fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo

MEDIACIÓN CULTURAL

Residencias Escénicas Agustín Magán
RESIDENCIAS PARAÍSO Encontro seleccionadas /os
Xoves 29 novembro | 00:00 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Encontro seleccionadas /os Neste 2018 celébrase unha nova edición de Residencias Paraíso, proxecto do Colectivo RPM e a AGADIC, que ofrece unha serie de residencias artísticas para desenvolver proxectos de investigación ou creación en distintas cidades galegas.  
Residencias Escénicas Agustín Magán
‘Carpe Diem’ Producións Excéntricas Ensaio aberto e posterior coloquio
Xoves 31 maio | 18:00 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Ensaio aberto e posterior coloquio Inspirada na sesión que a compañía xa fixo con motivo da residencia d’A Cabeza do Dragón, farán un ensaio aberto con demostración didáctica de todos os estratos do acto teatral, dende a intención previa até a execución harmónica das distintas linguaxes que conflúen no teatro: a luz, a música , o vestiario, o espazo, a marcación escénica e o uso lúdico do espazo por actrices e actores.  
Residencias Escénicas Agustín Magán
‘Ohlimpiadas!’ Desincronacidas Mostra do proceso de creación. Work in progress
Venres 11 maio | 20:30 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Mostra do proceso de creación. Work in progress Que pasaría se a nosa vida fora retransmitida coma o Tour de Francia ou coma os saltos sincronizados...? E se nos comportásemos coma cert@s deportistas na nosa rutina diaria? Este espectáculo basease no cotiá da vida retransmitida coma un deporte en directo para crear un mundo rexido polo absurdo, onde o xesto deportivo e o mundo real mestúranse nunha quimera de disparate continuo.  
Residencias Escénicas Agustín Magán
‘Riscando o ceo’ Circo Chosco Charla e fragmento do espectáculo ‘Chosco!’
Sábado 28 abril | 20:00 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Charla e fragmento do espectáculo ‘Chosco!’ ‘Chosco!’ é o espectáculo que nos ofrecen no marco da residencia na que preparan ‘Riscando o ceo’. Trátase dun espectáculo case sen palabras e para todos os públicos, mestura de comedia e circo, que da como resultado unha obra cómica, con técnica de clown, chea de acrobacia, malabar, lume, moitas interaccións co público nun show moi visual e participativo.  
Residencias Escénicas Agustín Magán
‘Orquestra de Malabares’ Pistacatro Música e malabares
Xoves 15 marzo | 18:00 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Música e malabares A proposta escénica versa sobre as aventuras que lles acontecen a dúas compañías de artistas (malabaristas e músicos) ao chegar ao momento de actuación perante o público.Conta coa actuación conxunta da Banda Municipal de Música de cada vila ou cidade de Galicia onde se celebre o espectáculo e un grupo de 6 malabaristas-actores.bailaríns.  
Residencias Escénicas Agustín Magán
‘Masa Madre & Sal Marina’ Funboa Escénica Charla do proceso e fragmento do espectáculo
Sábado 10 marzo | 19:30 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Charla do proceso e fragmento do espectáculo Propoñen un encontro de mediación no que falarán deste proceso creativo facendo pequenas achegas escénicas do que foi masa madre e do que chegou a ser e intentando xerar comunicación cos asistentes nunha conversa aberta sobre artes escénicas.  
Residencias Escénicas Agustín Magán
'A carreta pantasma’ Paula Carballeira Representación da obra
Venres 9 marzo | 19:00 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Representación da obra A compañía Berrobambán presenta "A carreta pantasma" é un espectáculo singular no que se afonda entre os límites da narración oral e o teatro. É, por tanto, un exercicio de sinxeleza ao levar á escena o poder da palabra amplificada con elementos de significación escénica. Escenificación da rodaxe dunha película de medo  
Mediación cultural
Taller de creación sonora Talleres ‘Global Complexity’ Amine Asselman
Venres 2 marzo | Zona "C"
Talleres ‘Global Complexity’ Amine Asselman Un taller na Zona "C" no que Amine Asselman segue a traballar na conectividade fronte ás barreiras. Neste segundo taller o artista –en dous grupos– propón un xogo de interactividade e conectividade a través do son.  
Mediación cultural
Taller de fabricación de arame espiño personalizado Talleres ‘Global Complexity’ Amine Asselman
Xoves 1 marzo | 16:00 | Zona "C"
Talleres ‘Global Complexity’ Amine Asselman Os talleres propostos en torno ao proxecto ‘Global Complexity’ están pensados para complementar a idea da intervención de Amine Asselman na Zona "C": a conectividade fronte ás barreiras. Este primeiro taller trata o tema das barreiras espaciais e culturais.  
Mediación cultural
Visitas e talleres '10º premio Auditorio de Galicia' Até o 28 de febreiro. Centros educativos e familias
Luns 12 - Mércores 28 febreiro | 10:00 | Auditorio de Galicia
Até o 28 de febreiro. Centros educativos e familias A décima edición dos premios reúne traballos de 37 artistas que desde diferentes disciplinas como a pintura, escultura, cerámica, instalación, vídeo, fotografía, videoperformance, accións.... enchen a sala de exposicións Isaac Díaz Pardo de enerxía e bo facer. Berio Molina –primeiro premio, cunha peza que produce son; Carlota de Leal –segundo premio, cun mural e Brais Rodríguez –accésit, cun debuxo seriado sobre papel, son os creadores recoñecidos que obtiveron galardón.  
Residencias Escénicas Agustín Magán
‘Este es de aire, el otro de agua’ Kokoharuka Conferencia e posterior debate
Sábado 24 febreiro | 17:00 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Conferencia e posterior debate ‘Este es de aire, el otro de agua’ é un espectáculo dirixido por Hattori e protagonizado por David Loira, que fala de como o crecente mundo virtual afecta á nosa liberdade, á nosa privacidade e ás nosas relacións transformando a nosa identidade.  

Histórico

Residencias Escénicas Agustín Magán
'Nimiedades' Presentación do traballo en proceso con posterior charla
Sábado 27 xaneiro | 2018 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Presentación do traballo en proceso con posterior charla 'Nimiedades' son 13 caixas de agasallo. 13 accións escénicas levadas a cabo por Helen Bertels e Mónica de Nut, que protagonizan a primeira das residencias deste ano na sala Agustín Magán (CSC Santa Marta). A concellaría de Acción Cultural abriu a segunda convocatoria de residencias de creación artística e estadías técnicas para proxectos de artes escénicas e 'Nimiedades' está do 22 de xaneiro ao 6 de febreiro. Propoñen esta presentación ao público do traballo que están facendo cunha charla a continuación.  
Mediación cultural
Charla e visita guiada a 'Un cuarto propio' Pola artista Rosa Neutro e o comisario Rosendo CId
Mércores 25 outubro | 2017 | Zona "C"
Pola artista Rosa Neutro e o comisario Rosendo CId Na visita, Rosa Neutro, artista e Rosendo Cid comisario, falarán en profundidade das cinco pezas e dos distintos aspectos literarios e artísticos que conforman o proxecto inédito, “Un cuarto propio”, que colle o título do libro homónimo de Virginia Woolf. E abordarán ademáis as problemáticas sobre as mulleres artistas e as circunstancias á hora de crear.  
COMPOSTELA CONVERSA
GUERRERA conversan con TOTALE Falarán de deseño aplicado a concertos, discos e bandas
Domingo 25 xuño | 2017 | Teatro Principal
Falarán de deseño aplicado a concertos, discos e bandas A conversa desta sesión transcorrerá entre os deseñadores e membros das bandas participantes Igor Casayjardín e Hugo Santeiro. Falarán de deseño aplicado a concertos, discos e bandas, afondando na súa visión e experiencia persoal.  
Mediación cultural
Proxección Psiconautas, coloquio con Alberto Vázquez Actividades MiiC
Luns 19 xuño | 2017 | Auditorio de Galicia
Actividades MiiC Como peche as actividades que se veñen desenvolvendo con motivo da exposición MiiC, o director de animación, ilustrador e debuxante de cómics Alberto Vázquez (A Coruña, 1980) charlará co público que asista á proxección do filme Psiconautas.  
A COR DAS PALABRAS
Encontro co cineasta Bruce Elder Dentro do ciclo 'A Cor das Palabras'
Luns 29 maio | 2017 | Numax
Dentro do ciclo 'A Cor das Palabras' O cineasta experimental Canadiense, Bruce Elder, manterá o luns 29 de maio ás 18:00 na sala Numax unha conversa con Francisco Algarín, investigador e fundador da Revista Lumière, coorganizadora do evento. Será o terceiro protagonista do ciclo «A cor das palabras. Encontros con cineastas», organizado polo Concello de Compostela en colaboración co Cinema NUMAX.  
Infantil e Familiar
Decoración de azulexos con Alba Rodríguez Bernárdez Actividades MiiC. Taller infantil
Sábado 27 maio | 2017 | Auditorio de Galicia
Actividades MiiC. Taller infantil Un práctico e divertido taller impartido por Alba Rodriguez Bernárdez axudará a introducir aos máis pequenos na ilustración en cerámica.  
COMPOSTELA CONVERSA
Os Amigos dos Músicos conversan con Luis Emilio Batallán O maio dende 1975 ata hoxe
Domingo 21 maio | 2017 | Teatro Principal
O maio dende 1975 ata hoxe O Maio dende 1975 ata hoxe, evolución da denuncia social en Galicia, recuperación e innovación na música en galego, unha perspectiva histórica.  
Mediación cultural
Raúl Bermúdez presenta IlustraDots volume 2 Actividades MiiC
Sábado 20 maio | 2017 | Auditorio de Galicia
Actividades MiiC IlustraDots participa na mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC) cun mural que mostra o traballo de gran parte dos 100 artistas galegos que forman parte do proxecto. A sala de exposicións acollerá a presentación de IlustraDots volume 2, a cargo do comisario do proxecto, Raúl Bermúdez.  
Mediación cultural
Ruta Carlos Casares e Compostela Unha oportunidade para coñecer de preto ao escritor
Luns 15 maio | 2017 | Praza de Mazarelos
Unha oportunidade para coñecer de preto ao escritor 'A ruta Carlos Casares e Compostela' é unha oportunidade para coñecer de preto a relación deste escritor ourensán –a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas– coa cidade de Santiago de Compostela.  
COMPOSTELA CONVERSA
Atrás Tigre conversa con Lorena Álvarez y su Banda Municipal Costumbrismo versus Evasión
Domingo 30 abril | 2017 | Teatro Principal
Costumbrismo versus Evasión Costumbrismo vs. Evasión, o traballo compositivo integrado no cotián, as musas.  
Mediación cultural
Concerto Ukelele Kit Project con Marem Ladson Actividades MiiC
Sábado 29 abril | 2017 | Auditorio de Galicia
Actividades MiiC Na MiiC, Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea, exponse o Ukelele intervido por David Sierra. A intérprete Marem Ladson –nun concerto que se celebrará na sala de exposicións– dará vida a este instrumento no marco das actividades que se desenvolven arredor da mostra (aberta até 25 de xuño no Auditorio de Galicia).  
Mediación cultural
Charla Ninja con Alberto Guitián e David Rubín Actividades MiiC
Sábado 22 abril | 2017 | Auditorio de Galicia
Actividades MiiC A través dun pequeno grupo de actividades que se desenvolven arredor da mostra MiiC –que ocupa a sala de exposicións do Auditorio de Galicia até o 25 de xuño– Matilde Rodríguez, comisaria, achéganos ou descúbrenos proxectos do noso país, onde temos a sorte de contar cunha gran xeración de novos artistas que marcan tendencia tanto dentro como fóra da comunidade.  
A COR DAS PALABRAS
Encontro coa cineasta Milagros Mumenthaler Dentro do ciclo 'A Cor das Palabras'
Sábado 8 abril | 2017 | Numax
Dentro do ciclo 'A Cor das Palabras' A directora arxentina Milagros Mumenthaler, cuxo novo filme, 'La idea de un lago', ten a súa estrea en salas de todo o Estado o 7 de abril da man de NUMAX Distribución, será a segunda protagonista do ciclo «A cor das palabras. Encontros con cineastas», organizado polo Concello de Compostela en colaboración co Cinema NUMAX.  
COMPOSTELA CONVERSA
TRILITRATE conversa con JOANA BARRA VAZ Sobre música, videocreación e realización audiovisual
Domingo 19 marzo | 2017 | Teatro Principal
Sobre música, videocreación e realización audiovisual A conversa desta sesión terá lugar entre Joana Barra Vaz e Laura Iturralde (responsable das imaxes en tempo real que acompañan os concertos de Trilitrate). Conversarán sobre música, videocreación e realización audiovisual, partindo das súas propias experiencias en Galicia e Portugal.  
A COR DAS PALABRAS
Encontro co cineasta Alberto Vázquez Dentro do ciclo 'A Cor das Palabras'
Sábado 11 marzo | 2017 | Numax
Dentro do ciclo 'A Cor das Palabras' Hoxe, sábado 11 de marzo ás 11:30 h, bota a andar «A cor das palabras. Encontros con cineastas», un ciclo do Concello de Santiago de Compostela que achegará ao Cinema NUMAX a importantes cineastas do panorama actual. O primeiro convidado será o animador coruñés Alberto Vázquez, cunha charla titulada «O debuxo como forma de pensamento».  
Mediación cultural
Simona Levi Directora de teatro, artista e activista
Martes 13 setembro | 2016 | Zona "C"
Directora de teatro, artista e activista Baixo o título 'A cultura libre como demo dunha nova cultura democrática', Simona Levi ofrecerá unha charla participativa na Zona "C" coa que se inicia unha nova temporada de encontros de mediación cultural neste espazo multidisciplinar.  
Mediación cultural
Mireia Sentís 'A salto de mata'
Xoves 9 xuño | 2016 | Zona "C"
'A salto de mata' Dentros dos encontros que temos cada mes na Zona "C" con diversos axentes do sector cultural, chega á cidade neste mes de xuño Mireia Sentís cun coloquio baixo o título 'A salto de mata'. Mireia Sentís é escritora e fotógrafa. Desde 1972 traballa entre Nova York, Barcelona e Madrid. Colaborou con diferentes institucións culturais e medios de prensa, radio e televisión, e comisariou exposicións. A partir de 1983 expón a súa obra fotográfica.  
Mediación cultural
Luz Pichel Poesía e Parrafeo
Luns 9 maio | 2016 | Zona "C"
Poesía e Parrafeo Continuan os encontros na Zona "C" con diversos axentes do sector cultural. A poetisa Luz Pichel (Alén, Lalín, 1947) toma o relevo para traer as letras a este espazo e continuar a propiciar debates. 'Cada vez máis o meu traballo na poesía acontece en dependencia da lingua e as súas cruces e cruzamentos. Pasoume coa lingua o mesmo ca coa paisaxe: non estaba ata que veu alguén cunha cámara e fixo fotos".  
Mediación cultural
Bárbara Bulhosa Edicións tinta-da-china: Independencia e supervivencia
Mércores 16 marzo | 2016 | Zona "C"
Edicións tinta-da-china: Independencia e supervivencia Despois da intervención de Joana Hurtado do do Can Felipa arredor da súa experiencia neste centro cívico de Barcelona e de David Rodríguez AKA Tina Paterson que afondou en novos modos de mediación cultural, é agora o turno da editora independente portuguesa Bárbara Bulhosa.  
Mediación cultural
Coloquio con David Rodríguez AKA Tina Paterson 'Tramando con otros: modos de hacer la ciudad en común'
Mércores 27 xaneiro | 2016 | Zona "C"
'Tramando con otros: modos de hacer la ciudad en común' O mes pasado tiñamos a oportunidade de intercambiar opinións con Joana Hurtado do Can Felipa arredor da súa experiencia neste centro cívico de Barcelona. Hoxe, poderemos facelo con David Rodríguez AKA Tina Paterson que se define a sí mesmo como "artista, mediador cultural e o que se tercie". Desde a concellaría de Acción Cultural queremos que o coloquio, que leva por nome 'Tramando con otros: modos de hacer la ciudad en común' sexa o máis aberto e participativo posible. A entrada é libre.  
Mediación cultural
Conferencia de Joana Hurtado do Can Felipa 'A experiencia do Can Felipa Arts Visuals'
Luns 14 decembro | 2015 | Zona "C"
'A experiencia do Can Felipa Arts Visuals' A responsable de Artes Visuais do Centro Cívico Can Felipa de Barcelona, Joana Hurtado, dará en Compostela unha conferencia sobre o funcionamento deste espazo. Hurtado está en Compostela porque forma parte do comité de selección de traballos que conformarán a programación do vindeiro ano, 2016, na Zona “C”. Diálogo, colaboración, creatividade, experimentación, proxectos... traballar en favor da colaboración e a participación, un debate que abrirá Joana e no que invitará a participar a todos os presentes.  

http://www.santiagoturismo.com/files/2018/02/compostelaneafebreiro2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/02/compostelaneafebreiro2018webesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org