malabaranda (Manu e Kote) construen esta aventura en defensa do medio ambiente, insistindo nos malabares como soporte fundamental. Nesta peza, traballan con materiais atopados no lixo. Porque o lixo é unha das cousas que o ser humano aporta de seu á natureza. Lixo material, pero tamén humano, social, emocional....  
Programa Didáctico
Imos ao cine coa BMSC Banda Municipal de Santiago
Venres 4 novembro | 2016 | Auditorio de Galicia
Banda Municipal de Santiago John Williams é o responsable de levarnos ao cine cos ollos pechados, este compositor é o autor dos mellores temas musicais que se compuxeron para a gran pantalla, creando melodías e composicións inesquecibles, facéndose un oco na Historia do celuloide. Nesta ocasión a Banda Municipal de Música de Santiago interpretará algunha das súas coñecidas obras como Harry Potter, Superman, Stars Wars, Jurasic Park, etc  
Programa Didáctico
Pitusa semifusa e as familias de instrumentos
Mércores 2 novembro | 2016 | Auditorio de Galicia
e as familias de instrumentos Pitusa Semifusa pretende aprenderlles aos nenos e nenas as familias de instrumentos dun xeito lúdico e ameno. É unha proposta para gozar da música dende as idades máis temperás, xa que está inspirado na forma de aprender das cativas e os cativos a partir dos 3 anos de idade. O espectáculo apóiase nos instrumentos de xoguete, pois a explicación destes e das súas características son o fío condutor dun concerto onde o máis importante é a interactuación das cativas e os cativos.  
Programa Didáctico
O país da banda...Un conto musical Banda Municipal de Música
Xoves 13 outubro | 2016 | Auditorio de Galicia
Banda Municipal de Música Nun país moi remoto divido en dúas partes por un río moi grande cunha pequena illa, o País da Banda, vivían catro familias de instrumentos. As familias eran a de Vento-Madeira, amante da natureza e tranquila, os Metais, inquedos e ruidosos, os Saxofóns, entre as dúas familias anteriores, e por último e non menos importante, a Percusión, independente e variada.  
Programa Didáctico
BANDANZA Bailes de Salón
Venres 15 abril | 2016 | Auditorio de Galicia
Bailes de Salón Mediante o presente concerto didáctico o alumnado terá a posibilidade de observar en directo a espectacularidade dos diferentes bailes de salón coa música a cargo da Banda Municipal de Santiago.  
Programa Didáctico
Xoga Compañía de danza Entremáns
Luns 11 abril | 2016 | Teatro Principal
Compañía de danza Entremáns Se te miras ao espello, podes verte por dentro? Xoga é un espectáculo para descubrir como eres e saber de que estás feit@. Un encontro didáctico que conxuga espazo escénico, audiovisual, música e danza. Diversión, unión e espectáculo. Unha viaxe dende a imaxinación ao coñecemento.  
Programa Didáctico
Pygmalion (inglés) Recursos educativos
Mércores 6 abril | 2016 | Teatro Principal
Recursos educativos Pygmalion, o clásico de Bernard Shaw máis versionado en teatros de todo o mundo, agora adaptado ao nivel de inglés dos alumnos e alumnas. Cómicas situacións protagonizadas pola nosa deliciosa aprendiz e o seu empeñado mestre, e unhas cancións cheas de vida converterán este espectáculo nun potente instrumento para que rapaces e rapazas poñan en práctica as súas habilidades en inglés.  
Programa Didáctico
Feo Compañía Caramuxo
Luns 4 abril | 2016 | Teatro Principal
Compañía Caramuxo Caramuxo Teatro presenta un novo espectáculo de pequeno formato, inspirado en “O Parrulo Feo” de Hans Cristhian Andersen, para nenos a partir de 3 anos. A pequena fábrica de parrulos de Goma “Il Papero Giallo” produce tódolos dias centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un dia sae un parrulo diferente... Feo! é un canto á diversidade e a esencia de un mesmo, unha comedia para toda a familia.  
Programa Didáctico
L'Avare (francés) Recursos educativos
Martes 15 marzo | 2016 | Teatro Principal
Recursos educativos Da man de Molière os alumnos non só aprenderán a gozar co manexo do idioma, senón que se achegarán a un dos clásicos imprescindibles dun os autores máis representativos da literatura francesa.  
Programa Didáctico
Cyrano de Bergerac (90% francés e 10% castelán) La boheme Théâtre
Luns 7 marzo | 2016 | Teatro Principal
La boheme Théâtre Cyrano de Bergerac é á súa vez soldado e poeta e está perdidamente namorado da súa curmá Roxane, a quen non ousa declarale a súa paixón debido aos seus complexos físicos, provocados polo curioso tamaño do seu nariz. Por iso, toma a decisión de axudar a Christian, un mozo belo pero pouco elocuente, a conquistar o corazón da rapariga escribindo no seu lugar todas as cartas de amor que desexa enviarlle. Terminará Roxane por descubrir este engano?  
Programa Didáctico
XACOBE MARTÍNEZ ANTELO STANDARD QUARTET Cuarteto de Jazz: Saxo Tenor, Guitarra, Contrabaixo e Batería.
Venres 4 marzo | 2016 | Auditorio de Galicia
Cuarteto de Jazz: Saxo Tenor, Guitarra, Contrabaixo e Batería. Xacobe Martínez Antelo Standard Quartet utilizará temas como Caravan, Things aint what they used to be, Take the “A” train, In a Sentimental Mood, Satin Doll, etc... así coma algunha composición orixinal creada por el para exemplificar os conceptos a tratar.  
Programa Didáctico
Jim e a illa do tesouro Compañía Eme2
Luns 29 febreiro | 2016 | Teatro Principal
Compañía Eme2 O temible pirata John Silver busca sen éxito o tesouro do lendario capitán Flint. Billy Bones traizóao dándolle un mapa falso. Manda un dos seus homes (Pew) buscar a Bones para darlle morte e recuperar o verdadeiro mapa. Bones refuxiouse nunha pensión rexentada por Tom Hawkins e o seu fillo Jim. Pew dá co paradoiro de Bones, e no seu intento por matalo para recuperar o mapa mata tamén por accidente o pai de Jim. A Jim só o asiches o doutor Livesey. Inesperadamente, Jim atopa o mapa do tesouro que escondía Billy Bones e o doutor deciden ir buscar o tesouro.  
Programa Didáctico
IV Centenario Cervantes e Shakespeare Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela
Xoves 25 febreiro | 2016 | Auditorio de Galicia
Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela O Auditorio de Galicia únese á conmemoración do IV Centenario da morte de Miguel de Cervantes e Shakespeare cun concerto no que os dous dramaturgos son os protagonistas.  
Programa Didáctico
PALABRAS MALDITAS de Teatro do Noroeste Con Sara Casasnovas, Miquel Ínsua e Luma Gómez
Xoves 25 febreiro | 2016 | Teatro Principal
Con Sara Casasnovas, Miquel Ínsua e Luma Gómez Teatro do Noroeste ofrece unha función didáctica do seu novo traballo, 'Palabras Malditas', de Eduardo Alonso, quen tamén a dirixe, e protagonizada por Sara Casasnovas, Inma Alonso, Miquel Ínsua e Luma Gómez. Trátase dun espectáculo teatral sobre a amizade ou, se cadra, sobre o amor máis alá das circunstancias, das persoais e das conxunturais, máis alá da propia natureza ou do momento histórico que toque vivir.  
Programa Didáctico
Babiliglub Compañía Galitoon
Martes 23 febreiro | 2016 | Teatro Principal
Compañía Galitoon A tranquilidade do fondo do mar vese interrompida por un pequeno peixe e o seu peculiar xeito de falar, o protagonista só sabe dicir Miau!! O son que emite o peixe provoca unha airada resposta no resto da fauna mariña, un trío de peixes, un peixe multicolor e un polbo, que só saben dicir NON! Pero no fondo mariño o politicamente correcto sería dicir Glub! A representación é unha alegación a tolerancia e a aceptación da diferenza.  
Programa Didáctico
Novelas ejemplares de Cervantes Regenta Teatro
Luns 22 febreiro | 2016 | Teatro Principal
Regenta Teatro Partindo dun texto narrativo de Cervantes, NOVELAS EXEMPLARES, coas que queremos celebrar tanto o cuarto centenario da publicación da Segunda Parte do Quijote como do falecemento do Fénix das letras castelás. Para esta dramaturxia eliximos tres historias protagonizadas por mulleres como son: La gitanilla, La española inglesa e Las dos doncellas. As vivencias que Cervantes acumulou na súa vida reflíctense aquí nun despregue de localizacións e de belas historias relacionadas con elas.  
Programa Didáctico
Real Filharmonía de Galicia e Alumnos do Conservatorio Profesional de Santiago Diego García, director
Venres 12 febreiro | 2016 | Auditorio de Galicia
Diego García, director A Real Filharmonía de Galicia e os alumnos do Conservatorio Profesional de Santiago, dirixidos polo mestre Diego García, interpretarán a "sinfonía nº 5 en Si bemol Maior, D.485" de F. Schubert  
Programa Didáctico
A tropa trapalleira Compañía Bocaberta
Luns 25 xaneiro | 2016 | Teatro Principal
Compañía Bocaberta A Tropa Trapalleira, Rosiña, Laranxiño e Mariña, presentan “Pequena trapallada e algunha que outra batalla”. Un espectáculo para nenos e nenas de 3º e 4º de primaria, 100% dinámico e colorista que nos fai reflexionar sobre o absurdo da guerra e as súas consecuencias.  
Programa Didáctico
Os instrumentos musicais e o baile na tradición galega Pablo Carpintero, director
Venres 22 xaneiro | 2016 | Auditorio de Galicia
Pablo Carpintero, director O concerto didáctico que lles presentamos, pretende facer chegar ó público a grande riqueza da tradición musical galega a través do coñecemento dalgúns dos seus instrumentos musicais e dunha mostra do seu baile tradicional.  
Programa Didáctico
Só unha escusa Compañía de danza Tricotouses
Luns 18 xaneiro | 2016 | Teatro Principal
Compañía de danza Tricotouses Só unha escusa é unha estructura de danza contemporánea improvisada, creada por Cristina Montero e Rut Balbis, as súas intérpretes, que ofrecerán unha actividade pedagóxica conxunta ao espectáculo.  
Programa Didáctico
Keep Calm (inglés) Recursos educativos
Martes 12 xaneiro | 2016 | Teatro Principal
Recursos educativos ¡¡Manteñan a calma!! Non se movan dos seus asentos e ninguén sairá indiferente, porque vai dar comezo a comedia máis disparatada e tola de toda a tempada. Calquera cousa pode pasar da man destes accidentados personaxes. Un espectáculo cheo de humor e situacións divertidas que se converterá na táboa de salvación para as túas clases de inglés.  
Programa Didáctico
Conto de Nadal, de C. Dickens Banda Municipal de Música
Xoves 10 decembro | 2015 | Auditorio de Galicia
Banda Municipal de Música Baixo a batuta do mestre J. M. Romero LLopis a banda municipal poñeralle música ao conto de Dickens, narrado por Paula Carballeira, onde se enxalza o espírito navideño. Os tres Fantasmas do Nadal Pasado, Presente e Futuro revelaranlle ao avaro Scrooge canta cobiza, desprezo, soidade e desamor están a arruinar a súa vida.  
Programa Didáctico
Real Filharmonía de Galicia Maximino Zumalave, director
Mércores 2 decembro | 2015 | Auditorio de Galicia
Maximino Zumalave, director Programa: Minuetto, L. BoccheriniSerenata núm. 9 KV 320 "Posthorn", W. A. Mozart (selección)...  
Programa Didáctico
20000 LEGUAS DE VIAJE SUBMARINO ¡Sorprendente, espectacular e misteriosa!
Martes 1 decembro | 2015 | Teatro Principal
¡Sorprendente, espectacular e misteriosa! Así é a xenial adaptación dunha das obras literarias máis coñecidas de Julio Verne. Mergúllache nas profundidades do océano da man deste espectáculo cheo de aventuras e goza a bordo do Nautilus de experiencias inesquecibles xunto aos teus alumnos.  
Programa Didáctico
AccESO a Cineuropa Banda Municipal de Música
Mércores 25 novembro | 2015 | Auditorio de Galicia
Banda Municipal de Música A Banda Municipal de música de Santiago será a encargada de poñerlle música ás curtas "O Xigante" de Nani García e "Mejor pídelo tú" de M. Muñoz Gascón, así como de interpretar outras bandas sonoras como Jurassic Park, Los Picapiedra e The Simpsons.  
Programa Didáctico
Real Filharmonía de Galicia Paul Daniel, director
Venres 20 novembro | 2015 | Auditorio de Galicia
Paul Daniel, director A RFG interpretará unha selección dunha das mellores obras de Mahler, a primeira que non ten un final feliz, inmersa nun gran pesimismo, a Sinfonía nº 6 tamén chamada "Tráxica", con arranxos de Xoan Trillo. O autor descríbenoso mundo dos malos presaxios, como o home sae derrotado logo dunha loita entre as forzas positivas e negativas.  
Programa Didáctico
Maxia e Poesía da Xeración do 27 de Frazer Cultural Tempestades
Mércores 11 novembro | 2015 | Teatro Principal
Cultural Tempestades Maxia, Ilusionismo e Poesía unha posta en escena surrealista e sorprendente. Fragmentos da Xeración do 27 e Homenaxe a Miguel Hernández.  
Programa Didáctico
Acábate la Sopa Obra social la Caixa
Martes 27 outubro | 2015 | Auditorio de Galicia
Obra social la Caixa Ás veces non é fácil acabarse a sopa e, mentres o intentas, a imaxinación voa e voa..., e lévache a outros mundos onde os personaxes aparecen onde menos cho esperas e a música soa ao redor transformando a cociña nun espazo fantástico onde todo é posible. Da man de catro músicos e dunha bailarina, aproximarémonos a obras de compositores como D. Shostakovitch, P. Glass ou The Beatles para entender o proceso de creación musical a través da combinación de ritmos e melodías.  
Programa Didáctico
FRANKESTEIN! de H. K. Gruber Real Filharmonía de Galicia
Venres 23 outubro | 2015 | Auditorio de Galicia
Real Filharmonía de Galicia K. Gruber denominou á súa obra "pan-Demonium", partes da obra poden parecer caóticos, tanto na súa forma musical como na súa forma narrativa. O autor crea unha peza que require instrumentos de xoguete como mangueira de plástico, bocina de automóbil, clarinetes, saxofóns, trompetas...  
Programa Didáctico
Érase unha vez...un conto musical Banda Municipal de Música
Mércores 14 outubro | 2015 | Auditorio de Galicia
Banda Municipal de Música A road movie, O Xigante, é unha fiestra que mostra a fantástica viaxe que é CRECER. Simboliza o corazón de todos os pais, homes e mulleres que a través da súa mirada revelan o mundo aos seus fillos, axudándolles a construír o seu universo, a trazar os seus camiños, a corrixir calquera desvío no magnetismo do seu compás... e a deixalos marchar cando chegue o momento adecuado.  
Programa Didáctico
Un musical de Cine A historia do cine da man dos alumnos do IES de Ames
Mércores 17 xuño | 2015 | Auditorio de Galicia
A historia do cine da man dos alumnos do IES de Ames Con máis de 130 participantes en directo, entre actores, bailarins, músicos, cantantes, técnicos de luz e sons, tremoístas, maquillaxe e peiteado; así como o traballo externo de 200 construtores de decorados. "UN MUSICAL DE CINE" fai un percorrido pola historia da sétima arte dende os tempos do cine mudo ata o día de hoxe.  
Programa Didáctico
SAXO TENOR de Roberto Vidal Bolaño Teatro Nacional Dona Maria II de Lisboa
Venres 29 maio | 2015 | Teatro Principal
Teatro Nacional Dona Maria II de Lisboa Unha desgraza suburbana improbable entre loucos, gangsters, chulos e prostitutas: foi así que Roberto Vidal Bolaño subtitulou esta peza escrita en 1991. O compostelán Roberto Vidal Bolaño é un dos máis importantes dramaturgos, directores e actores galegos contemporáneos. En Saxo tenor, o autor –herdeiro lexítimo de Ramón Maria del Valle Inclán– propón un verdadeiro esperpento de final do século XX.  
Programa Didáctico
AIREnoAR Proposta educativa desta estrea absoluta
Xoves 21 maio | 2015 | Teatro Principal
Proposta educativa desta estrea absoluta Dúas persoas e unha corda vertical… Un espazo que respira, o Ar… Dúas linguaxes expresivas… Inquedos, activos e polifacéticos intérpretes e creadores, María Move e Álvaro Reboredo son protagonistas desta coreografía de Rut Balbís que terá a súa estrea absoluta no Teatro Principal.  
Programa Didáctico
Moito conto Comedia musical de Redrum Teatro
Luns 4 maio | 2015 | Teatro Principal
Comedia musical de Redrum Teatro "Moito Conto" é unha comedia musical 100% ecolóxica dirixida a un público familiar a partir dos 6 anos que, seguindo a estrutura do coñecido conto “Hansel e Gretel”, trata de educar e concienciar en valores de coidado do medio ambiente e hábitos de vida saudables.  
Programa Didáctico
Peer Gynt Viravolta Títeres e a Banda Municipal de Música
Mércores 29 abril | 2015 | Auditorio de Galicia
Viravolta Títeres e a Banda Municipal de Música A compañía Viravolta títeres realizou a adaptación da composición de Edward Grieg para títeres de vara e sombras, con música en directo da Banda Municipal de Música de Santiago dirixida por Juan Miguel Romero Llopis.  
Programa Didáctico
Romeo e Xulieta Títeres Per Poc e Real Filharmonía de Galicia
Xoves 23 abril | 2015 | Auditorio de Galicia
Títeres Per Poc e Real Filharmonía de Galicia A partir da música de Romeo e Julieta de Sergei Prokofiev e o texto de William Shakespeare, a Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Mihnea Ignat, xunto co grupo de títeres Per Poc deleitaranos cunha das historias máis belas e tristes da nosa cultura, a través dunha das composicións musicais máis extraordinarias.  
Programa Didáctico
C’EST LA VIE Matrioshka Teatro
Xoves 16 abril | 2015 | Teatro Principal
Matrioshka Teatro Unha reflexión intensa e caleidoscópica sobre o tempo e os seus rastros. Matrioshka Teatro tende aquí fíos entre a sorpresa de recoñecerse nese segundo que nos cambia a vida e a excitación de comprender que as horas se aceleran proporcionalmente á velocidade do corazón. Ensamblada peza a peza coma un delicado mecanismo de reloxería, mimada ata o máis mínimo detalle para lograr que o espectador se erga da butaca sentíndose tocado por unha brisa fresca e evocadora. C’est la vie é vida condensada…  
Programa Didáctico
Frankenstein Aprendendo inglés cun clásico do xénero de terror
Martes 7 abril | 2015 | Teatro Principal
Aprendendo inglés cun clásico do xénero de terror O espectáculo de Frankenstein será o vehículo perfecto para que os rapaces poñan en práctica os seus coñecementos de inglés, ao mesmo tempo que gozan da posta en escena dunha das obras máis atractivas do xénero de terror.  
Programa Didáctico
Real Filharmonía de Galicia Música clásica coa nosa orquestra
Mércores 18 marzo | 2015 | Auditorio de Galicia
Música clásica coa nosa orquestra A Real Filharmonía de Galicia e o tuba Rafael de la Torre López interpretarán o concerto para tuba de Vaughan Williams así coma unha selección de Rosamunda de Franz Schubert que dirixirá o mestre Maximino Zumalave.  
Programa Didáctico
Le malade imaginaire Unha das obras máis divertidas de Molière
Mércores 11 marzo | 2015 | Teatro Principal
Unha das obras máis divertidas de Molière Por prescrición facultativa preparamos para vós unha das obras máis divertidas do gran Molière, o gran xenio da comedia francesa. Completamente adaptado ao nivel dos teus alumnos, este clásico da literatura francesa converterase na fórmula maxistral máis efectiva para as túas clases de Francés.  
Programa Didáctico
Rinconete y Cortadillo Cervantes para escolares
Martes 10 marzo | 2015 | Teatro Principal
Cervantes para escolares Segue a estes dous pícaros ata o teatro e poderás gozar da adaptación desta fantástica obra, extraída das xeniais Novelas Exemplares de Cervantes. Magnífica posta en escena do texto, que nos chega a través dos séculos con toda a súa frescura. A forma ideal de achegar aos rapaces á maxia dos nosos clásicos.  
Programa Didáctico
Pedro e o lobo Banda Municipal de Música
Luns 9 marzo | 2015 | Auditorio de Galicia
Banda Municipal de Música A Banda Municipal de Música e o grupo Fantoches Baj interpretarán o tradicional conto de Pedro e o lobo coa marabillosa música de Prokofiev nun entorno de maqueta de ferrocarril para contar aos pequenos unha historia de emocións humanas: a superación, o amor, a vinganza, o medo e o orgullo e finalmente unha defensa do lobo e da necesidade de valorar a natureza.  
Programa Didáctico
No hay burlas con el amor Un clásico de Calderón de la Barca
Luns 23 febreiro | 2015 | Teatro Principal
Un clásico de Calderón de la Barca Ensalzado, vilipendiado, deseado y aborrecido, el amor es el tema principal de esta obra, que nos advierte de que ninguno estamos libres de ser herido por el dardo de Cupido.  
Programa Didáctico
Músicas para contos Banda Municipal de Música
Xoves 5 febreiro | 2015 | Auditorio de Galicia
Banda Municipal de Música Este programa é para nenos de 3 a 6 anos, todas as composicións son suites formadas por movementos de máximo 3-4 minutos de duración, para que a atención dos oíntes sexa en todo momento activa, contribuíndo a iso a voz como foco de atención.  
Programa Didáctico
FALÁNDOLLE A UN ESPELLO Diego Freire e Producións Dispersas
Mércores 4 febreiro | 2015 | Zona "C"
Diego Freire e Producións Dispersas Un home descobre que é o único sobrevivente da fin do mundo. O planeta enteiro está a súa disposición! Un novo mundo só para el! Cheo de oportunidades e retos! O seu único compañeiro é un espello non demasiado conversador. Inevitablemente as ausencias comezan a evidenciarse moi pronto e as vellas rutinas vanse substituíndo por outras novas. Que pode facer? Onde pode ir?  
Programa Didáctico
Les Femmes Savantes Teatro en francés para escolares
Luns 26 xaneiro | 2015 | Teatro Principal
Teatro en francés para escolares (90% francés-10% español) Unha comedia de enredos ao máis puro estilo Molière, na que os espectadores gozan dun humor sarcástico e absurdo durante toda a función.  
Programa Didáctico
Le Tour du monde en 80 jours Teatro en francés para escolares
Luns 26 xaneiro | 2015 | Teatro Principal
Teatro en francés para escolares (70% francés-30% español) Unha obra mestra de Julio Verne onde as dificultades e obstáculos non o serán para o Sr. Fogg e os seus acompañantes, que serán capaces de emprender e improvisar as solucións idóneas en cada caso. Unha obra dinámica que esperta as ansias de aventura e descubrimento entre os mozos. Unha viaxe tamén ata a lingua francesa de mans dun dos autores máis influíntes da literatura clásica francesa. Bon Voyage!  
Programa Didáctico
Estamos no Verán!!! Son + D2
Venres 16 xaneiro | 2015 | Auditorio de Galicia
Son + D2 Estamos no verán!!! é un espectáculo de 50-60 minutos de duración, con música e danza, configurado a partir da novela-Cd do mesmo nome e editada por Galaxia. No mesmo, cóntasenos a historia duns amigos que no verán queren montar un grupo de música.  
Programa Didáctico
Tom Sawyer As aventuras da personaxe máis coñecida de Mark Twain
Luns 15 decembro | 2014 | Teatro Principal
As aventuras da personaxe máis coñecida de Mark Twain Adaptación da xenial obra de Mark Twain. Unha aventura inesquecible onde a posta en escena estará chea de sorpresas. Atrévete a navegar polo Mississippi co intrépido Tom e vivirás xunto ás túas alumnas e alumnos experiencias irrepetibles no teatro.  
Programa Didáctico
A Christmas Carol Un musical para practicar o inglés
Martes 2 decembro | 2014 | Teatro Principal
Un musical para practicar o inglés A través do musical A Christmas Carol, unha das óbras máis coñecidas do xenial Charles Dickens, os alumnas e alumnos divertiranse practicando Inglés, ao mesmo tempo que descobren un dos clásicos da literatura anglosaxona.  
Programa Didáctico
En danza coa orquestra Real Filharmonía de Galicia
Martes 25 novembro | 2014 | Auditorio de Galicia
Real Filharmonía de Galicia En danza coa orquestra… Dende o Barroco ata os nosos días, a danza e as danzas inspiraron obras instrumentais e orquestrais aos máis grandes compositores… Dende o mestre Bach, pasando polo francés Ravel e chegando a autores do pasado século tan singulares como o andaluz Falla ou o ruso Stravinski, a nosa orquestra achega aos máis novos este seductor mundo musical.  
Programa Didáctico
Roedores O novo espectáculo infantil de Redrum Teatro
Luns 24 novembro | 2014 | Auditorio ABANCA
O novo espectáculo infantil de Redrum Teatro "Roedores" é un espectáculo familiar no que se fomenta a igualdade. A través das aventuras de Peludiño e Munda os cativos achegaranse a conceptos como o de igualdade de xénero, de oportunidades, social, de dereitos... E entenderán o valor da amizade, do traballo en equipo e da aceptación dun mesmo e dos demais  
Programa Didáctico
Músicas do cinema español Banda Municipal de Música
Venres 21 novembro | 2014 | Auditorio de Galicia
Banda Municipal de Música A Banda Municipal de Música de Santiago ofrecerá un concerto didáctico, incluído dentro do ciclo de cine Cineuropa, no que interpretará bandas sonoras acompañados de imaxes dos filmes La Mula, Mortadelo y Filemón, El Capitán Alatriste, Mar adentro, Bienvenido Mr. Marshall.  
Programa Didáctico
A guerra de Troia Espectáculo histórico de títeres e animación
Mércores 19 novembro | 2014 | Auditorio de Galicia
Espectáculo histórico de títeres e animación Fai miles de anos, nun lugar remoto do Mediterráneo, as dúas nacións máis poderosas da Terra enfrontáronse nun conflito terrible: a guerra de Troya. Paris e Helena, Príamo e Agamenón, Héctor e Aquiles, Ulises... O amor, o poder, a ambición, a gloria, o honor... Unha historia universal que co tempo transformouse en relato. Nun mito que, durante séculos, axudounos a reflexionar sobre a realidade do mundo e a natureza dos homes.  
Programa Didáctico
Manifestacións Musicais Lúdicas ULTREIA e a tradición galega
Luns 10 novembro | 2014 | Auditorio de Galicia
ULTREIA e a tradición galega O Obradoiro de Cultura tradicional Ultreia: Desenvolve ó longo do ano unha forte labra de investigación e recuperación das nosas tradicións, ocupándose fundamentalmente de aquelas nas que a música, e unha das súas fundamentais consecuencias, o baile, xogan un papel esencial.  
Programa Didáctico
CactusWorkestra. Creación plástico-sonora Instalación sonora participativa
Venres 17 outubro | 2014 | Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Instalación sonora participativa CactusWorkestra é unha creación plástico-sonora. Oír partindo dunha instrumentación de 20 cactos preparados e sonorizados (out of tune), en diversas constelacións, e con 20 participantes (nen@s ou moz@s). CactusWorkestra é unha experiencia baseada na performance e na acción directa: cada participante busca a mellor unión sonora e visual e axusta novos tons e sons.  
Programa Didáctico
14_17 De 14 a 17 anos... curtametraxes
Martes 7 outubro | 2014 | Teatro Principal
De 14 a 17 anos... curtametraxes Que é unha curta? Unha curtametraxe é unha película que dura menos de 30 minutos. Os xéneros das curtametraxes abarcan os mesmos tipos que os das películas de máis longa duración, pero a causa do seu menor custo de produción adóitanse usar para tratar temas menos comerciais ou temas nos que o autor ten unha total liberdade creativa. Neste programa atopamos unha selección, destinada a mozos de entre 14 e 17 anos, de curtas realizadas por creadores de todo o mundo.  
Programa Didáctico
Criaturas Curtas para nenos
Luns 6 outubro | 2014 | Teatro Principal
Curtas para nenos Curtocircuito quere facer canteira e preparou unha atrainte selección de curtametraxes para os máis noviños que os farán pensar e vibrar. Que é unha curta? Unha curtametraxe é unha película que dura menos de 30 minutos. Moitos directores usan as curtas para dar os seus primeiros pasos na industria cinematográfica.  
Programa Didáctico
Los músicos de Bremen Teatro La Estrella
Venres 3 outubro | 2014 | Fundación SGAE
Teatro La Estrella Un can cantante, unha gata bailarina, un burro poeta e un galo roqueiro formarán a banda dos músicos de Bremen. Un grupo de animais "diferentes" que loitarán por seguir séndoo. Pero non están a salvo, os porcos do saco andan soltos polo bosque...  
Programa Didáctico
Poemas visuales Compañía Jordi Bertran
Venres 3 outubro | 2014 | Teatro Principal
Compañía Jordi Bertran Poemas Visuais comeza cun actor-músico, encarnando un poeta; leva consigo unha maleta repleta de letras de escuma e empeza a xogar cos seus sons e formas, descubrindo que a partir das letras pode crear poesía sen necesidade de construír palabras.  
Programa Didáctico
¿Por qué vive en el bosque la abuela de Caperucita? Txotxongillo Taldea
Xoves 2 outubro | 2014 | Fundación SGAE
Txotxongillo Taldea Xabi, un rapaz de 8 anos, non está de acordo cos contos que le. Parécelle que non dan unha información completa. Por exemplo, como se chama a nai de Caperucita? Onde vive o pai? E sobre todo, e isto é o que máis lle preocupa, por que vive a avoa no bosque? Vive feliz?  
Programa Didáctico
Circus on the strings Viktor Antonov
Xoves 2 outubro | 2014 | Teatro Principal
Viktor Antonov Espectaculares números de circo. O punto de unión é un simpático pallaso que presenta cada número mesturando a destreza da manipulación co humor e a tenrura dos personaxes.  
Programa Didáctico
El investigatopo CHACHAKUN
Mércores 1 outubro | 2014 | Fundación SGAE
CHACHAKUN Unha galiña criada nun galiñeiro comercial, axudada pola boa sorte, logra escapar da súa "prisión". A nosa heroína ten a oportunidade de realizar o soño da súa vida: poñer un ovo en liberdade e criar o seu poliño campo a través. A historia complícase cando aparece un famento raposo que furta o prezado oviño. Velaquí onde fai a súa entrada un detective que axiliza a causa: o Investiga topo.  
Programa Didáctico
La isla del tesoro Teatro Arbole
Mércores 1 outubro | 2014 | Teatro Principal
Teatro Arbole Os personaxes foron recollidos nas praias: elementos devoltos polo mar para contar no escenario a historia, como se fosen o tesouro que aínda queda na Illa Perdida. Estes elementos cobran vida da man do titereiro, para contar a aventura de Jim Hawkins eo pirata Long John Silver. Unha das mais apaixoantes aventuras.  
Programa Didáctico
La maleta de los títeres Tragaluz títeres
Martes 30 setembro | 2014 | Zona "C"
Tragaluz títeres LEÓN busca un lugar no que non vaia tanta calor como na selva na que vive. E unha nube xoguetona axudaralle a encontrar o que desexa. FERDINANDO é un touro que ama as flores e das corridas de touros non quere nin oír falar...  
Programa Didáctico
'Cu-cú, Tas-Tás' Títeres Cachirulo
Martes 30 setembro | 2014 | Fundación SGAE
Títeres Cachirulo Cu-cú, tas-tás, co revés imos xogar. Conceptos sinxelos de opostos. Espectáculo visual e musical que intenta potenciar a capacidade de atención dos máis pequenos da casa. Cucú Tastás é un trasniño que quere facer as cousas ben e non confundir cheo-baleiro, arriba-abaixo, preto-lonxe, pequeno-grande… E a súa familia e amigos vano a axudar a aprender.  
Programa Didáctico
Habla, no estás sola La Mar de Marionetas
Luns 29 setembro | 2014 | Fundación SGAE
La Mar de Marionetas Ana non quere saír do seu mundo e, cuberta baixo a súa manta, non fala con ninguén. Catro amigos músicos, valéndose de contos tradicionais, intentan comunicarse con ela. O conto barroco europeo Pel de Asno e a frescura da narrativa do conto africano Pel de mono farán que a nosa protagonista, navegando entre dúas culturas, aprenda a expresar os seus conflitos e temores.  
Programa Didáctico
Os tres porquiños A actualización dun clásico
Luns 29 setembro | 2014 | Teatro Principal
A actualización dun clásico Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar? A resposta a todas estas interrogantes, coma todo, está nos libros e tamén na moderna historia que vai construíndo un explorador moi afeccionado aos contos, que percorre o bosque na procura dos seus personaxes favoritos. Adiviñades cales son?  
Programa Didáctico
Xan Perillán compra queixo, compra pan Kukas estrea un novo conto de Xan Perillán
Luns 2 xuño | 2014 | Zona "C"
Kukas estrea un novo conto de Xan Perillán Continuando coas súas andainas, nesta segunda entrega o amigo Xan Perillán vai a mercar ó Hipermagasupermercado “o Rato Colorado”… Mais o trasno das ofertas perségueo… Mercará ben ou deixarase engaiolar polos enganos do consumismo? Coa súa maxia conseguirá facer unha compra responsable e axeitada ás súas necesidades.  
Programa Didáctico
Pelos na lingua Comedia representada por Talía Teatro
Martes 6 maio | 2014 | Teatro Principal
Comedia representada por Talía Teatro Comedia que podería considerarse unha segunda parte de Bicos con lingua, pero non en canto á liña argumental senón á temática: a lingua galega. A situación lingüística amósase desde unha perspectiva pouco académica, pero que favorece a reflexión do alumnado sobre diferentes aspectos relacionados coa lingua.  
Programa Didáctico
Bicos con lingua Divertidísima comedia da situación sociolingüística galega
Luns 5 maio | 2014 | Teatro Principal
Divertidísima comedia da situación sociolingüística galega Bicos con lingua é unha comedia que nace dun forte sentimento de amor cara algo tan propio como é a nosa lingua: a lingua galega. Así, pretendemos que esta montaxe supoña para o espectador unha experiencia de redescobremento dunha lingua que existe e que crece na súa inmensa riqueza, a pesares dos usos e abusos aos que está sometida de cotío.  
Programa Didáctico
A Frauta Máxica Función escolar: Banda Municipal de Santiago e Viravolta Títeres
Luns 28 abril | 2014 | Auditorio de Galicia
Función escolar: Banda Municipal de Santiago e Viravolta Títeres Tamino é un príncipe que foxe dunha serpe xigante. 3 mulleres máxicas matan ao fabuloso animal. Son damas da Raíña da Noite que lle di a Tamino que a súa filla Pamina foi secuestrada por Sorastro, rei dun país próximo. Se a libera, daralla por esposa. Tres novos obséquianlle cunha frauta máxica que lle axudará en caso de perigo. A Raíña da Noite é malvada, quere eliminar a Sorastro que o que fixo é axudar a Pamina. Tamén axudará a Tamino que debe pasar unha serie de probas para poder casar coa rapariga. Supera as probas, pasa polo templo da Razón e chega ao Templo da Sabedoría. A Raíña da Noite será destruída polas forzas de Sorastro. O príncipe, cumprido o seu camiño de iniciación, casa con Pamina.  
Programa Didáctico
Paseo pola danza Danza contemporánea para escolares
Martes 8 abril | 2014 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Danza contemporánea para escolares Espectáculo didáctico de danza impartido por Leodán Rodríguez e por Isabel Sánchez no Centro Sociocultural de Santa Marta na Sala Agustín Magán.  
Programa Didáctico
Manifestacións musicais lúdicas Ultreia e a tradición galega
Venres 4 abril | 2014 | Auditorio de Galicia
Ultreia e a tradición galega O Obradoiro de Cultura tradicional Ultreia: Desenvolve ó longo do ano unha forte labra de investigación e recuperación das nosas tradicións, ocupándose fundamentalmente de aquelas nas que a música, e unha das súas fundamentais consecuencias, o baile, xogan un papel esencial.  
Programa Didáctico
Contos do vento acatarrado 35º Aniversario dos Monicreques de Kukas
Luns 31 marzo | 2014 | Teatro Principal
 35º Aniversario dos Monicreques de Kukas Un día que o vento estaba triste e acatarrado, pois o sol do mes de agosto andaba a mandar, –quentando de tal xeito que mais que quentar, queimaba -, o señor Don e a señora Dona dispóñanse a xantar debaixo dun limoeiro, aproveitando a sombra que esta árbore lles regalaba...cando sentiron un xemido escachado...era o vento que se laiaba de dolor. Nun transo de febre, o vento que era tan vello coma o mundo, entre esbardalle e esbardalle, contoulles unhas historias tan incribles como estraña era a súa ciencia.  
Programa Didáctico
Tres mestres do clasicismo Concerto para escolares coa Real Filharmonía de Galicia
Mércores 26 marzo | 2014 | Auditorio de Galicia
Concerto para escolares coa Real Filharmonía de Galicia A Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Piero Lombarda interpretará a obertura As Hébridas de F. Mendelssohn, a Sinfonía nº 44 de J. Haydn, e a Sinfonía nº 36 de W. A. Mozart. O concerto estará dirixido por Piero Lombardi.  
Programa Didáctico
Strange case of Dr. Jekyll and Mr. Hyde Teatro escolar en inglés
Luns 24 marzo | 2014 | Teatro Principal
Teatro escolar en inglés Agarrádevos aos vosos asentos porque chega o musical máis aterrador da temporada. Cunha posta en escena que che sorprenderá, a xenial obra de Stevenson será o vehículo ideal para gozar do teatro e ao mesmo tempo practicar o idioma. Perfectamente adaptada ao nivel dos teus alumnos, o espectáculo dará un toque de misterio ás túas clases de Inglés.  
Programa Didáctico
Simón descobre o Jazz Banda Municipal de música & Roberto Somoza Jazz Band
Luns 17 marzo | 2014 | Auditorio de Galicia
Banda Municipal de música & Roberto Somoza Jazz Band 'Simón descobre o Jazz' é unha obra musical narrada que conxuga a literatura coa música. Marcada por un forte carácter didáctico, a historia está basada no conto homónimo do escritor Quinito Mourelle "A Jam de Simón", con música orixinal e arranxos do compositor Roberto Somoza.  
Programa Didáctico
Tecnoloxía Máxica Algo máis que maxia co Mago Richard
Venres 14 marzo | 2014 | Auditorio de Galicia
Algo máis que maxia co Mago Richard O Mago Richard ofrece un número de maxia tecnolóxica, que pretende achegar por medio dos xogos de maxia os segredos da ciencia e da tecnoloxía. Todo isto dentro dun clima lúdico, de imaxinación e de suspense.  
Programa Didáctico
Don Juan Tenorio Un clásico teatral de todos os tempos, para escolares
Martes 11 marzo | 2014 | Teatro Principal
Un clásico teatral de todos os tempos, para escolares Que máis se pode dicir dunha das xoias da literatura castelá? Déixache cativar por esta xenial adaptación que chega con toda a forza do clásico. Óbra clave do Romanticismo ideal para que os teus alumnos descubran ao mito que inspirou a músicos, literatos e artistas durante xeracións. Ven a gozar ao teatro dunha das mellores pezas do noso patrimonio literario.  
Programa Didáctico
Panique en cuisine Teatro escolar en francés
Luns 10 marzo | 2014 | Teatro Principal
Teatro escolar en francés Guillaume, Françoise e Dominique recibirán unha noticia que pode cambiar as súas vidas: a mellor escola de cociña de todo Parides busca un novo candidato para o próximo curso! A rivalidad entre eles provocará unha multitude de situacións divertidas que farán do espectáculo a mellor clase de Francés.Quen será o elixido? Descúbreo na comedia máis fresca da tempada. Oído cociña!  
Programa Didáctico
Imos á Banda! O encontro da Banda Municipal co Conservatorio
Venres 7 marzo | 2014 | Auditorio de Galicia
O encontro da Banda Municipal co Conservatorio Juan Miguel Romero dirixirá a Banda Municipal de Música de Compostela e a Banda do Conservatorio Profesional de Música de Santiago, nun concerto para escolares, o venres 7 de marzo ás 11:30 no Teatro Principal onde interpretarán obras de R. Talens, A. Reed e J. de Meij  
Programa Didáctico
Pedro e o lobo Un conto clásico de Prokofiev
Xoves 20 febreiro | 2014 | Auditorio de Galicia
Un conto clásico de Prokofiev A Real Filharmonía de Galicia e os títeres do grupo Per Poc interpretarán Pedro e o lobo de Sergei Prokofiev. Neste conto sinfónico cada personaxe está representado por un instrumento e unha melodía característica. Un espectáculo de marionetas de fío onde os personaxes foron deseñados pola ilustradora Roser Capdevila.  
Programa Didáctico
La discreta enamorada O teatro dun clásico, Lope de Vega
Luns 17 febreiro | 2014 | Teatro Principal
O teatro dun clásico, Lope de Vega Marabillosa comedia de Lope de Veiga, A DISCRETA NAMORADA, que tocará moi de cerca aos máis novos. Nesta obra, como nos episodios máis divertidos do antigo cine cómico, van desfilando os personaxes desta comedia: Fenisa, Belisa, Lucindo, Gerarda, Hernando, Bernardo e Doristeo, en situacións disparatadas que espertan abertamente as nosas gargalladas.  
Programa Didáctico
Vaia banda! Odaiko Percussion Group e Banda Municipal de Música
Luns 10 febreiro | 2014 | Teatro Principal
Odaiko Percussion Group e Banda Municipal de Música A integración dos instrumentos de percusión no contexto das agrupacións clásicas, orquestra ou banda, achega unha infinidade de timbres que dan cor e variedade a un espectáculo no que as posibilidades da percusión son case ilimitadas. Obras clásicas reinterprétanse en termos percusivos ofrecendo unha nova escoita que de seguro non deixara ao público indiferente.  
Programa Didáctico
Pío O novo espectáculo de Caramuxo Teatro
Luns 3 febreiro | 2014 | Teatro Principal
O novo espectáculo de Caramuxo Teatro Caramuxo teatro presenta Pío, un novo espectáculo que mestura o teatro de actor e de títeres. Unha historia chea de humor e tenrura para toda a familia, que nos conta a historia de Pío, un pequeno paxaro que nace só na fraga, sen ningún referente que seguir. O pequeno Pío coñecerá na súa aventura unha morea de animais que viven na fraga, e descubrirá que non é un peixe, nin un coelliño, nin tampouco unha toupa.  
Programa Didáctico
'The telephone' de Menotti Ópera en ingles coa Real Filharmonía de Galicia
Mércores 29 xaneiro | 2014 | Auditorio de Galicia
Ópera en ingles coa Real Filharmonía de Galicia A Real Filharmonía de Galicia interpretará a ópera 'O teléfono' de Gian Carlo Menotti que é unha divertida parodia que fai unha crítica, a xeito de farsa, sobre a carencia de comunicación nas relacións humanas. A estrea da ópera tivo lugar no Hecksher Theater de Nueva York o 18 de febreiro de 1947.  
Programa Didáctico
Glub Glub A partir de 6 meses, teatro para bebés
Luns 27 xaneiro | 2014 | Zona "C"
A partir de 6 meses, teatro para bebés Caramuxo teatro presenta de novo o que fora o primeiro espectáculo de teatro para bebés realizado en Galicia. Unha montaxe para nenos de 6 meses a 3 anos acompañados por adultos. Glub, glub conta a historia da amizade entre un barquiño de papel afundido no fondo do mar e un peixe xoguetón. Unha montaxe chea de estímulos e cunha linguaxe sinxela, case xestual que introduce ós máis novos nunha aventura fantástica e sorprendente. Unha oportunidade para disfrutar cos fillos da primeira viaxe polo mundo do teatro.  
Programa Didáctico
A folla máis alta A aventura de medrar con Berrobambán
Martes 21 xaneiro | 2014 | Teatro Principal
A aventura de medrar con Berrobambán A infancia é unha conta atrás cara ao adulto que levamos dentro desde pequenos. Por iso, cando nenos, aproveitamos cada momento, o presente é o único que existe, e xogamos a vivir. Ábrensenos os ollos, as mans, as orellas, para velo todo, para tocalo todo, para escoitalo todo, con impaciencia, porque sempre queremos tocar a folla máis alta da árbore, xusto a que non está ao noso alcance.  
Programa Didáctico
Unha viaxe musical Real Filharmonía e Conservatorio Profesional
Venres 17 xaneiro | 2014 | Auditorio de Galicia
Real Filharmonía e Conservatorio Profesional A Orquestra Sinfónica do Conservatorio Profesional de Música de Santiago e a Real Filharmonía interpretarán danzas, oberturas e marchas de Elgar, Ketelbey, Rossini, Chaikovski, Offenbach e Copland, baixo a batuta do mestre Diego García Rodríguez.  
Programa Didáctico
Zapatos Regresa Caramuxo Teatro co teatro para bebés
Luns 13 xaneiro | 2014 | Zona "C"
Regresa Caramuxo Teatro co teatro para bebés ¿Que pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa? Todos os días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores. Unha xoven rapaza é a encargada de coidalos, de darlles a benvida ó lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde poder compartir emocións con esa bela bailarina, con Pequecho e os seus irmáns, cos namorados, co Sol e a Nube, con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos.  
Programa Didáctico
'Fantasía Animada' Animación e música coa Banda Municipal de Música
Martes 3 decembro | 2013 | Auditorio de Galicia
Animación e música coa Banda Municipal de Música A Banda Municipal de Música presenta este concerto didáctico dirixido por Casiano Mouriño Maquieira. O concerto e a guía didáctica que o acompaña, elaborada por Olaia Novo, van dirixidos a alumnos de educación infantil e primeiro de educación primaria. A idade dos educandos oscila entre os tres e os seis anos aproximadamente.  
Programa Didáctico
'O día que chegou unha nube e choveu' Función escolar de Trompicallo
Luns 2 decembro | 2013 | Zona "C"
Función escolar de Trompicallo Había unha vez que non había nada, só pedras. Entón chegou unha nube, choveu e formouse un manancial. Coa chegada da auga creceu a herba, e na herba as flores e as árbores, na auga naceron os peixes e as ras, despois chegaron os insectos, as ovellas, o lobo ... en fin, a vida. Pero, que acontece cando un día a auga desaparece?  
Programa Didáctico
'Jiñol' Un divertido conto con títeres Trompicallo
Venres 29 novembro | 2013 | Zona "C"
Un divertido conto con títeres Trompicallo Rosalía, Jiñol, o Sr. Bulú e o Policía ven alterada a súa vida pola inesperada chegada dun paquete que contén nada máis e nada menos que ... ¡un crocodilo! Este é o principio dunha historia dinámica e divertida, contada con títeres de luva, na que as distintas situacións da obra xiran entorno ao comportamento que os títeres teñen co intruso. A evolución deste conto desemboca nun inesperado final.  
Programa Didáctico
'Na procura da canción perdida' Función escolar de Produccións Dispersas
Mércores 20 novembro | 2013 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Función escolar de Produccións Dispersas O protagonista da historia ten un grave problema. Chegará a bo porto esta aventura?. Un pouquiño de imaxinación coa axuda dunha chea de trebellos tolos e a inestimable colaboración d@s nen@s , do público que se converterán tamen en actores e actrices do espectáculo.  
Programa Didáctico
Babs Proposta para bebés e cativos con Baobab Teatro
Venres 15 novembro | 2013 | Auditorio de Galicia
Proposta para bebés e cativos con Baobab Teatro Un día Baobab teatro soñou cun mundo visual, estético, musical e de bonitas palabras, ese mundo é "Babs" "Babs" é un espectáculo para os máis pequenos, bebés, un espectáculo onde puxeron toda a nosa creatividade, as súas ilusións e a súa experiencia para que os máis pequenos poidan espertar os seus cinco sentidos e teñan as súas primeiras sensacións.  
Programa Didáctico
A comedia segundo Harold LLoyd Banda Municipal de Música
Martes 12 novembro | 2013 | Auditorio de Galicia
Banda Municipal de Música A Banda Municipal de Música dirixida por Casiano Mouriño Maquieira ofrece este concerto no que interpretará música composta por Adrián Saavedra sobre a proxección dunha curtametraxe de Harold Lloyd.  
Programa Didáctico
Viaxe a Dadá Teatro da Semente
Luns 28 outubro | 2013 | Zona "C"
Teatro da Semente "Viaxe a Dadá" é un proxecto para bebés de 0 a 3 anos e pais/nais acompañantes. É sementar para recoller, sementar para que nazcan flores, sementar para (re)coñecer a Vida e descubrir o Mundo. Entremos no faiado da infancia, subámonos a Dadá, o noso cabaliño de madeira, e viaxemos xuntos polas lembranzas da nenez, entre xogos e cantigas.  
X. Música Contemporánea
'Catro tímbricas pintadas' Estrea absoluta musical e plástica de Música Práctica
Venres 25 outubro | 2013 | Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Estrea absoluta musical e plástica de Música Práctica O ensemble Música Práctica nace baixo a dirección artística de Jorge Montes, Fernando Buide e Alejandro Sanz e o seu primeiro programa titúlase 'Catro tímbricas pintadas'. Preséntano dentro do ciclo A desTempo enmarcado nas Xornadas de Música Contemporáneas. O Ensemble nace sen límites de repertorio, estilos ou formación e basea o seu ideal de traballo na calidade e respecto pola música. O propio nome do ensemble quere reflectir un meticuloso pragmatismo á hora de afrontar os proxectos, concertos etc.  
Programa Didáctico
'Teranga' O legado dos griots de Senegal
Luns 21 outubro | 2013 | Auditorio de Galicia
O legado dos griots de Senegal Máscaras da boa sorte, danzas que invocan a choiva, tambores que falan, cancións que nos contan historias de respecto, paz e tolerancia... Todo isto e máis nun concerto que nos trae a enerxía da África máis auténtica. Os mestres de cerimonias son os membros do grupo Djilandiang. Algúns deles son griots, os encargados de transmitir a tradición oral no seu país, Senegal. Para facelo, dispoñen de gran cantidade de instrumentos e de cancións e danzas que nos falan da súa vida e as súas tradicións.  
X. Música Contemporánea
'George Crumb, a voz das baleas...' Co Taller Atlántico Contemporáneo
Venres 18 outubro | 2013 | Auditorio de Galicia
Co Taller Atlántico Contemporáneo O TAC, TAller Atlántico Contemporáneo, presenta 'George Crumb, a voz das baleas para tres intérpretes enmascarados: frauta, cello e piano amplificados' dentro do ciclo 'A desTempo' das Xornadas de Música Contemporáneas. Os intérpretes son Luis Soto, frauta; Álvaro Quintanilla, violoncello; e Nicasio Gradaille, piano.  
X. Música Contemporánea
'O piano preparado' Unha sonoridade distinta do rei dos instrumentos
Venres 11 outubro | 2013 | Auditorio de Galicia
Unha sonoridade distinta do rei dos instrumentos Neste concerto didáctico que se enmarca dentro do ciclo 'A desTempo' das Xornadas de Música Contemporáneas poderemos escoitar sonatas e interludios para piano preparado de John Cage. A pianista será Anne Tooming e o concerto estará presentado por David Durán.  
X. Música Contemporánea
'O piano preparado' Unha sonoridade distinta do rei dos instrumentos
Xoves 10 outubro | 2013 | Conservatorio Profesional de Música
Unha sonoridade distinta do rei dos instrumentos Neste concerto didáctico que se enmarca dentro do ciclo 'A desTempo' das Xornadas de Música Contemporáneas poderemos escoitar sonatas e interludios para piano preparado de John Cage. A pianista será Anne Tooming e o concerto estará presentado por David Durán.  
X. Música Contemporánea
'A música contemporánea e os seus recursos' Aprende a descubrir a música actual
Venres 4 outubro | 2013 | Auditorio de Galicia
Aprende a descubrir a música actual Jesús González, frauta; Marcos Escobar, violín; e Berta Fresco, piano; presentan este concerto didáctico dentro do programa A desTempo das Xornadas de Música Contemporánea. O proxecto está dirixido por Jesús González.  
Programa Didáctico
'El Faro de los Corazones Extraviados' Función escolar con Xarop Teatro
Venres 4 outubro | 2013 | Teatro Principal
Función escolar con Xarop Teatro Un home, unha muller, un faro, unha nena e corazóns, moitos corazóns, case todos extraviados, perdidos nun mar de acontecementos. Recuperar a eses corazóns, darlles sentido, ilusión e facer que latexen nunha harmonía de sons compaxinados, é a misión do faro e a nena. Por que?, que ocorre cando se rompe un corazón? Quen se ocupa de curalo para que se poña ben?  
Programa Didáctico
'El patito feo de Bombalino y Cuchufleta' Unha referencia dos títeres valencianos
Venres 4 outubro | 2013 | Fundación SGAE
Unha referencia dos títeres valencianos O Patito Feo, a obra universal de H.C. Andersen, é “asaltada” polos pallasos Bombalino e Cuchufleta para darlle o seu particular sentido do humor e recreación deste pequeno e feo parrulo que acaba voando como un cisne. Humor, cancións, marionetas e pallasos no máis puro estilo de La Estrella.
O Patito Feo remove cuestións como a solidariedade, o compañeirismo, o cariño, o respecto, a comprensión cara ao “diferente”, a superación e o espírito de loita tan necesarios nos nosos tempos.  
Programa Didáctico
'Sopa de ladrones' Títeres e humor chegados do centro de Quito
Xoves 3 outubro | 2013 | Zona "C"
Títeres e humor chegados do centro de Quito É un espectáculo concibido desde a necesidade de achegar o teatro de monicreques cara aos máis ‘grandiños’ e non deixalos fóra da marabilla titiritesca. A historia e posta en escena nace no popular barrio da Chilena no centro de Quito, ten todo o ambiente e o humor quiteño. Sen ser localista, manifesta gran identidade como debe ter toda proposta escénica. En ‘Sopa de Ladróns’ descubrirémonos en todos os seus personaxes.  
Programa Didáctico
'Romance dos figos de ouro' Lembrando a Vidal Bolaño no seu ano
Xoves 3 outubro | 2013 | Teatro Principal
Lembrando a Vidal Bolaño no seu ano Nenos e nenas! Mozos e mozas! Donas e cabaleiros! Títeres Cachirulo ten a ledicia de lles ofrecer o “Romance dos figos de ouro”, auto para títeres en vinte lances, catro coplas e un suspiro, no que se conta a prodixiosa e certa historia dun Meco que houbo no Grove e a doutros moito menos coñecidos que disque falcatruaron á outra banda da raia de Portugal.  
Programa Didáctico
'Auzokideak' Os vascos Panta Rhei, 25 anos de traxectoria
Xoves 3 outubro | 2013 | Fundación SGAE
Os vascos Panta Rhei, 25 anos de traxectoria Os protagonistas son nenos e nenas que nos mostran a diversidade existente hoxe en día na nosa sociedade: diversidade funcional, diversidade de etnias…
Viven no mesmo barrio. A súa felicidade pende dun fío. Cada un deles contarános as súas aventuras.  
Programa Didáctico
'Historia de Pelos. 2' Dúas historias máxicas
Mércores 2 outubro | 2013 | Teatro Principal
Dúas historias máxicas Títeres Larderos chegan de Castela A Mancha para presentar esta función escolar na que poñerán sobre as táboas do Teatro Principal dúas historias: 'Os tres desexos' e 'A cesta máxica'. As dúas historias están protagonizadas por Pelos.  
Programa Didáctico
'La bolsa mágica de Willy' Contos chegados de Arxentina
Mércores 2 outubro | 2013 | Fundación SGAE
Contos chegados de Arxentina O trasniño Willy vive nas terras encantadas de Terramar. O seu traballo é recoller contos, que garda na súa bolsa máxica, para despois contarllos aos nenos. Así pois, todas as mañás, Willy vai buscar historias ao bosque, pero debe facelo con moito coidado, porque estas historias non son doadas de atopar e mesmo pódense escapar.  
Programa Didáctico
'Sopa 2' Corenta anos de historia de títeres dende Uruguai
Martes 1 outubro | 2013 | Teatro Principal
Corenta anos de historia de títeres dende Uruguai “Sopa 2″ é a necesaria continuación do primeiro prato de “Sopa”. As historias son reflexións sobre o que nos distingue como humanos, a maioría das veces, malas distincións. As historias: “Ser ou non ser “, de Espiña, “O xeneral e a morte” e “Máis tango para sufrir”, entre outras.  
Programa Didáctico
'Golulá' Función escolar de títeres con Galitoon
Luns 30 setembro | 2013 | Teatro Principal
Función escolar de títeres con Galitoon Trátase dunha fantástica historia de aventuras por terra, mar e aire; Golulá é unha obra de técnica mixta na que se mestura o teatro de actor con body puppets (títeres de gran formato), muppets e o teatro de luz negra (títeres de paleta), para xerar unha historia cuxa estrutura, trama e ritmo son os do conto clásico de aventuras.  
Programa Didáctico
'Caperucita Roja' Unha premiada 'Caperucita' para inaugurar Galicreques
Luns 30 setembro | 2013 | Fundación SGAE
Unha premiada 'Caperucita' para inaugurar Galicreques Érase unha vez, hai moito tempo, unha meniña cuxa nai a adoraba e a súa avoa a quería aínda máis. Esta boa muller teceu para a súa filla unha carapucha vermella como as que usaban as damas elegantes para cabalgar. Tan ben lle quedaba, que pronto a chamaron Carapuchiña Vermella.
“Tes que ir á casa da avoíña, a pobre está enferma. Levaraslle esta torta de anís e esta botella de aceite.”  
Programa Didáctico
'Nanas del mundo' Títeres para bebés e os máis pequenos
Luns 30 setembro | 2013 | Fundación SGAE
Títeres para bebés e os máis pequenos Unha viaxe sonora, visual e poética por nanas e cancións populares para a primeira infancia, procedentes de diferentes culturas e linguas.
O público familiar en próxima intimidade como parte do espazo escénico, un teatro de sombras que deixa ver os seus segredos, narración e músicas do mundo nun camiño cara á diversidade cultural como forma de enriquecemento e valiosa achega ao desenvolvemento das persoas.  
X. Música Contemporánea
Os nenos e a música moderna Achega ao violín contemporáneo con Florian Vlashi
Venres 27 setembro | 2013 | Escola Municipal de Música
Achega ao violín contemporáneo con Florian Vlashi Florian Vlashi e o seu fillo Daniel interpretarán obras de Bartók e Berio no Programa Didáctico dirixido a escolares, en dous concertos o venres 27 na Escola Municipal de Música (19.00h) e no conservatorio Municipal Profesional de Música (20.15h). E o sábado 29, o concerto dirixirase as familias dentro do ciclo Infantil&familiar, será na Zona C e dous horarios 17.30 e 19.00h e é recomendado a partir de 8 anos.  
Programa Didáctico
Xan Perillán e a maleta máxica Función escolar cos Monicreques de Kukas
Luns 13 maio | 2013 | Zona "C"
Función escolar cos Monicreques de Kukas Espectáculo dirixido ao público familiar e infantil, a partires de 3 / 4 anos que mestura o clown e a pantomima coa maxia e a manipulación de títeres. Interpretado por Marcelino de Santiago (Kukas), está dirixido por Isabel Rei Pousada  
Programa Didáctico
'BailadELAS, mulleres bolañesas' Función escolar
Luns 13 maio | 2013 | Teatro Principal
Función escolar Teatro Antroido presenta con motivo do Ano de Roberto Vidal Bolaño - Letras Galegas 2013 BaíladELAS- mulleres bolañesas, dirixida por Xavier Estévez e a adaptación e autoría corren a cargo de Roi Vidal Ponte,interpretada pola actriz Laura Ponte, fundadora xunto con Roberto Vidal Bolaño da compañía Teatro Antroido, revivida para esta producción onde a persoa e as personaxes de R. Vidal Bolaño, protagonizan unha obra única para un ano único. E ofrecen esta función dirixida aos escolares.  
Programa Didáctico
'O Kikirixote. Aventuras e desventuras dun galo de curral' Función escolar cos Monicreques de Kukas
Luns 6 maio | 2013 | Teatro Principal
Función escolar cos Monicreques de Kukas O Kikirixote nace da mestura de tódolos anti- heroes e como a todos eles pódelle mais o seu idealismo que a realidade, na cal reflexa as súas pantasmas, todos eses personaxes que sen querer son contrapunto ou mellor dito son o punto de partida para que desenrole o Kikirixote toda a súa potencia humana con ou sen razón, pero con paixón.  
Programa Didáctico
'A Historia do Rock-De Elvis a Vetusta Morla' Con José maría Rey DJ
Venres 26 abril | 2013 | Auditorio de Galicia
Con José maría Rey DJ Encaixar ‘Seis Décadas de Historia da Música Popular’ en hora e media é un reto arduo. Nacida da man dos cambios sociais amparados pola prosperidade das sociedades occidentais tras a 2ª Guerra Mundial, a emerxente música xuvenil (pop no seu máis amplo sentido) foi desenvolvendo un ilimitado protagonismo que calará decisivamente nas mais diversas manifestacións da Cultura Popular do Século XX.  
Programa Didáctico
Real Filharmonía de Galicia e Thomas Piel O concerto para violoncello de Gulda
Mércores 24 abril | 2013 | Auditorio de Galicia
O concerto para violoncello de Gulda A Real Filharmonía de Galicia ofrece este concerto didáctico baixo o nome de 'O Concerto para violencello de Gulda' acompañados por Thomas Piel, violoncellista. O concerto está dirixido a rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO e do Bacharelato.  
Programa Didáctico
'Frankenstein' Función escolar
Luns 22 abril | 2013 | Teatro Principal
Función escolar Que se pode esconder nun escuro castelo perdido nas montañas? Quizais algo que non quere ser descuberto ou, quizais, algo que está a esperar a que o descubran? Frankenstein é unha aventura nas entrañas dun castelo onde dous científicos a Dra. Mon Champignom e o Dr. Pe Arrepío investigan se o lendario monstro Frankenstein existe ou non, e para iso cóanse dentro do castelo un día de tormenta e alí atopan a Igor, un estraño personaxe chepudo.  
Programa Didáctico
'Tecnoloxía Máxica' Algo máis que maxia co Mago Richard
Venres 19 abril | 2013 | Auditorio de Galicia
Algo máis que maxia co Mago Richard O espectáculo tecnoloxía máxica consiste nunha sesión de maxia na que se mestura o ilusionismo co pragmatismo científico mediante aparellos tecnolóxicos e ferramentas de uso cotiá. Os efectos máxicos que se presentan están baseados en fundamentos físicos e tecnolóxicos pero cun remate inesperado e sorprendente ó que lle podemos dar unha única explicación "É MAXIA"  
Programa Didáctico
'Bodas de Sangre' Función Escolar
Venres 12 abril | 2013 | Teatro Principal
Función Escolar “Bodas de sangre” é xunto a “La Casa de Bernarda Alba” e “Yerma” unha das obras máis representadas do teatro lorquiano. Este “Bodas de sangre” é unha aposta pola poesía lorquiana inmersa nas raíces flamencas onde a traxedia andaluza convértese en teatro.  
Programa Didáctico
Imos á Banda! Concerto Didáctico coa Banda Municipal de Música
Martes 9 abril | 2013 | Auditorio de Galicia
Concerto Didáctico coa Banda Municipal de Música A programación de concertos didácticos Imos á banda! ten como principal obxectivo o achegamento desta agrupación aos máis novos. Estas actividades son necesarias para para fomentar a dignificación deste tipo de agrupacións e recoñecer e transmitir o valor sociocultural que están a ter ao longo da nosa historia. Neste concerto en concreto centrarémonos no bandoneón a través da música do arxentino Alejandro Szabo, solista do concerto.  
Programa Didáctico
'A Fábula Galénica' Función escolar
Luns 8 abril | 2013 | Teatro Principal
Función escolar No espectáculo Fábula Galénica, títeres de luva interpretan dentro dunha preciosa radio antiga unha divertida historia de absoluta actualidade que bebe dos contos populares. Narrado coma se dun programa de teatro radiofonico se tratase cóntase como na comarca de Catasós ven reducidos os seus recursos polo desexo do Rei Don Cardo de construírse un castelo novo e desproporcionado. Isto obriga ao Burro Eduardo xunto coa raposa, o lobo e o regato a organizárense na súa loita contra o Rei para recuperar a vida da fraga e a súa contorna.  
Programa Didáctico
'TICS' Con Son+d2
Venres 15 marzo | 2013 | Auditorio de Galicia
Con Son+d2 Neste novo concerto didáctico de Son+d2, a fusión chegará a través da música e tamén das novas tecnoloxías ou ‘TICS’. Este é un concerto interactivo para nenos e nenas de 6 a 13 anos de idade no que Jara Ortiz, Xoán Curiel e Alfonso Camarero, poñen voz e música en directo.  
Programa Didáctico
'Lume' Función escolar
Luns 11 marzo | 2013 | Teatro Principal
Función escolar Lume é unha adaptación de Teatro Babaluva inspirada nun texto de Alberto Varela Ferreiro (ed. Xerais). Unha proposta innovadora na que dúas titiriteiras recrean un bosque e os seus animais para contar esta historia de sensibilización medioambiental utilizando unha técnica mixta de contacontos e títeres de mesa. Os títeres e os elementos escenográficos están construídos reutilizando obxectos cotiáns recoñecibles e sen apenas transformación.  
Programa Didáctico
'O piano e as matemáticas' Nicasio Gradaille, piano
Venres 8 marzo | 2013 | Auditorio de Galicia
Nicasio Gradaille, piano Concerto Didáctico arredor das matemáticas con música de 'Music for 88' de Tom Johnson interpretada por Nicasio Gradaille. En palabras de Gradaille: "Comencei logo a ler libros de matemáticas, especialmente dos clásicos da teoría numérica: Pascal, Fermat, Euclides e outros. Estas fontes suxeriron novas estruturas musicais complexas. Quixen empregalas e, para que se entendan, é precisa a súa explicación, tan necesaria, que pasa a formar parte da propia música. Este é o caso de Music for 88'.  
Programa Didáctico
A Tribu 'O Jazz e a súa pegada hoxe: concerto didáctico'
Venres 1 marzo | 2013 | Auditorio de Galicia
'O Jazz e a súa pegada hoxe: concerto didáctico' A Tribu é unha formación galega integrada por 8 músicos. É un grupo relativamente numeroso e ten varias características que o diferencian doutras propostas esencialmente jazzísticas.  
Programa Didáctico
O Home Almofada Función Escolar
Xoves 28 febreiro | 2013 | Teatro Principal
Función Escolar Un thriller trepidante e malvadamente cómico. Nun país totalitario sen nome, unha escritora agarda ser interrogada pola policía. O Home Almofada é unha peza de intriga, onde nada é o que semella, tenra e sarcástica a un tempo, e onde o humor negro semella ser o único xeito de enfrontarse coa dureza da vida.  
Programa Didáctico
'O burlador de Sevilla' Función escolar
Martes 26 febreiro | 2013 | Teatro Principal
Función escolar O novo Don Juan renuncia ás responsabilidades que se presupoñen a un cabaleiro de nobre ascendente para gañarse o título de “burlador” e engánchase nunha cadea de terribles enganos. As mulleres ofrécenselle e el as “burla” sen pudor, de maneira que o mesmo motor dos seus caprichos convértese na condena á súa propia destrución.  
Programa Didáctico
Real Filharmonía de Galicia Dirixida por Maximino Zumalave
Xoves 21 febreiro | 2013 | Auditorio de Galicia
Dirixida por Maximino Zumalave A Real Filharmonía de Galicia ofrece este concerto didáctico dirixido por Maximino Zumalave baixo o título 'Adagio, Canon, Aria, Serenata...'. Nel interpretarán obras de Bach, Pachelbel, Albinoni, Bocherini, Mozart, Barber, Bartok, Piazzola e Anderson.  
Programa Didáctico
'Fantasía Animada' Coa Banda Municipal de Música
Martes 19 febreiro | 2013 | Teatro Principal
Coa Banda Municipal de Música A Banda Municipal de Música presenta este concerto didáctico dirixido por Xosé Carlos Seráns. O concerto e a guía didáctica que o acompaña, elaborada por Olaia Novo, van dirixidos a alumnos de educación infantil e primeiro de educación primaria. A idade dos educandos oscila entre os tres e os seis anos aproximadamente.  
Programa Didáctico
Violeta en Compostela. Alumnas do Conservatorio Musical Profesional de Santiago Concertos familiares
Venres 1 febreiro | 2013 | Auditorio de Galicia
Concertos familiares Violeta en Compostela é un conto musical plantexado co obxectivo de divulgar os instrumentos de corda e as súas posibilidades a través, especialmente, da viola. As intépretes son nenas de 10-11 anos, alumnas do Conservatorio de Música Profesional de Santiago. A maioría tocan a viola e acompáñanas unha violonchelista e unha percusionista. É un traballo plantexado e desenvolto desde a clase colectiva de viola, guiado polos profesores Itsaso Bermejo (profesora de viola) e Lorenzo de los Santos (pianista, que os acompaña tamén durante o conto).  
Programa Didáctico
Luces de Bohemia de Ramón María del Valle-Inclán Función escolar
Luns 28 xaneiro | 2013 | Teatro Principal
Función escolar Con preto de 200 representacións e cunha extraordinaria acollida, Luces de Bohemia recibiu recentemente o Premio Vale Inclán outorgado pola Deputación de Pontevedra e foi nomeada aos premios MAX na categoria de “Mellor espectáculo revelación 2009”.  
Infantil e Familiar
O Crebanoces de Chaikovski Banda Municipal de Música e Títeres con Sacha
Martes 22 xaneiro | 2013 | Teatro Principal
Banda Municipal de Música e Títeres con Sacha A idea do espectáculo xurde do concerto didáctico sobre o Crebanoces de Chaikowski no que traballamos en Nadal do 2008 en combinación coa Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela. A raíz do concerto didáctico decidimos producir un espectáculo de títeres unipersoal.  
Real Filharmonía de Galicia e Alumnos do Conservatorio Profesional de Santiago Concertos familiares
Sábado 19 xaneiro | 2013 | Auditorio de Galicia
Concertos familiares Danzas eslavas nº 1, 4, 6 e 8, Dvorak The Typewriter, L. Anderson Abertura de “O arpa máxico” (abertura de Rosamunda) D. 644, F. Schubert DIEGO GARCÍA RODRÍGUEZ, DIRECTOR Naceu en ...  
Programa Didáctico
'Tokio3' Función Escolar
Venres 18 xaneiro | 2013 | Teatro Principal
Función Escolar VOADORA ofrece en TOKIO3 unha fábula sobre o paraiso. Despois de “Periferia” e “Super8”, Voadora pecha a súa triloxía “Lugares comúns”. Tokio, cidade atrapada entre o mar en a montaña esgotou o espazo vertical (rañaceos) e continuo a medrar cara abaixo. Esta nova cidade interior chamase Tokio3. Alí, nun teatro que ten o poder de suspender o tempo, retirar ao público do espazo cotiá e facelo illa, conviven seis actores que nos sorprenden cunha versión moi persoal da Divina Comedia de Dante Alighieri. Tokio3 fala de reinventarse, dos nosos soños, do amor e da esperanza.  

http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org