fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo

Residencias Escénicas Sala Agustín Magán

O Concello de Santiago abriu, por segundo ano, a convocatoria de residencias de creación artística e estadías técnicas para proxectos de artes escénicas na Sala Agustín Magán, no CSC de Santa Marta. Dirixida a compañías e creadores e creadoras de artes escénicas profesionais con sede en Galicia, ten como obxectivo dar apoio loxístico ao sector poñendo ao seu dispor este espazo público.

Asemade, a Concellaría de Acción Cultural está a desenvolver unha política activa de fomento de novos públicos e neste sentido, solicítalle aos seleccionados e seleccionadas, a cambio deste apoio de residencia, que poñan en marcha algunha actividade de mediación coa comunidade local. A sala Agustín Magán é un novo espazo de artes escénicas da cidade que se atopa no barrio de Santa Marta. Dentro da convocatoria de residencias, aquí recollemos as actividades (ensaios abertos, conferencias, coloquios, work in progress...) que se poderán ver de xaneiro a xuño do 2018.

- PROGRAMACIÓN ABERTA AO PÚBLICO DAS RESIDENCIAS

Residencias Escénicas
RESIDENCIAS PARAÍSO Encontro seleccionadas /os
Xoves 29 novembro | 00:00 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Encontro seleccionadas /os Neste 2018 celébrase unha nova edición de Residencias Paraíso, proxecto do Colectivo RPM e a AGADIC, que ofrece unha serie de residencias artísticas para desenvolver proxectos de investigación ou creación en distintas cidades galegas.  
Residencias Escénicas
‘Huella’ María Move Mostra do 'working-progress' e debate co público
Venres 29 xuño | 18:00 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Mostra do 'working-progress' e debate co público Consistirá nunha proxección do traballo audiovisual e pequena mostra de movemento froito da investigación durante a residencia. Propoñen un espazo de debate posterior a mostra do "working-progress" da mesma, para compartir co público o proceso da creación e formulación da peza.  
Residencias Escénicas
‘Nómades’ Xarope Tulú Adicado ao público infantil e xuvenil
Venres 8 xuño | 18:00 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Adicado ao público infantil e xuvenil Nómades, é un espectáculo dedicado ao público infantil e xuvenil onde o movemento, a música e a palabra nos convidan a viaxar por paisaxes singulares. Somos nómades, transitamos sen morada nin corpo fixo.  
Residencias Escénicas
‘Carpe Diem’ Producións Excéntricas Ensaio aberto e posterior coloquio
Xoves 31 maio | 18:00 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Ensaio aberto e posterior coloquio Inspirada na sesión que a compañía xa fixo con motivo da residencia d’A Cabeza do Dragón, farán un ensaio aberto con demostración didáctica de todos os estratos do acto teatral, dende a intención previa até a execución harmónica das distintas linguaxes que conflúen no teatro: a luz, a música , o vestiario, o espazo, a marcación escénica e o uso lúdico do espazo por actrices e actores.  
Residencias Escénicas
Curso de escrita teatral Textura e musculatura
Varias datas | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Textura e musculatura O profesor Afonso Becerra de Becerreá e a dramaturga convidada AveLina Pérez proponén converter a letra en movemento, encontrar o ritmo que canaliza o sentido da escrita. Traballar textos e texturas. Buscar as sensacións físicas e os efectos cognitivo-emocionais xerados pola escrita.  

Histórico

Residencias Escénicas
‘Ohlimpiadas!’ Desincronacidas Mostra do proceso de creación. Work in progress
Venres 11 maio | 2018 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Mostra do proceso de creación. Work in progress Que pasaría se a nosa vida fora retransmitida coma o Tour de Francia ou coma os saltos sincronizados...? E se nos comportásemos coma cert@s deportistas na nosa rutina diaria? Este espectáculo basease no cotiá da vida retransmitida coma un deporte en directo para crear un mundo rexido polo absurdo, onde o xesto deportivo e o mundo real mestúranse nunha quimera de disparate continuo.  
Residencias Escénicas
Chosco! De Circo Chosco
Sábado 28 abril | 2018 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
De Circo Chosco ‘Chosco!’ é o espectáculo que nos ofrecen no marco da residencia na que prepararon ‘Riscando o ceo’. Trátase dun espectáculo case sen palabras e para todos os públicos, mestura de comedia e circo, que da como resultado unha obra cómica, con técnica de clown, chea de acrobacia, malabar, lume, moitas interaccións co público nun show moi visual e participativo.  
Residencias Escénicas
‘Orquestra de Malabares’ Pistacatro Música e malabares
Xoves 15 marzo | 2018 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Música e malabares A proposta escénica versa sobre as aventuras que lles acontecen a dúas compañías de artistas (malabaristas e músicos) ao chegar ao momento de actuación perante o público.Conta coa actuación conxunta da Banda Municipal de Música de cada vila ou cidade de Galicia onde se celebre o espectáculo e un grupo de 6 malabaristas-actores.bailaríns.  
Residencias Escénicas
‘Masa Madre & Sal Marina’ Funboa Escénica Charla do proceso e fragmento do espectáculo
Sábado 10 marzo | 2018 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Charla do proceso e fragmento do espectáculo Propoñen un encontro de mediación no que falarán deste proceso creativo facendo pequenas achegas escénicas do que foi masa madre e do que chegou a ser e intentando xerar comunicación cos asistentes nunha conversa aberta sobre artes escénicas.  
Residencias Escénicas
'A carreta pantasma’ Paula Carballeira Representación da obra
Venres 9 marzo | 2018 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Representación da obra A compañía Berrobambán presenta "A carreta pantasma" é un espectáculo singular no que se afonda entre os límites da narración oral e o teatro. É, por tanto, un exercicio de sinxeleza ao levar á escena o poder da palabra amplificada con elementos de significación escénica. Escenificación da rodaxe dunha película de medo  
Residencias Escénicas
Curso de escrita teatral Textura e musculatura
Sábado 3 marzo | 2018 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Textura e musculatura O profesor Afonso Becerra de Becerreá e a dramaturga convidada AveLina Pérez proponén converter a letra en movemento, encontrar o ritmo que canaliza o sentido da escrita. Traballar textos e texturas. Buscar as sensacións físicas e os efectos cognitivo-emocionais xerados pola escrita.  
Residencias Escénicas
‘Este es de aire, el otro de agua’ Kokoharuka Conferencia e posterior debate
Sábado 24 febreiro | 2018 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Conferencia e posterior debate ‘Este es de aire, el otro de agua’ é un espectáculo dirixido por Hattori e protagonizado por David Loira, que fala de como o crecente mundo virtual afecta á nosa liberdade, á nosa privacidade e ás nosas relacións transformando a nosa identidade.  
Residencias Escénicas
'Nimiedades' Presentación do traballo en proceso con posterior charla
Sábado 27 xaneiro | 2018 | Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Presentación do traballo en proceso con posterior charla 'Nimiedades' son 13 caixas de agasallo. 13 accións escénicas levadas a cabo por Helen Bertels e Mónica de Nut, que protagonizan a primeira das residencias deste ano na sala Agustín Magán (CSC Santa Marta). A concellaría de Acción Cultural abriu a segunda convocatoria de residencias de creación artística e estadías técnicas para proxectos de artes escénicas e 'Nimiedades' está do 22 de xaneiro ao 6 de febreiro. Propoñen esta presentación ao público do traballo que están facendo cunha charla a continuación.  

http://www.santiagoturismo.com/files/2018/05/compostelaneamaio2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/05/compostelaneamaio2018webesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org