fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo

ENTROIDO 2018

Santiago celebrará o Entroido do 10 ao 14 de febreiro cun programa de actividades que volverá ter tres citas centrais: o desfile do Meco dende a praza de Cervantes ata o Pazo de Bendaña, o desfile do Martes de Entroido e a Queima do Meco.

 

Sábado de Entroido

O programa do Entroido comezará o sábado día 10 co tradicional desfile do Meco dende a praza de Cervantes ata a do Toural, onde a figura quedará instalada no balcón do Pazo de Bendaña ata o día 14. A comitiva estará animada polas comparsas Os Conformistas de Conxo e A Ruliña do Laraño, e o pregón no Toural correrá a cargo de Carlos Santiago e a banda convidada IGMIG.

 

Domingo de Entroido

Os Conformistas de Conxo encargaranse de animar a xornada cun pasarrúas que partirá do centro de maiores de Conxo ás 10:30 horas, e que percorrerá diversas rúas do Ensanche e da cidade histórica ao longo de toda a mañá. A partir das 12, a Banda Municipal de Música ofrecerá un concerto na compaña do grupo Píscore.

Pola tarde, celebrarase o Festival Infantil de Disfraces na Sala Capitol, con bailes, xogos e obradoiros. Entregaranse premios para o mellor disfrace individual, a mellor parella e o mellor grupo. A entrada é de balde ata completar aforo.

Luns de Entroido

O programa de festas continúa o luns 12 ao mediodía no Pazo de Bendaña. A sede da Fundación Granell acollerá distintos obradoiros cos que aprendermos a facer todo canto se precisa para disfrazarse ao xeito: caretas de boteiro, traxes de pirata, garabatas, gafas e sombreiros. A entrada tamén é libre e as prazas iranse ocupando por orde de chegada.

Martes de Entroido 

A gran cita do Entroido de Santiago será o desfile do martes de Entroido. A principal novidade deste ano é que o punto de partida muda á avenida de Ferrol por mor das obras que se están executando na estación de ferrocarril. Igualmente, as carrozas, comparsas e charangas concentraranse a partir das 17:30 horas e percorrerán as rúas Romero Donallo, Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, República do Salvador, Hórreo e Senra, para rematar na avenida de Xoán Carlos I. A Sala Capitol será o escenario da entrega dos premios ás mellores carrozas, comparsas, grupos, parellas e disfrace individual, así como para as mellores comparsas procedente das parroquias e barrios de Santiago. A festa contará coa actuación de O Sonoro Maxín.

Queima do Meco e outras actividades 

As celebracións do Entroido finalizarán no mércores 14 coa queima do Meco. A figura abandonará a praza do Toural nun desfile no que participará a comparsa A Ruliña de Laraño, e ao que poderán sumarse todos aqueles que o desexen, preferiblemente vestidos de rigoroso loito. A praza Roxa volverá ser o escenario da queima do Meco, animada por Pepe Penabade e Peccata Minuta.

Canda estas citas centrais, a celebración do Entroido inclúe outras propostas, pensadas sobre todo para os nenos e nenas. Así, na rede de centros cívicos celebraranse diferentes obradoiros e actividades lúdicas vinculadas ao Carnaval. Tamén no Pazo de Bendaña se celebrarán obradoiros de Entroido para os máis pequenos, o luns 12 de febreiro. Nenos e nenas aprenderán a facer caretas, disfraces de pirata, garabatas extravagantes ou sombreiros de cores en talleres que serán de entrada libre, ata completar aforo.

 

Xenerais do Ulla 

Ademais destas propostas, máis vinculadas ao centro da cidade, o Entroido de Santiago volverá estar protagonizado pola figura dos Xenerais do Ulla. A primeira parroquia en revivir os atranques será a de Marrozos, o 3 de febreiro. Seguiranlle Angrois, o día 4; Aríns, o 10, e O Eixo, o 11 de febreiro. Este ano, como novidade, o Castiñeiriño sumarase ás parroquias que veñen mantendo o Entroido tradicional dos Xenerais do Ulla cun atranque o 24 de febreiro.

Descarga o PROGRAMA COMPLETO

Consulta o CALENDARIO dos atranques e enfrontamentos dos Xenerais da Ulla


http://www.santiagoturismo.com/files/2018/02/compostelaneafebreiro2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/02/compostelaneafebreiro2018webesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.santiagodecompostela.gal/imxd/noticias/doc/1517302874programa_entroido18_Paxinas_web_.pdf
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org