fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo

ZONA C

Inaugurada en marzo de 2007 como espazo para a arte máis emerxente, a Zona "C" consolídase como aposta da Concellaría de Acción Cultural para promover a creación de vangarda. En 2015 a concellaría pon en marcha a primeira Convocatoria de apoio á creación en artes visuais nas modalidades de Proxectos de intervención artística, Proxectos de comisariado e  Comunicación gráfica. O resultado do proceso de selección, a cargo dun comité de expertos, conforma a programación do espazo que pretende ser contedor vivo para unha cidade que quere ser foco creador e capital cultural permanente. A Zona "C", como lugar de intercambio de ideas acolle encontros que afondan en novos modos de mediación cultural como as experiencias que xa teñen narrado Joana Hurtado do Can Felipa, David Rodríguez AKA Tina Paterson, ou a editora independente portuguesa Bárbara Bulhosa ao que se irán sumando novos nomes.

Desde 2007 teñen intervido o espazo: Juan Carlos Bracho, Suso Fandiño, Mauro Trastoy, Santi Jiménez, Marga Crespo, Manuel Eirís, Rita Rodríguez, Amaya González, Sara Fuentes, Montse Rego, Jesús Madriñán, Esther Ruiz de Pablos, Antía Moure, Nuria Ruibal, Colectivo Batbirulau, Carolina Caluori, Iván Prieto, Enrique Lista, Colectivo As Churras, Jesús de la Iglesia, Christian García Bello, Colectivo Ergosfera, Carolina Cruz Guimarey, María Castellanos, Diego Vites, Neves Seara...

A Zona "C" está en San Domingos de Bonaval, nº1. (Coordenadas de localización: GPS: 42º 52' 55.62'' N / 8º 32' 20.74'' W)

Arte | Vídeo/Instalacións
Afirmo que todo funcionará Mediación de Jacobo Bugarín
Varias datas | Zona "C"
Mediación de Jacobo Bugarín Jacobo Bugarín abre o espazo da zona "C" ao público antes da súa mostra individual, tentando dalgún modo cuestionar os tempos pautados nas exposicións, os roles ou as formas de exposición convencionais. Falar da propia exposición sen que estea fisicamente ante nós supón modificar a percepción da mesma. A actividade enmárcase dentro da proposta de mediación do artista para a mostra.  
Arte | Vídeo/Instalacións
Afirmo que todo funcionará Inaguración de Jacobo Bugarín na Zona "C"
Venres 14 outubro | 20:00 | Zona "C"
Inaguración de Jacobo Bugarín na Zona Despois das intervención de Neves Seara e dos comisariados de María Marco e Desirée Vidal, abre a cuarta das intervencións de artistas seleccionados na primeira Convocatoria de apoio á creación en artes visuais da Zona “C” que pretende consolidar vías de intervención artística para creadores emerxentes.  

Exposicións

Didácticos
Afirmo que todo funcionará Jacobo Bugarín
Venres 14 outubro / Domingo 20 novembro |Zona "C"
Jacobo Bugarín Aquilo que se ve e aquilo que se oculta. Existe un intento de comunicación, unha imposibilidade tamén, que vertebra o proxecto expositivo que propón Jacobo Bugarín para o espazo da Zona “C”.  
SELECCIONADOS ZONA C 1ª convocatoria
Mércores 16 decembro / Venres 31 marzo |Zona "C"
1ª convocatoria A primeira Convocatoria de apoio á creación en artes visuais da Zona “C” pretende consolidar vías de intervención artística para creadores emerxentes. Os proxectos seleccionados conformarán a programación do vindeiro ano, 2016, na Zona “C”, espazo multidisciplinar dependente da concellaría de Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela, aberto desde marzo do 2007.  

http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1475234250.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1475234250.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org