fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo

Mediación Cultural Residencias Escénicas
Curso de escrita teatral Textura e musculatura
Varias datas | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Textura e musculatura O profesor Afonso Becerra de Becerreá e a dramaturga convidada AveLina Pérez proponén converter a letra en movemento, encontrar o ritmo que canaliza o sentido da escrita. Traballar textos e texturas. Buscar as sensacións físicas e os efectos cognitivo-emocionais xerados pola escrita.  
Teatro | VariosTeatro&Danza
XIX Mostra de Teatro Universitario Organizado pola Aula de Teatro da USC
Varias datas | Teatro Principal
Organizado pola Aula de Teatro da USC Celébrase na cidade a XIX Mostra de Teatro Universitario. Trátase dun verdadeiro escaparate do movemento teatral universitario galego, xa que nel se programan todas as compañías da USC así como as compañías das universidades de Vigo e da Coruña.  
Música | VariosMúsica
ADRIANA CALCANHOTTO Presenta 'A Mulher do Pau-Brasil'
Venres 27 abril | 20:30 | Auditorio de Galicia
Presenta 'A Mulher do Pau-Brasil' Adriana Calcanhotto estrea o seu novo espectáculo 'A Mulher do Pau-Brasil' en abril deste ano, en Portugal e nese mesmo mes terémola presentándoo en Compostela. Este espectáculo marca a volta aos escenarios de unha das artistas brasileiras máis queridas no país veciño.  
Danza Teatro&Danza
Si pudiera hablar de esto no haría esto Janet Novás
Venres 27 abril | 20:30 | Teatro Principal
Janet Novás Un espectáculo coproducido por: Festival de Otoño en Primavera de la Comunidad de Madrid, Teatro Pradillo, Escenas do Cambio e Festival BAD Bilbao. Co apoio de: Graner Centro de Creació, Paso a 2 e Conde Duque, Centro de Danza Canal e Coreógrafos en Comunidad.  
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
Inaguración Feira do Libro Banda Municipal de Música
Sábado 28 abril | 13:00 | Alameda
Banda Municipal de Música Con motivo da inauguración da feira do libro onde as principais editoriais galegas exporán as novidades da literatura do país, a banda municipal de música ofrecerá un concerto a todos os asistentes  
Infantil/Familiar Infantil e Familiar
Gaia Entremans
Sábado 28 abril | 18:30 | Teatro Principal
Entremans Entremans presenta unha peza didáctica para público familiar "Gaia". Realiza, así, o seu segundo espectáculo infantil, logo da boa acollida que tivo a nivel nacional o seu anterior espectáculo "Juega". "Gaia" afonda nun tema de suma importancia hoxe en día: O noso planeta. Un proxecto no que a idea fundamental é achegar coñecementos desde unha óptica visual e imaxinativa.  
Mediación Cultural Residencias Escénicas
Chosco! De Circo Chosco
Sábado 28 abril | 20:00 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
De Circo Chosco ‘Chosco!’ é o espectáculo que nos ofrecen no marco da residencia na que prepararon ‘Riscando o ceo’. Trátase dun espectáculo case sen palabras e para todos os públicos, mestura de comedia e circo, que da como resultado unha obra cómica, con técnica de clown, chea de acrobacia, malabar, lume, moitas interaccións co público nun show moi visual e participativo.  
Cinema | Aulas e coloquiosA COR DAS PALABRAS
Encontro con Nobuhiro Suwa Presenta 'O león dorme esta noite'
Domingo 29 abril | 11:30 | Numax
Presenta 'O león dorme esta noite' 'A cor das palabras. Encontros con cineastas', actividade promovida polo Concello de Santiago en colaboración co Cinema NUMAX, recibe a Nobuhiro Suwa, un dos grandes autores do cinema contemporáneo. Presenta: 'O león dorme esta noite: un filme como un entroido', que terá a súa estrea en salas de toda España o venres 27 de abril da man de Numax Distribución.  
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
Día Internacional de Danza BMSC & Lodanzas & Danza Alfaia
Domingo 29 abril | 12:30 | Teatro Principal
BMSC & Lodanzas & Danza Alfaia A Banda Municipal de Música de Santiago súmase á celebración do Día Internacional da Danza cun concerto, que combina distintas danzas tanto contemporáneas como clásicas. No espectáculo participan alumnos/as de varias academias que serán os encargados de encher de música e movemento o escenario.  
Danza Teatro&Danza
Son Nova Galega de Danza
Domingo 29 abril | 19:00 | Auditorio de Galicia
Nova Galega de Danza O primeiro que se experimenta cando se crea çe unha contundente sensación de ESTAR, de FACER SENDO. A mirada activa tamén é creativa, sinte, proxecta, respira.  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Mariam Batsashvili no Ciclo de Piano Ángel Brage Ciclo de Piano Ángel Brage
Xoves 3 maio | 20:30 | Auditorio de Galicia
Ciclo de Piano Ángel Brage O terceiro dos concertos que homenaxean esta tempada ao xenial compositor e pianista compostelán Ángel Brage, ten a Mariam Batsashvili como protagonista. Pezas de Bach e Busoni, Mozart, Schubert, Liszt e Beethoven conforman o programa.  
Danza | ContemporáneaTeatro&Danza
Taller de Break-Dance Coa Dani Pannullo Danceheatre Co.
Venres 4 maio | 18:30 | Centro Xove da Almáciga
Coa Dani Pannullo Danceheatre Co. A Dani Pannullo Dancetheatre Co. está en Compostela para presentar 'Avalanche' no Teatro Principal, o 5 de maio. Con motivo desta visita ofrecerá o día anterior, 4 de maio, un taller de break-dance gratuíto no Centro Xove da Almáciga. Compre inscribirse no enderezo electrónico teatroprincipal@santiagodecompostela.gal  
Danza | ContemporáneaTeatro&Danza
AVALANCHE Dani Pannullo Dancetheatre Co.
Sábado 5 maio | 20:30 | Teatro Principal
Dani Pannullo Dancetheatre Co. Avalanche lévanos a un mundo de confrontacións dancísticas para nos falar do inexorable paso do tempo. O coreógrafo arxentino Dani Pannullo presenta neste espectáculo a beleza deforme do noso século e recolle diferentes momentos na vida dun director ávido por ver e recoñecerse en mundos diversos; que acepta esa diversidade e se centra en amosarnos, dende a linguaxe física, como e por que se move a xente: dende os máis atávicos rituais dos poboas á complexa presenza da danza nas urbes de millóns de habitantes. O simple movemento de mans e pernas convive co estudo en profundidade da coreografía máis actual.  
Música | VariosMúsica
LUZ CASAL Presenta 'Que corra el aire'
Sábado 5 maio | 20:30 | Auditorio de Galicia
Presenta 'Que corra el aire' Luz Casal, unha das artistas mais prestixiosas do noso país, anuncia o seu regreso con material inédito e xira. Volve a Compostela para presentar o seu novo álbum, "Que corra el aire", que saíu ao mercado o día 2 de marzo. Este novo disco acompáñase dunha xira que empezou o día 16 de marzo e que a leva, despois de tres anos, a todos os recunchos do país.  
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
Gala Lírica, Ópera e Zarzuela BMSC & Amigos da Ópera de Santiago
Domingo 6 maio | 12:00 | Teatro Principal
BMSC  & Amigos da Ópera de Santiago  Un percorrido polas máis coñecidas Arias de Ópera e Romanzas de Zarzuela con dous solistas líricos, acompañados pola Banda Municipal de Música de Santiago  
Arte | Fotografía
Inauguración da exposición Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia (1956-1976)
Mércores 9 maio | 20:00 | Auditorio de Galicia
Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia (1956-1976) Comisariada por Anxo Rabuñal e coa colaboración de Agar Ledo, a exposición coproducida entre o Concello de Santiago de Compostela-Auditorio de Galicia, e o Concello de A Coruña-Kiosco Alfonso, presenta unha importante escolma de imaxes do Fondo Fotográfico F. Català-Roca -Arxiu Històric del Col.legi d'Arquitectes de Catalunya, a meirande parte delas inéditas.  
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
170 anos da nosa Banda. FESTAS DA ASCENSIÓN 2018. BMSC & Real Filharmonía de Galicia
Venres 11 maio | 20:00 | Praza da Quintana
BMSC & Real Filharmonía de Galicia A Banda Municipal de Música de Santiago estará acompañada da outra formación musical da cidade a Real Filharmonía de Galicia para conmemorar os 170 anos da primeira, nun ambiente festivo como é a Festa da Ascensión  
Mediación Cultural Residencias Escénicas
‘Ohlimpiadas!’ Desincronacidas Mostra do proceso de creación. Work in progress
Venres 11 maio | 20:30 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Mostra do proceso de creación. Work in progress Que pasaría se a nosa vida fora retransmitida coma o Tour de Francia ou coma os saltos sincronizados...? E se nos comportásemos coma cert@s deportistas na nosa rutina diaria? Este espectáculo basease no cotiá da vida retransmitida coma un deporte en directo para crear un mundo rexido polo absurdo, onde o xesto deportivo e o mundo real mestúranse nunha quimera de disparate continuo.  
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
"Do Pasodobre a Muiñeira". FESTAS DA ASCENSIÓN Banda Municipal de Música de Santiago
Domingo 13 maio | 12:00 | Rúa do Vilar
Banda Municipal de Música de Santiago A rúa do Vilar será o escenario onde a banda municipal de música ofrecerá un concerto, dentro da oferta cultural das festas da Ascensión, a todos os composteláns e visitantes cun repertorio de pasodobres e muiñeiras  
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
DÍA DAS LETRAS GALEGAS BMSC & Cantorum Compostellana Coniunctio
Xoves 17 maio | 12:00 | Teatro Principal
BMSC & Cantorum Compostellana Coniunctio A Concellaría de Acción cultural organiza no Teatro Principal un concerto a cargo da Banda Municipal de Música de Santiago con motivo do Día dás Letras Galegas. A formación compostelá contará para esta actuación, programada para as 12.00 horas, coa presenza do Cantorum Compostellana Coniunctio  
Danza | OutrasTeatro&Danza
Bailar en hombre Fernando López
Xoves 24 maio | 20:30 | Teatro Principal
Fernando López "Bailar en hombre" é un espectáculo que trata sobre a evolución dos códigos de xénero e sexualidade dentro do flamenco, ao longo do século pasado.  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Concerto de fin de tempada Real Filharmonía de Galicia
Venres 25 maio | 20:30 | Auditorio de Galicia
Real Filharmonía de Galicia O director Jaime Martín ponse á fonte da orquestra no último concerto da tempada de abono 2017-2018. Un programa de Ravel, Strauss e Stravinsky que conta con Lucas Macías ao óboe.  
Teatro Teatro&Danza
Electra Companhia do Chapitô
Venres 25 maio | 20:30 | Teatro Principal
Companhia do Chapitô Logo de "Edipo" a Companhia do Chapitô atrévese con outro título complexo (que non complicado) dentro da traxedia grega: "Electra"  
Infantil/Familiar Infantil e Familiar
Pum Pum! Baobab Teatro
Sábado 26 maio | 18:30 | Teatro Principal
Baobab Teatro "Pum Pum!" é un espectáculo tenro para nenas e nenos a partir de 5 anos que fala de historias cotiás que lles acontecen a esta idade e que porta tamén unha mensaxe clara: dende moi pequenos deben saber que ninguén lles pode obrigar a facer cousas que non queren.  
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
BMSC “Estrea Obra 170 aniversario” “Do Gaias ao Pedroso”
Domingo 27 maio | 12:00 | Teatro Principal
“Do Gaias ao Pedroso” O domingo 27 de maio, a partir das 12:00 horas, a banda municipal de música estrenará unha obra con motivo do seu 170 aniversario.  
Mediación Cultural Residencias Escénicas
‘Carpe Diem’ Producións Excéntricas Ensaio aberto e posterior coloquio
Xoves 31 maio | 18:00 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Ensaio aberto e posterior coloquio Inspirada na sesión que a compañía xa fixo con motivo da residencia d’A Cabeza do Dragón, farán un ensaio aberto con demostración didáctica de todos os estratos do acto teatral, dende a intención previa até a execución harmónica das distintas linguaxes que conflúen no teatro: a luz, a música , o vestiario, o espazo, a marcación escénica e o uso lúdico do espazo por actrices e actores.  
Arte | Vídeo/Instalacións
Inauguración 'O rapto de Europa' De Marcos Covelo
Venres 1 xuño | 19:30 | Zona "C"
De Marcos Covelo Converte Marcos Covelo a Zona "C" nun espazo que cuestiona –na peza 'O rapto de Europa'– a concepción e representación da bandeira da UE prestando especial atención á situación actual de Europa ao abeiro do contexto económico, social e político.  
Música | Clásica
Concertos fin de curso CAEO A Escola na Cidade
Varias datas | Paraninfo da Universidade
A Escola na Cidade Como colofón dos seus estudos, cada un dos alumnos do CAEO, Curso Avanzado de Especialización Orquestal, debe realizar un concerto público que implique unha participación solista destacada.  
Mediación Cultural Residencias Escénicas
‘Nómades’ Xarope Tulú Adicado ao público infantil e xuvenil
Venres 8 xuño | 18:00 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Adicado ao público infantil e xuvenil Nómades, é un espectáculo dedicado ao público infantil e xuvenil onde o movemento, a música e a palabra nos convidan a viaxar por paisaxes singulares. Somos nómades, transitamos sen morada nin corpo fixo.  
Música | ClásicaA Escola na Cidade
Concerto extraordinario CAEO A Escola na Cidade
Sábado 9 xuño | 20:30 | Teatro Principal
A Escola na Cidade As / os alumnos do CAEO –Curso Avanzado de Especialización Orquestal– que alcancen o nivel de excelencia interpretarán como solistas un progama no que estarán acompañados pola Real Filharmonía de Galicia. Dirixe, Maximino Zumalave.  
Mediación Cultural Residencias Escénicas
‘Huella’ María Move Mostra do 'working-progress' e debate co público
Venres 29 xuño | 18:00 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Mostra do 'working-progress' e debate co público Consistirá nunha proxección do traballo audiovisual e pequena mostra de movemento froito da investigación durante a residencia. Propoñen un espazo de debate posterior a mostra do "working-progress" da mesma, para compartir co público o proceso da creación e formulación da peza.  
Arte | Vídeo/Instalacións
Inauguración 'Híbrido' De Aarón Sanromán
Mércores 3 outubro | 19:30 | Zona "C"
De Aarón Sanromán Aarón Sanromán presenta 'Híbrido' un proxecto colaborativo que unifica a paisaxe natural e a dixital para reivindicar a memoria xeográfica e cuxo resultado será exhibido na Zona “C”.  
Mediación Cultural Residencias Escénicas
RESIDENCIAS PARAÍSO Encontro seleccionadas /os
Xoves 29 novembro | 00:00 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Encontro seleccionadas /os Neste 2018 celébrase unha nova edición de Residencias Paraíso, proxecto do Colectivo RPM e a AGADIC, que ofrece unha serie de residencias artísticas para desenvolver proxectos de investigación ou creación en distintas cidades galegas.  
Arte | Vídeo/Instalacións
Inauguración 'Perencontro' De Alejandra Pombo
Mércores 9 xaneiro | 19:30 | Zona "C"
De Alejandra Pombo Perencontro (a través do encontro) é un concepto polo cal Alejandra denomina o evento estético como un modo de encontro –que non se trata de enfrontamento nin de intercambio, disolución, transmisión, contacto ou identificación– senón dun modo de encontro que cree vínculo como espazo fenomenolóxico que implica un “entre”. Perencontro con catro artistas invitados: María Xerez, Mårten Spångberg, Silvia Zayas e Josu Bilbao.  

http://www.santiagoturismo.com/files/2018/04/compostelaneaabril2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/04/compostelaneaabril2018webesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org