fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo

CICLO DE LIED

Cantigas de outono é o título da XVIII edición do Ciclo de Lied que se celebra este mes de setembro en Compostela e para o que o Concello conta, unha vez máis, coa colaboración da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago. O certame inclúe tres concertos, os días 18, 25 e 26 de setembro, todos eles ás 20.30 h no Teatro Principal. As entradas para cada un dos recitais teñen un prezo de 8 euros (cos descontos habituais) e o custo do abono do ciclo completo é de 18 euros. Á venda no despacho de billetes do Teatro Principal e en entradas.abanca.com

O programa da presente edición comezará mergullándose no universo musical francés de principios de século XX. Baixo a dirección de Rafael R. Villalobos, gañador do prestixioso Europäische Opernregie-Preis de Opera Europa en Viena en 2013, os músicos Javier Povedano e Jorge Robaina achegarán o universo de Guillaume Apollinaire, como figura que inspirou as composicións de Arthur Honegger e Francis Poulenc, membros do chamado Grupo d’Os Seis.

No segundo concerto desta temporada, dúas grandes voces do panorama internacional operístico, Anna Lucia Richter e Georg Nigl, canda o pianista Gérard Wyss,  farán un percorrido polo Cancioneiro italiano de Hugo Wolf. 46 atmosferas en torno ao amor da produción liederística do autor austríaco de orixe eslovena, que ofrecen unha nova concepción dun sentimento tan universal e atemporal con composicións repletas de plasticidade, sinxeleza e gran expresividade.

O ciclo rematará movéndose entre o universalismo e o exotismo orientalista, cun repertorio de canción lírica nacionalista eslava de Polonia e Rusia. Estas composicións de grandes nomes como Chopin, Mussorgski, Rimski-Kórsakov, Rachmaninov e Tchaikovski, transitan por unha intimidade ligada á terra, un sentimento patrio das súas entrañables vivencias persoais, que ficará retratado pola singular voz da mezzosoprano Graziela Valceva-Fierro, e o acompañamento musical ao piano de Maciej Pikulski.


PROGRAMA COMPLETO DO XVIII CICLO DE LIED

 

18 de setembro | 20.30 h | Teatro Principal

LE BON VIVANT

LE BESTIAIRE. 99 aniversario da morte de Guillaume Apollinaire

Obras de Arthur Honegger e Francis Poulenc para barítono, clarinete e piano, textos de Guillaume Apollinaire 

Javier Povedano, barítono e clarinete

Jorge Robaina, piano

Rafael R. Villalobos, dramaturxia e dirección

 

25 de setembro | 20.30 h | Teatro Principal

CANCIONEIRO ITALIANO de Hugo Wolf 

Texto de Paul Heyse (1830-1914), baseado en cantigas populares italianas

Anna Lucia Richter, soprano

Georg Nigl, barítono

Gérard Wyss, piano

 

26 de setembro | 20.30 h | Teatro Principal

O LIED ESLAVO. Entre o universalismo e o exotismo orientalista

Obras de Frédéric Chopin, Modest Mussorgski, Nikolái Rimski-Kórsakov, Sergei Rachmaninov e Piotr IlIch Tchaikovski

Graziela Valceva-Fierro, mezzosoprano

Maciej Pikulski, piano

 

 

Entradas: 8 euros. Descontos habituais do 50%

Abono (3 concertos): 18 euros.  

Danza Teatro&Danza
Reencontro Compañía Cía Flamenca
Venres 22 setembro | 20:30 | Teatro Principal
Compañía Cía Flamenca A arte flamenca de Asunción Pérez ‘Choni’ chega á escena compostelá co espectáculo Reencontros, unha homenaxe ás persoas e momentos que deixaron pegada na súa traxectoria vital e artística. A bailaora faise arroupar nesta ocasión polo cante de Alicia Acuña, a guitarra e zanfona de Raúl Cantizano e a trompeta e percusión de Antonio Montiel.  
Música XVIII Ciclo de Lied
Cancioneiro Italiano XVIII Ciclo de Lied
Luns 25 setembro | 20:30 | Teatro Principal
XVIII Ciclo de Lied No segundo concerto desta temporada, dúas grandes voces do panorama internacional operístico, Anna Lucia Richter e Georg Nigl acompañadas ao piano por Gérard Wyss, farán un percorrido polo Cancioneiro italiano de Hugo Wolf. 46 atmosferas en torno ao amor da produción liederística do autor austríaco de orixe eslovena, que ofrecen unha nova concepción dun sentimento tan universal e temporal con composicións repletas de plasticidade, sinxeleza e gran expresividade.  
Música Ciclo de Lied
Lied Eslavo XVIII Ciclo de Lied
Martes 26 setembro | 20:30 | Teatro Principal
XVIII Ciclo de Lied Entre o universalismo e o exotismo orientalista Graziela Valceva-Fierro, mezzosoprano Maciej Pikulski, piano O XVIII Ciclo de Lied rematará cun repertorio de canción lírica nacionalista eslava de Polonia e Rusia. As composicións de grandes nomes como Chopin, Mussorgski, Rimski-Kórsakov, Rachmaninov e Tchaikovski que se van interpretar, transitan por unha intimidade ligada á terra, un sentimento patrio das súas entrañables vivencias persoais.  
Teatro Teatro&Danza
Tráfico de Carlos Santiago
Xoves 28 setembro | 20:30 | Teatro Principal
de Carlos Santiago Una co-produción entre Baal17 e Al Teatro, sobre un texto de Carlos Santiago, dirección e dramaturxia de Chiqui Pereira.  
Didácticos | TíteresPrograma Didáctico
A casa do avó Tanxarina S.L.
Varias datas | Teatro Principal
Tanxarina S.L. Roberto recibe a noticia de que o seu avó vai quedar sen casa. Ante esta inxusta situación o neno ponse en marcha para atopar unha solución e, nesta busca, dispárase un mundo de pequenas e divertidas aventuras protagonizadas polas máis variadas personaxes. Un encontro cómico e poético que desemboca nun final feliz propiciado polo apoio solidario.  
Teatro Teatro&Danza
Circo de Pulgas de Matarile Teatro
Xoves 12 - Sábado 14 outubro | 20:30 | Teatro Principal
de Matarile Teatro Matarile Teatro volve á escena compostelá coa estrea deste novo proxecto dirixido por Ana Vallés e co deseño de iluminación e espazo escénico de Baltasar Patiño.  
Teatro Teatro&Danza
Masacre. Unha breve historia do capitalismo español Teatro del Barrio
Mércores 29 novembro | 20:30 | Teatro Principal
Teatro del Barrio Unha produción de Teatro del Barrio, con texto, dirección e interpretación de Alberto San Juan. Marta Calvó co-protagoniza esta peza sobre escura relación entre os poderes económico e político.  
Didácticos | TeatroPrograma Didáctico
O Valo Culturactiva, SCG
Varias datas | Teatro Principal
Culturactiva, SCG O Valo fala do encontro de dous mundos, dúas realidades, dúas consciencias encarnadas en dous personaxes ben distintos: O Soldadiño de Chumbo e Sahara. Fronte ao pensamento patético e torpe do Soldadiño de Chumbo, que obedece ordes dos seus superiores desde a fe cega no que sempre lle dixeron que tiña que facer, oponse a sensibilidade de Sahara, unha rapaza que foxe da guerra e que recibiu tantos paus na vida que xa poucas cousas poden detela.  
Didácticos | TeatroPrograma Didáctico
O poder de Amabel Cía.Pérez&Fernández
Varias datas | Teatro Principal
Cía.Pérez&Fernández Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha abraiante intelixencia ou mesmo a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa habilidade extraordinaria. Para descubrilo, embarcarase en aventuras ben peculiares. Un reencontro de dous amigos xa adultos no que lembrarán un especial outono que viviron xuntos no 82, un dos seus primeiros recordos de nenos, eses aos que debemos voltar para sentirnos na nosa verdadeira patria: a infancia.  
Didácticos | MúsicaPrograma Didáctico
Xogo de pillabáns Zoar
Varias datas | Teatro Principal
Zoar Xogo de Pillabáns é unha obra de teatro musical, baseada nunha Novela Ejemplar de Miguel de Cervantes Saavedra. Nesta produción os intérpretes actúan como os personaxes da historia interactuando co público. A historia de Rinconete y Cortadillo narra as aventuras de dous mozos duns 15 anos, Pedro del Rincón e Diego Cortado, que se coñecen, na Venta del Molinillo, despois de escapar da casa en busca de cartos e liberdade.  
Didácticos | TeatroPrograma Didáctico
Osiño Trompicallo, S.C.
Varias datas | Teatro Principal
Trompicallo, S.C. A vida nun anaquiño de fraga transfórmase coa chegada das diferentes estacións. Neste lugar vive Osiño coa súa mamá. Con eles pasaremos un inverno no que Osiño ten moito frío, pero a súa mamá vaille ensinar o que un oso debe facer para non telo e poder xogar coa neve. Na primavera coñeceremos ao avó de Osiño, que lle contará o seu conto favorito, o de cando a súa mamá, de pequena, coñeceu a un paporrubio. Polo verán Osiño levaranos a dar un longo e fantástico paseo nocturno, para poder levarlle á súa mamá un pedazo de queixo moi especial. E no outono, celebraremos con el e os seus amigos Porquiño, Coello e os Ratos o seu aniversario.  
Didácticos | TeatroPrograma Didáctico
O conto da Azuzaina Ana Carreira e Fran Núñez, dramaturxia e dirección
Varias datas | Teatro Principal
Ana Carreira e Fran Núñez, dramaturxia e dirección Na imprenta da Azuzaina chega un encargo urxente: o libro das familias. Os operarios Terán que dar o mellor de sí e usar as máis aloucadas estratexias para completar o traballo a tempo. O encargo é crear un libro con fotos de diferentes familias, de diferentes persoas. Ante a necesidade de entregalo na fin da xornada terán que crear a toda velocidade as páxinas do libro.  
Didácticos | DanzaPrograma Didáctico
Emoticores Las Tricotouses
Varias datas | Teatro Principal
Las Tricotouses Emoticores é a nova proposta de danza de Cristina Montero & Rut Balbís, Las Tricotouses, para o público máis novo. COR e PSICOLOXÍA: Ao igual que os adultos, os máis novos precisan espazos onde recoñecerse e expresarse afectiva e emocionalmente. É importante que a escola proporcione estos lugares de contacto e de expresión e así, camiñar cara un modelo educativo máis integrador, humano e creativo.  
Didácticos | TeatroPrograma Didáctico
Gatuxo Urdime SCG
Varias datas | Teatro Principal
Urdime SCG Gatuxo é un espectáculo onde se fusionan as artes, a música, as cantigas, o teatro, os contos, o clown, a manipulación de obxectos ou o claqué, todo interpretado en directo por tres músicos a dúas voces e unha actriz. Gatuxo é unha metáfora do crecemento da crianza e do descubrimento do mundo dende unha perspectiva artística: o Gatuxo é arquitecto dunha caixa, é músico na cociña, é pintor de garabatos, é bailarín de claqué, é cantante, é monicrequeiro cos obxectos cos que brinca, e por suposto é o narrador da súa propia historia.  

http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504598878.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504598878.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org