fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo

Encontro aberto sector cultural Compostela

A Concellaría de Acción Cultural mantén aberto un foro de diálogo e traballo en común entre axentes culturais, persoal técnico, responsables municipais e cidadanía para fomentar a participación da veciñanza nas políticas culturais públicas de Santiago de Compostela e o traballo en colectivo no sector.

O primeiro dos encontros deste 2018 foi o 6 de febreiro e versou sobre a convocatoria de axudas a procesos e actividades culturais, por concorrencia aberta e competitiva para o periodo 2018-2019. Convidouse ás distintas voces que conforman o tecido cultural da cidade a coñecer o borrador desta convocatoria de axudas antes da súa publicación, expoñer e responder dúbidas e contrastar análises e opinións. A iniciativa responde ao compromiso da Concellaría de Acción Cultural coa transparencia e o fomento da participación da veciñanza na actividade municipal.

No segundo dos encontros, o 24 de abril, falarase de promoción das industrias culturais e creativas, o fomento da innovación e a colaboración con outros territorios, coa intervención de Joxean Muñoz Otaegi, viceconselleiro de Cultura do Goberno Vasco, e Berta Álvarez, coordinadora do Centro de Emprendemento Cultural e Creativo de Galicia.

Na terceira das xornadas, o 15 de maio, analizaremos polo miúdo a convocatoria de axudas a procesos e actividades culturais, por concorrencia aberta e competitiva para o periodo 2018-2019, trala súa publicación oficial no BOP. 

Como participar nos encontros?
A participación será aberta, previa inscrición por correo electrónico. Para este terceiro encontro, ata o 15 de maio
Escríbenos a teatroprincipal@santiagodecompostela.gal co asunto #encontrocultura
 
Programa do 1º encontro: Axudas por concorrencia
Programa do 2º encontro: Innovación nas ICC's
Programa do 3º encontro: Aberta convocatoria de axudas. a procesos e activiades culturais

http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org