fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo

WOS

WOS é un encontro de caracter anual que defende una visión ampla da cultura alternativa e de vangarda. Coa música como motor principal pero cunha clara vocación multidisciplinar, promove, a partir dun contexto íntimo, a busca e difusión de novas propostas culturais.

Música, artes visuais, cine, artes escénicas, coloquios, e conferencias danse cita do 6 ao 10 de Setembro en diversos espazos emblemáticos de Santiago de Compostela. En 2017 celebra a súa cuarta edición.

O festival é unha iniciativa da produtora compostelana WORK ON SUNDAY, en colaboración coa asociación de axentes culturais galegos WOS INC. Conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela, AGADIC, Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC), Fundación Eugenio Granell, Universidade de Santiago de Compostela, Mercado de Abastos, Fundación SGAE, Salón Teatro e NUMAX.

 

Consulta o programa día a día 

 

 

Entre os escenarios desta edición, cóntanse a Fundación Eugenio Granell, o Teatro Principal, a Praza de Abastos, o CGAC, a Cidade da Cultura, a  Igrexa da Universidade, a Fundación SGAE, NÚMAX, a Sala Capitol, a Sala Riquela, a Sala Malatesta e a Sala Montiel.

 

Os abonos Premium (para os cinco días de festival) e Weekend (venres, sábado e domingo), así como as entradas para días soltos están á venda na súa web. 

Letras Paseos Literarios por Compostela
Os elefantes en Compostela con Antón Riveiro Coello
Xoves 28 setembro | 18:00 | Varios
con Antón Riveiro Coello Concellaría de Acción Cultural e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organizan un ciclo de percorridos literarios por Compostela que procura outra ollada á historia e xeografía da cidade. Os elefantes en Compostela é o terceiro dos paseos do ciclo, un percorrido por diversos espazos que son o pano de fondo da novela Os elefantes de Sokurov, de Antón Riveiro Coello. Punto de partida: Carballeira de San Lourezo  
Letras Paseos Literarios por Compostela
Compostela en Crear o mar en Compostela con Marta Dacosta
Xoves 5 outubro | 18:00 | Varios
con Marta Dacosta A Concellaría de Acción Cultural e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organizan un ciclo de percorridos literarios por Compostela que procura outra ollada á historia e xeografía da cidade. No último dos paseos do ciclo, Marta Dacosta conduce ás persoas asistentes pola historia poética de Santiago  

http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504598878.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504598878.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org