fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo

Axudas procesos e actividades culturais

Acción Cultural destina 150.000 euros ao financiamento de procesos e actividades culturais

Co obxectivo de fomentar a autonomía e a consolidación do tecido cultural da cidade e paliar a precariedade laboral do sector, a Concellaría abre unha convocatoria competitiva de axudas a procesos e actividades culturais desenvolvidas por profesionais e entidades sen ánimo de lucro. A resolución dispón un fondo total de 150.000 euros co que as persoas e colectivos solicitantes poderán financiar até o 80% dos proxectos presentados. Entre os aspectos salientables das novas bases, figura a posibilidade de percibir un adianto do 80% da axuda concedida trala resolución da concesión para aquelas actividades realizadas en 2018.

Modalidades e solicitantes

As axudas distinguen dúas modalidades con beneficiarios e orzamentos diferentes:

Por unha banda, diríxese a persoas físicas e xurídicas, empresas, agrupacións e asociacións dedicadas profesionalmente á produción de actividades culturais e artísticas con sede social en Galicia. A dotación total desta modalidade é de 100.000 euros. O importe máximo para cada proxecto poderá chegar aos 15.000 euros e supor até o 80% do custo da actividade subvencionable.

Pola outra, convoca a asociacións e entidades sen ánimo de lucro, dedicadas á produción de actividades culturais que tamén desenvolvan a súa actividade na nosa comunidade. Neste caso, disponse dunha contía total de 50.000 euros. O importe máximo para cada proxecto poderá chegar aos 5.000 euros e  supor até o 80% do orzamento da actividade. 

Actividades subvencionables e prazo de presentación

A convocatoria busca abeirar actividades culturais e artísticas de amplo espectro orientadas a todo tipo de públicos e idades, que respondan aos criterios xerais de valor artístico, interese social, innovación, diversidade, redistribución territorial, desestacionalización da oferta cultural e traballo en rede. Subvencionaranse accións e procesos de natureza cultural dirixidos a diversificar a oferta cultural municipal en calquera das súas manifestacións. A convocatoria acollerá, así, festivais, ciclos de programación, actuacións de teatro, danza, circo, maxia, performance, arte en acción, concertos, arte sonora, poesía, audiovisuais, exposicións, laboratorios e calquera outro tipo de accións multidisciplinares que se desenvolvan do 1 de xaneiro de 2018 ao 31 de maio de 2019.

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días hábiles, contados a partires do día seguinte da publicación da convocatoria no BOP. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello de Santiago de Compostela ou calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Comisión avaliadora e criterios

Para a concesión das axudas, en réxime aberto de concorrencia competitiva, comporase un tribunal avaliador que será presidido polo director-xerente do Auditorio de Galicia, e contará cun equipo de vogais composto por dous técnicos da área de cultura e dous representantes do sector, amais dun secretario que actuará con voz pero sen voto.

Na avaliación das propostas teranse en conta os seguintes criterios:

·       A traxectoria do proxecto, até 3 puntos

·       A traxectoria dos solicitantes, até 4 puntos.

·       A innovación ou a inexistencia de actividades semellantes no ámbito ao que se dirixe, até 10 puntos.

·       A creación de novos públicos, até 4 puntos.

·       A integración da perspectiva de xénero, até 4 puntos.

·       A posta en valor do patrimonio cultural material e inmaterial , até 3 puntos.

·       O equilibrio territorial na oferta cultural con especial atención ao rural, teranse en conta as accións que o proceso ou actividade desenvolva fóra do ámbito urbano, até 6 puntos.

·       O co-financiamento, até un máximo de 6 puntos  a razón de 1 punto por cada 10% de financiamento externo á organización desta esta convocatoria

Resolucións

Logo da avaliación das propostas, a Xunta de Goberno ditará resolución no prazo máximo de catro meses desde que conclúa o prazo de presentación de solicitudes. Será motivada e mencionará as persoas e entidades beneficiarias e a contía das axudas concedidas. A relación e beneficiarios e o importe de axudas concedidas serán publicados na sede de Transparencia da Actividade Pública da páxina web da Concellaría de Acción Cultural: compostelacapitalcultural.gal

 

Adxuntos

Música | ClásicaPrograma de Abono
Concerto de fin de tempada Real Filharmonía de Galicia
Venres 25 maio | 20:30 | Auditorio de Galicia
Real Filharmonía de Galicia O director Jaime Martín ponse á fonte da orquestra no último concerto da tempada de abono 2017-2018. Un programa de Ravel, Strauss e Stravinsky que conta con Lucas Macías ao óboe.  
Música | ContemporáneaX. Música Contemporánea
Xornadas de Música Contemporánea con Rafael Yebra Música, memoria e emoción
Mércores 13 xuño | 20:30 | Auditorio de Galicia
Música, memoria e emoción O saxofón é o protagonista desta xornada na que Jesús González estrea versión versión para saxofón soprano só de Señales-trumpet* (2010-2018).  
Música | ContemporáneaX. Música Contemporánea
O pulso da Fala, XMC 2018 Xornadas de Música Contemporánea 2018
Xoves 14 xuño | 20:30 | Auditorio de Galicia
Xornadas de Música Contemporánea 2018 José Vicente Faus, Fernado Buide del Real e as/os alumnos da Escola de Altos Estudos Musicáis (EAEM), interpretarán diferentes obras de compositores contemporáneos como Martin Bresnick, John Bergamo, John Cage ou Fernando Buide.  
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
Día Europeo da Música. Xornadas de Música Contemporánea 170 anos da BMSC e 70 anos da BMMC
Xoves 21 xuño | 20:30 | Auditorio de Galicia
170 anos da BMSC e 70 anos da BMMC Concerto conmemorativo para celebrar os aniversarios de dúas bandas de música galegas os 170 anos da de Santiago e os 70 da de A Coruña  
Música | ContemporáneaX. Música Contemporánea
Duo Finisterrae. 10 anos de música XMC 2018 Xornadas de Música Contemporánea 2018
Martes 26 xuño | 20:30 | Auditorio de Galicia
Xornadas de Música Contemporánea 2018 Con este concerto, o Duo Finisterrae celebra 10 anos de traxectoria, presentado un programa moi especial e estreitamente ligado aos seus encontros persoais e profesionais así como ás súas experiencias musicais durante esta década de traballo conxunto.  

Exposicións

Arte | Fotografía
Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia 1956-1976 Un proxecto ao coidado de Anxo Rabuñal
Mércores 9 maio / Domingo 7 outubro |Auditorio de Galicia
Un proxecto ao coidado de Anxo Rabuñal Esta exposición –coproducida entre o Concello de Santiago de Compostela e o Concello de A Coruña– e que conta coa colaboración de Agar Ledo, recupera a crónica fotgráfica das sete campañas que Francesc Català-Roca realizou en Galicia entre 1956 e 1976, nas que retratou luminosamente e con humor a vida cotiá das persoas, o traballo, a festa, o Ano Santo de 1965, o Burgo das Nacións e a contemporánea irrupción do turismo.  

http://www.santiagoturismo.com/files/2018/05/compostelaneamaio2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/05/compostelaneamaio2018webesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org