fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo

Música | Contemporánea
XMC 2017 Xornadas de Música Contemporánea
Sábado 7 outubro / Sábado 25 novembro | 00:00 | Varios espazos
Xornadas de Música Contemporánea No ano 2012 renacían en Santiago de Compostela as Xornadas de Música Contemporánea co obxectivo de fomentar e difundir as últimas tendencias e a innovación da música contemporánea. Este ano celebramos unha nova edición, na que se mantén a mesma liña de traballo e colaboración institucional do ano pasado, froito da iniciativa, coordinación e promoción do Concello de Santiago, a Universidade de Santiago (USC), o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), e o Centro Nacional de Difusión Musical, CNDM do Instituto Nacional das Artes Escénicas y la Música, INAEM,co apoio da Deputación da Coruña e coa colaboración do Consorcio de Santiago.  
Cinema | Festival
#CINEUROPA31 31ª edición do festival Cineuropa
Martes 7 - Martes 28 novembro | 00:00 | Varios espazos
31ª edición do festival Cineuropa Do 7 ao 28 de novembro Compostela acolle a trixésimo primeira edición do festival Cineuropa. 264 filmes e 17 seccións nun certame que medra este ano en proxeccións, en número de premiados, en xornadas e espazos de exhibición, e que mantén a aposta pola calidade cinematográfica dos anos anteriores.  
Música | ContemporáneaX. Música Contemporánea
Manuel Blanco, trompeta; Karina Azizova, piano Xornadas de Música Contemporánea 2017
Venres 24 novembro | 20:30 | Paraninfo da Universidade
Xornadas de Música Contemporánea 2017 A Intrada de Honegger tan popular entre os trompetistas, xa sexan de formación clásica ou forxados no jazz, abre esta penúltima cita das Xornadas na que se servirá un cóctel moi variado de obras orixinais e transcricións.  
Arte | Vídeo/Instalacións
Charla e visita guiada 'Un cuarto propio' Pola artista Rosa Neutro e o comisario Rosendo CId
Sábado 25 novembro | 19:00 | Zona "C"
Pola artista Rosa Neutro e o comisario Rosendo CId Na visita, Rosa Neutro, artista e Rosendo Cid comisario, falarán en profundidade das cinco pezas e dos distintos aspectos literarios e artísticos que conforman o proxecto inédito, “Un cuarto propio”, que colle o título do libro homónimo de Virginia Woolf. E abordarán ademáis as problemáticas sobre as mulleres artistas e as circunstancias á hora de crear.  
Música X. Música Contemporánea
O Cuarteto Granados pecha as XMC Xornadas de Música Contemporánea 2017
Sábado 25 novembro | 20:30 | Igrexa da Universidade (da Compañía)
Xornadas de Música Contemporánea 2017 O Cuarteto Granados porá fin, na Igrexa da Universidade, a esta nova edición das Xornadas de Música Contemporánea estreando unha obra do pianista e compositor Gustavo Díaz-Jerez.  
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
Música e cine Banda Municipal de Música de Santiago
Domingo 26 novembro | 12:00 | Teatro Principal
Banda Municipal de Música de Santiago Contribución da Banda Municipal de Música de Santiago con Casiano Mouriño Maquieira á fronte no certame Cineuropa.  
Arte
Entrega de premios e inauguración 10 º Premio Auditorio de Galicia para novos artistas
Luns 27 novembro | 20:00 | Auditorio de Galicia
10 º Premio Auditorio de Galicia para novos artistas O premio Auditorio de Galicia para novos artistas chega a súa décima edición convocando de novo a todas/os aqueles artistas que nacesen ou residan en Galicia e sexan menores de coarenta anos. Nesta edición foron seleccionados –por un xurado experto– os traballos de 37 creadoras e creadores que, desde diferentes disciplinas, nos achegan á arte máis emerxente do noso Pais.  
Teatro Teatro&Danza
Masacre. Unha breve historia do capitalismo español Teatro del Barrio
Mércores 29 novembro | 20:30 | Teatro Principal
Teatro del Barrio Unha produción de Teatro del Barrio, con texto, dirección e interpretación de Alberto San Juan. Marta Calvó co-protagoniza esta peza sobre escura relación entre os poderes económico e político.  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Jonathan Webb dirixe á RFG Real Filharmonía de Galicia
Mércores 29 novembro | 20:30 | Auditorio de Galicia
Real Filharmonía de Galicia Principal director convidado da RFG dende a tempada 2016-2017, Jonathan Webb ponse unha vez máis á fronte da orquestra nun concerto que inclúe pezas de H. Krasa, B. Martinu E A. Dvoràk,  
Teatro Teatro&Danza
Oopart Tresperté
Venres 1 decembro | 18:30 | Auditorio de Galicia
Tresperté Unha produción da compañía andaluza Tresperté, con dirección e creación de Antonio J. Gómez e música de Iván Monje. O espectáculo recibiu o Premio Fetén 2017 á mellor música orixinal e en 2016 colleitou outros catro galardóns nas categorías de iluminación, escenografía, vestiario e espectáculo de rúa dos Premios do Circo Andaluz.  
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
Mirando ao Sur Banda Municipal de Música
Domingo 3 decembro | 12:00 | Teatro Principal
Banda Municipal de Música PROGRAMA   I FRANCISCO MANUEL, Miguel SANCHÉZ (Pasodobre) EL CORSARIO NEGRO , Ángel CARREÑO MEZQUITA DE CORDOBA, Julie GIROUX DE CAI, Pascual PIQUERAS II CANCIONES DE LORCA:     ...  
Teatro Teatro&Danza
Peter Pan e Wendy El Perro Azul
Martes 5 decembro | 18:30 | Teatro Principal
El Perro Azul Unha produción da compañía rioxana El Perro Azul para público infantil e familiar. Todos os rapaces medran, menos un: Peter Pan. A nena Wendy deixa a súa casa e marcha voando con Peter Pan e Campaíña ao País de Nunca Xamais, unha illa máxica na que conviven nenos perdidos, fadas e sereas.  
Circo
Fragmentada PuntoCero
Xoves 14 decembro | 19:00 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
PuntoCero Fragmentada é un espectáculo de teatro físico e trapecio para público adulto, unha produción de PuntoCero, creada, dirixida e interpretada por Zenaida Alcalde Alcalde.  
Danza Teatro&Danza
O quinto inverno Mal Pelo
Xoves 14 decembro | 20:30 | Teatro Principal
Mal Pelo Espectáculo de MalPelo, creado e interpretado por María Muñoz e Pep Ramis, que ofrece unha reflexión, marcada por unha expresión poética, sobre o paso do tempo e os límites do propio territorio.  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Antoni Wit dirixe a RFG Real Filharmonía de Galicia
Xoves 14 decembro | 20:30 | Auditorio de Galicia
Real Filharmonía de Galicia O director polaco Antoni Wit asume a batuta da orquestra nun concerto con obras de S. Moniuszko, W. A. Mozart:e M. Karlowicz.  
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
Ciclo, Novos Intérpretes Banda Municipal de Música de Santiago
Domingo 17 decembro | 12:00 | Teatro Principal
Banda Municipal de Música de Santiago PROGRAMA   I POETA Y ALDEANO (1846), Fran von SUPPÉ (1819-1895) CAPRICCIO PARA OBOE, Amilcare  PONCHIELLI (1834-1886)   II  FOURTH SUITE FOR BAND (1992), Alfred REED (1921-2005) (City of...  
Didácticos | MúsicaPrograma Didáctico
Música con pelis! Aprendendo a escoitar o cine. Didácticos Audiovisuais
Luns 18 decembro | Auditorio de Galicia
Didácticos Audiovisuais Un concerto didáctico e interactivo de Caspervek Trío no que traballaremos sobre a relación da música/son e imaxe no cine, facendo un repaso polo uso desta en diferentes épocas da historia audiovisual. Introduciremos aos nenos e nenas no concepto de “banda sonora”, os seus procesos e importancia, así como a presenza da música nas películas como catalizador emocional e soporte do contido audiovisual.  
Teatro Teatro&Danza
Nacidas Libres Contraproducións
Xoves 21 - Venres 22 decembro | 20:30 | Teatro Principal
Contraproducións Espectáculo de Contraproducións sobre un texto de Cándido Pazó, coa dirección de Cristina Domínguez e as atrices Rocío González, Casilda Alfaro, Mónica Camaño e Susana Dans.  
Música | ClásicaPrograma de Abono
O Mesias participativo de Haendel Real Filharmonía de Galicia
Venres 22 decembro | 20:30 | Auditorio de Galicia
Real Filharmonía de Galicia O último concerto do ano 2017 reúne no escenario á RFG, coa Capella Amnsterdam e diversos coros non profesionais baixo a batuta do director holandés, Daniel Reuss. O concerto conta co apoio de Obra Social La Caixa.  
Circo Teatro&Danza
A vida tola de Pajarito Pistacatro Productora de Soños
Sábado 23 decembro | 18:30 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Pistacatro Productora de Soños Este espectáculo de clown e escapismo para todos os públicos, achéganos o peculiar universo desta muller-nena que anda solta polas rúas, fai de cada ocasión e espazo un novo motivo e lugar para o xogo.  
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
BMSC & Escolanía da Catedral de Santiago Banda Municipal de Música de Santiago
Xoves 28 decembro | 21:00 | Catedral de Santiago
Banda Municipal de Música de Santiago   PROGRAMA A DETERMINAR     José Luis Vázquez López, director da escolanía da Catedral Casiano Mouriño Maquieira, director ...  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Concerto de Reis con D. Masson Real Filharmonía de Galicia
Venres 5 xaneiro | 21:30 | Auditorio de Galicia
Real Filharmonía de Galicia O maestro Diego Masson será o encargado de dirixir a Real Filharmonía de Galicia no clásico concerto de Reis no que participarán os solistas Xabi Casal ao saxo e Isabel Pérez Dobarro ao piano  
Música | ClásicaPrograma de Abono
A RFG estrea obra do trompetista Pacho Flores Real Filharmonía de Galicia
Xoves 11 xaneiro | 20:30 | Auditorio de Galicia
Real Filharmonía de Galicia Manuel Hernández Silva, será o encargado de dirixir a Real Filharmonía de Galicia que estreará a obra "Cantos y Revueltas para trompeta y orquestra" do trompetista venezolano Pacho Flores  
Didácticos | TeatroPrograma Didáctico
O Valo Culturactiva, SCG
Varias datas | Teatro Principal
Culturactiva, SCG O Valo fala do encontro de dous mundos, dúas realidades, dúas consciencias encarnadas en dous personaxes ben distintos: O Soldadiño de Chumbo e Sahara. Fronte ao pensamento patético e torpe do Soldadiño de Chumbo, que obedece ordes dos seus superiores desde a fe cega no que sempre lle dixeron que tiña que facer, oponse a sensibilidade de Sahara, unha rapaza que foxe da guerra e que recibiu tantos paus na vida que xa poucas cousas poden detela.  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Lars Vogt dirixe a RFG dende o piano Real Filharmonía de Galicia
Xoves 18 xaneiro | 20:30 | Auditorio de Galicia
Real Filharmonía de Galicia Ao fronte da Real Filhamonía de Galicia estará o director e pianista alemán Lars Vogt que interpretará obras de Beethoven, Prokofiev e Stravinski  
Didácticos | MúsicaPrograma Didáctico
Las Lollipops Gallaecia Eventos
Varias datas | Auditorio de Galicia
Gallaecia Eventos O grupo Las Lollipops, está formado por tres voces femininas: Paula Romero, Marian Ledesma , Paty Lesta e un pianista, Cristian Leggiero. Durante unha hora, con música en directo e dunha maneira moi, moi divertida, explicarán conceptos claves da música vocal e coral.  
Didácticos | MúsicaPrograma Didáctico
Todo é percusión Dúas e Exire
Varias datas | Auditorio de Galicia
Dúas e Exire O espectáculo levarase a cabo polo dúo de percusión Duas e dúas bailarinas de arte contemporáneo, que se identifican baixo o nome de Exire, co obxetivo principal de chegar ó Arte Total a través da ligazón das distintas artes: música, danza e teatro.  
Didácticos Programa Didáctico
Viaxe arredor do mundo Didácticos Audiovisuais
Luns 29 xaneiro | Auditorio de Galicia
Didácticos Audiovisuais Para a 2ª sesión propoñemos unha viaxe arredor do mundo, un repaso por contidos (escenas de longametraxes, curtametraxes, anuncios publicitarios, pezas de animación) pertencentes a diversos sistemas culturais, localizacións xeográficas e tradicións artísticas.  
Didácticos | TeatroPrograma Didáctico
O poder de Amabel Cía.Pérez&Fernández
Varias datas | Teatro Principal
Cía.Pérez&Fernández Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha abraiante intelixencia ou mesmo a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa habilidade extraordinaria. Para descubrilo, embarcarase en aventuras ben peculiares. Un reencontro de dous amigos xa adultos no que lembrarán un especial outono que viviron xuntos no 82, un dos seus primeiros recordos de nenos, eses aos que debemos voltar para sentirnos na nosa verdadeira patria: a infancia.  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Óperas de R. Wagner Real Filharmonía de Galicia
Xoves 1 febreiro | 20:30 | Auditorio de Galicia
Real Filharmonía de Galicia Baixo a batuta do maestro Paul Daniel a Real Filharmonía de Galicia interpretará fragmentos de dúas óperas de R. Wagner como son "Parsifal" e "O holandés errante", así como obras doutros compositores como A. Scriabin e C. Debussy  
Música | PercusiónPrograma Didáctico
Concerto Singular Píscore e Banda Municipal de Música
Varias datas | Auditorio de Galicia
Píscore e Banda Municipal de Música Píscore é unha nova compañía de música e comedia xestual que anova a escena do humor do país. Está composta por catro virtuosos músicos que en Concerto Singular lévannos a unha dimensión musical e humorística realmente especial. Mesturando a excelencia musical e a comedia de alto nivel, Píscore actualizan o máis clásico humor mudo e anovan a disciplina cunha proposta diferente, orixinal e de calidade cunha marimba enorme no medio da acción.  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Pierre Bleuse á fronte da RFG Real Filharmonía de Galicia
Xoves 8 febreiro | 20:30 | Auditorio de Galicia
Real Filharmonía de Galicia O director francés Pierre Bleuse encargarase de conducir a orquesta no concerto do vindeiro xoves onde interpretarán obras de A. Honegger, A. Roussel e L.v. Beethoven  
Música | ClásicaCiclo de Piano Ángel Brage
Homenaxe a Debussy e Bernstein Ciclo de Piano Ángel Brage
Xoves 15 febreiro | 20:30 | Auditorio de Galicia
Ciclo de Piano Ángel Brage Con motivo do centenario dos compositores C. Debussy e L. Bernstein o Dúo Bizjak quere rendirlles un homenaxe interpretando as súas obras como son "En blac et noir" e "Suite de West Side Story" respectivamente  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Alexander Kantorow ao piano Real Filharmonía de Galicia
Xoves 22 febreiro | 20:30 | Auditorio de Galicia
Real Filharmonía de Galicia O pianista francés Alexander Kantorow interpretará un selecto repertorio de obras de Mirzoyan, Saint-Saëns e Chaikovski dirixido polo maestro Jonathan Webb  
Didácticos Programa Didáctico
Libres e diversos Didácticos Audiovisuais
Luns 26 febreiro | Auditorio de Galicia
Didácticos Audiovisuais Esta sesión abordará a través do audiovisual a atención á diversidade no noso contexto social, centrándonos en 2 temas principais: a aceptación da homosexualidade e, por extensión, da(s) condición(s) sexuais das persoas integrantes do colectivo LGBTI e o problema do racismo e a xenofobia, que a través das pezas audiovisuais poderemos enlazar con temas de plena actualidade, máis alá do contido audiovisual (represión LGBT en Chechenia, auxe da extrema dereita en Europa, crise dos refuxiados…)  
Didácticos | MúsicaPrograma Didáctico
Xogo de pillabáns Zoar
Varias datas | Teatro Principal
Zoar Xogo de Pillabáns é unha obra de teatro musical, baseada nunha Novela Ejemplar de Miguel de Cervantes Saavedra. Nesta produción os intérpretes actúan como os personaxes da historia interactuando co público. A historia de Rinconete y Cortadillo narra as aventuras de dous mozos duns 15 anos, Pedro del Rincón e Diego Cortado, que se coñecen, na Venta del Molinillo, despois de escapar da casa en busca de cartos e liberdade.  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Complicidade entre Vicente Alberola e Paquito d'Rivera Real Filharmonía de Galicia
Xoves 1 marzo | 20:30 | Auditorio de Galicia
Real Filharmonía de Galicia O director de orquestra Vicente Alberola á fronte da RFG amosaranos a complicidade que ten con Paquito d'Rivera onde interpretarán obras do propio clarinetista e de compositores como Piazzolla, Mozart e Cervantes  
Didácticos | TeatroPrograma Didáctico
Osiño Trompicallo, S.C.
Varias datas | Teatro Principal
Trompicallo, S.C. A vida nun anaquiño de fraga transfórmase coa chegada das diferentes estacións. Neste lugar vive Osiño coa súa mamá. Con eles pasaremos un inverno no que Osiño ten moito frío, pero a súa mamá vaille ensinar o que un oso debe facer para non telo e poder xogar coa neve. Na primavera coñeceremos ao avó de Osiño, que lle contará o seu conto favorito, o de cando a súa mamá, de pequena, coñeceu a un paporrubio. Polo verán Osiño levaranos a dar un longo e fantástico paseo nocturno, para poder levarlle á súa mamá un pedazo de queixo moi especial. E no outono, celebraremos con el e os seus amigos Porquiño, Coello e os Ratos o seu aniversario.  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Orquesta sinfónica del Principado de Asturias Rossen Milanov, director
Xoves 8 marzo | 20:30 | Auditorio de Galicia
Rossen Milanov, director O director titular da OSPA Rossen Milanov e a violinista Leila Josefowicz nos presentará un variado repertorio onde interpretarán obras de Bernstein, Zimmermann e Prokofiev  
Música | ClásicaPrograma Didáctico
O carnaval dos animais de C. Saint-Saëns REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Varias datas | Auditorio de Galicia
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA En 1886 Camilo Saint-Saëns escribiu esta obra instrumental moi divertida na que quixo que aparecesen moitos animais: leóns, elefantes, galiñas, tartarugas, canguros, asnos, cisnes, peixes e varios máis. Compuxo a música como broma para un día de entroido, así que comprobaredes que ten música moi alegre con toques de bo humor. Cada animal ou animais ten asignado un instrumento musical. Son 14 pequenos fragmentos adicados cada un deles a un animal distinto.  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Suite española Real Filharmonía de Galicia
Xoves 15 marzo | 20:30 | Auditorio de Galicia
Real Filharmonía de Galicia A pianista Rosa Torres Pardo e a cantaora Rocío Márquez protagonizan o segundo dos concertos do Ciclo de Piano Ángel Brage, cun programa no que conviven obras de Granados, Albéniz e Falla.  
Música | ClásicaPrograma Didáctico
A historia extravagante de Hipo & Gavante Banda Municipal de Música de Santiago
Venres 16 marzo | Auditorio de Galicia
Banda Municipal de Música de Santiago Esta suite sinfónica con narrador conta as peripecias dun Hipopótamo que, cansado de vivir no mesmo recodo do río, decide tomarse unhas vacacións no mar para cambiar de aires. Despois de chegar á praia, atópase con Gavante, un bogavante tímido ao que lle gusta moito o café que vive na beira e ambos decidan facerse amigos. Pero a amizade, ás veces, debe ser capaz de pasar por algunhas dificultades...  
Didácticos Programa Didáctico
Elas Bravas! Didácticos Audiovisuais
Luns 19 marzo | 10:00 | Auditorio de Galicia
Didácticos Audiovisuais Esta será unha celebración da presenza feminina no audiovisual, tanto a nivel de creación (directoras, produtoras, actrices…) como a nivel de perspectiva de xénero nas historias. Nesta sesión as protagonistas serán ELAS, en filmes con protagonistas femininas (nenas ou mulleres adultas) e/ou cuxas historias están contadas dende a súa perspectiva, e coñecemento tamén de mulleres importantes (e bravas!) da industria audiovisual.  
Didácticos | TeatroPrograma Didáctico
O conto da Azuzaina Ana Carreira e Fran Núñez, dramaturxia e dirección
Varias datas | Teatro Principal
Ana Carreira e Fran Núñez, dramaturxia e dirección Na imprenta da Azuzaina chega un encargo urxente: o libro das familias. Os operarios Terán que dar o mellor de sí e usar as máis aloucadas estratexias para completar o traballo a tempo. O encargo é crear un libro con fotos de diferentes familias, de diferentes persoas. Ante a necesidade de entregalo na fin da xornada terán que crear a toda velocidade as páxinas do libro.  
Música | ClásicaPrograma de Abono
David Hill dirixe a RFG Real Filharmonía de Galicia
Xoves 22 marzo | 20:30 | Auditorio de Galicia
Real Filharmonía de Galicia A orquestra déixase conducir pola batuta e o órgano de David Hill, nun concerto con pezas de Haendel, Albinoni e Haydn.  
Música | ClásicaPrograma Didáctico
O ritmo e a palabra A ancestralidade da Percusión
Varias datas | Auditorio de Galicia
A ancestralidade da Percusión A percusión será o instrumento protagonista do concerto didáctico que ofrecerá o percusionista da Real Filharmonía de Galicia José V. Faus, alumnos da Escola de Altos Estudios Musicais, así como a participación do compositor e narrador Fernando Buíde  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Dima Slobodeniouk e Nicolas Altstaedt coa OSG Orquesta Sinfónica de Galicia
Xoves 5 abril | 20:30 | Auditorio de Galicia
Orquesta Sinfónica de Galicia A tempada de abono 2017-2018 incide nas colaboracións entre a RFG e Orquesta Sinfónica de Galicia. En abril, a OSG visita o Auditorio nun concerto que combina pezas de T. Adés, W. Walton e C. Nielsel. Coa dirección de Dima Slobodeniuk, e Nicolas Altstaedt como violonchelo solista.  
Didácticos | DanzaPrograma Didáctico
Emoticores Las Tricotouses
Varias datas | Teatro Principal
Las Tricotouses Emoticores é a nova proposta de danza de Cristina Montero & Rut Balbís, Las Tricotouses, para o público máis novo. COR e PSICOLOXÍA: Ao igual que os adultos, os máis novos precisan espazos onde recoñecerse e expresarse afectiva e emocionalmente. É importante que a escola proporcione estos lugares de contacto e de expresión e así, camiñar cara un modelo educativo máis integrador, humano e creativo.  
Música Programa Didáctico
A burra Ramona Banda Municipal de Música
Varias datas | Auditorio de Galicia
Banda Municipal de Música A burra Ramona é un conto que anima a perseguir os soños, a loitar polos desexos e a cambiar as rutinas. Os diferentes personaxes que se cruzan no camiño da burra Ramona teñen a súa música propia, en especial a protagonista e así imos coñecendo e imaxinando as características de cada un deles.  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Escenas da ópera 'Electra' de R. Strauss Real Filharmonía de Galicia
Xoves 12 abril | 20:30 | Auditorio de Galicia
Real Filharmonía de Galicia Paul Daniel dirixe a orquestra nesta selección de escenas desta obra composta por Richard Straus e con libreto alemán de Richard Strauss Hugo von Hofmannsthal.  
Didácticos Programa Didáctico
Vemos moitas máis cousas que pelis Didácticos Audiovisuais
Luns 16 abril | Auditorio de Galicia
Didácticos Audiovisuais Nesta sesión propoñemos que o alumnado participante “vexa moitas máis cousas que pelis”, é dicir, trátase dunha sesión na que pretendemos incidir na variedade de formatos audiovisuais que existen hoxe en día, tanto en cine, como en TV, como na rede, centrándonos nos seguintes: vídeoclips, webseries, youtubers (infantís: nenos/as que están producindo contido para nenos/as), series de TV e curtametraxes.  
Didácticos | TeatroPrograma Didáctico
Gatuxo Urdime SCG
Varias datas | Teatro Principal
Urdime SCG Gatuxo é un espectáculo onde se fusionan as artes, a música, as cantigas, o teatro, os contos, o clown, a manipulación de obxectos ou o claqué, todo interpretado en directo por tres músicos a dúas voces e unha actriz. Gatuxo é unha metáfora do crecemento da crianza e do descubrimento do mundo dende unha perspectiva artística: o Gatuxo é arquitecto dunha caixa, é músico na cociña, é pintor de garabatos, é bailarín de claqué, é cantante, é monicrequeiro cos obxectos cos que brinca, e por suposto é o narrador da súa propia historia.  
Música | ClásicaPrograma de Abono
De Galaxias e Planetas Real Filharmonía de Galicia
Venres 20 abril | 20:30 | Auditorio de Galicia
Real Filharmonía de Galicia Paul Daniel dirixe un dos concertos máis singulares da tempada de abono 2017-2018. O programa transita pola 'A guerra das Galaxias' de John Williams até 'Os Planetas' de Gustav Holst, pasando por dúas obras creadas específicamente para a ocasión polos compositores galegos Jacobo Gaspar e Antón Alcalde.  
Música | ClásicaPrograma de Abono
RFG Solidaria con Down Compostela Real Filharmonía de Galicia
Sábado 21 abril | 18:30 | Auditorio de Galicia
Real Filharmonía de Galicia Coa fin de achegar a música clásica e a RFG a novos públicos, continúa no Auditorio o ciclo "Descubre unha orquestra para ti, a túa!". Dirixido á audiencia familiar e a quen non ten a oportunidade de asistir habitualmente aos concertos de abono, ofrece condicións especiais e programas reducidos para que todas e todos poidan gozar da mellor música en directo. Como parte do proxecto “RFG Solidaria”, posto en marcha a finais da tempada pasada, cada unha destas actuacións destinarase a dar visibilidade a unha ONG que loita pola defensa da infancia. A terceira delas, adícase á visibilización do labor exercido pola asociación Down Compostela  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Christoph König dirixe a RFG Real Filharmonía de Galicia
Xoves 26 abril | 20:30 | Auditorio de Galicia
Real Filharmonía de Galicia Christoph König, un dos directores convidados habituais da RFG, ponse unha vez máis á fronte da orquestra nun programa que mestura pezas de Brahms, Beethoven e o Concerto para violín núm. 4 de Mozart que interpretará Tasmin Little.  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Mariam Batsashvili no Ciclo de Piano Ángel Brage Ciclo de Piano Ángel Brage
Xoves 3 maio | 20:30 | Auditorio de Galicia
Ciclo de Piano Ángel Brage O terceiro dos concertos que homenaxean esta tempada ao xenial compositor e pianista compostelán Ángel Brage, ten a Mariam Batsashvili como protagonista. Pezas de Bach e Busoni, Mozart, Schubert, Liszt e Beethoven conforman o programa.  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Concerto de fin de tempada Real Filharmonía de Galicia
Venres 25 maio | 20:30 | Auditorio de Galicia
Real Filharmonía de Galicia O director Jaime Martín ponse á fonte da orquestra no último concerto da tempada de abono 2017-2018. Un programa de Ravel, Strauss e Stravinsky que conta con Lucas Macías ao óboe.  

http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1509572374.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1509572374.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org