fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo

Búsqueda

Mediación Cultural Residencias Escénicas Agustín Magán
‘Este es de aire, el otro de agua’ Kokoharuka Conferencia e posterior debate
Sábado 24 febreiro | 17:00 |Sala Agustín Magán (Santa Marta)
‘Este es de aire, el otro de agua’ é un espectáculo dirixido por Hattori e protagonizado por David Loira, que fala de como o crecente mundo virtual afecta á nosa liberdade, á nosa privacidade e ás nosas relacións transformando a nosa identidade.
Teatro Teatro&Danza
Me llamo Suleimán Compañía Una hora menos
Sábado 24 febreiro | 18:30 |Teatro Principal
Adaptación teatral da novela homónima escrita por Antonio Lozano. Unha produción da compañía canaria Una hora menos, protagonizada por Marta Vieira.
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
Converxencias BMSC & Grupo Canto D'aquí & Uxía Senlle
Domingo 25 febreiro | 12:00 |Teatro Principal
A Banda Municipal de Música de Santiago nesta ocasión estará acompañada polo grupo portugués Canto D'aquí e a cantante galega Uxía Senlle
Didácticos Programa Didáctico
Libres e diversos Didácticos Audiovisuais
Luns 26 febreiro |Auditorio de Galicia
Esta sesión abordará a través do audiovisual a atención á diversidade no noso contexto social, centrándonos en 2 temas principais: a aceptación da homosexualidade e, por extensión, da(s) condición(s) sexuais das persoas integrantes do colectivo LGBTI e o problema do racismo e a xenofobia, que a través das pezas audiovisuais poderemos enlazar con temas de plena actualidade, máis alá do contido audiovisual (represión LGBT en Chechenia, auxe da extrema dereita en Europa, crise dos refuxiados…)
Didácticos | MúsicaPrograma Didáctico
Xogo de pillabáns Zoar
Varias datas|Teatro Principal
Xogo de Pillabáns é unha obra de teatro musical, baseada nunha Novela Ejemplar de Miguel de Cervantes Saavedra. Nesta produción os intérpretes actúan como os personaxes da historia interactuando co público. A historia de Rinconete y Cortadillo narra as aventuras de dous mozos duns 15 anos, Pedro del Rincón e Diego Cortado, que se coñecen, na Venta del Molinillo, despois de escapar da casa en busca de cartos e liberdade.
Arte Mediación cultural
Visitas e talleres '10º premio Auditorio de Galicia' Até o 28 de febreiro. Centros educativos e familias
Luns 12 - Mércores 28 febreiro | 10:00 |Auditorio de Galicia
A décima edición dos premios reúne traballos de 37 artistas que desde diferentes disciplinas como a pintura, escultura, cerámica, instalación, vídeo, fotografía, videoperformance, accións.... enchen a sala de exposicións Isaac Díaz Pardo de enerxía e bo facer. Berio Molina –primeiro premio, cunha peza que produce son; Carlota de Leal –segundo premio, cun mural e Brais Rodríguez –accésit, cun debuxo seriado sobre papel, son os creadores recoñecidos que obtiveron galardón.
Música | ClásicaPrograma de Abono
Complicidade entre Vicente Alberola e Paquito d'Rivera Real Filharmonía de Galicia
Xoves 1 marzo | 20:30 |Auditorio de Galicia
O director de orquestra Vicente Alberola á fronte da RFG amosaranos a complicidade que ten con Paquito d'Rivera onde interpretarán obras do propio clarinetista e de compositores como Piazzolla, Mozart e Cervantes
Arte Mediación cultural
Taller de fabricación de arame espiño personalizado Talleres ‘Global Complexity’ Amine Asselman
Xoves 1 marzo | 16:00 |Zona "C"
Os talleres propostos en torno ao proxecto ‘Global Complexity’ están pensados para complementar a idea da intervención de Amine Asselman na Zona "C": a conectividade fronte ás barreiras. Este primeiro taller trata o tema das barreiras espaciais e culturais.
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
Concerto para maiores Banda Municipald de Música de Santiago
Venres 2 marzo | 12:00 |Centro 3ª Idade Porta do Camiño
Continuando coa programación itinerante co obxectivo de achegar a música a todos os nosos maiores a Banda Municipal de Música, visitará a residencia dá 3º idade Porta do Camiño.
Arte Mediación cultural
Taller de creación sonora Talleres ‘Global Complexity’ Amine Asselman
Venres 2 marzo |Zona "C"
Un taller na Zona "C" no que Amine Asselman segue a traballar na conectividade fronte ás barreiras. Neste segundo taller o artista –en dous grupos– propón un xogo de interactividade e conectividade a través do son.
Música | Varios
MUSIC HAS NO LIMITS Sen máis límite que a imaxinación
Venres 2 marzo | 21:00 |Auditorio de Galicia
É posible evocar nun mesmo show unha noite na Ópera de París, a festa dance dun club ibicenco, a calor dun local de jazz en Nova Orleans ou a enerxía dun macroconcerto de rock? Por que non poden convivir nun escenario? Por que a música ten que ter límites? Music Has Non Limits (MHNL) é o espectáculo que rompeu os esquemas dos shows musicais. Todo é novo, sorprendente e inclasificable en MHNL, onde non hai máis límite que a imaxinación.
Teatro Teatro&Danza
Resaca ilMaquinario Teatro
Venres 2 - Sábado 3 marzo | 20:30 |Teatro Principal
No verán de 2016, os membros de ilMaquinario Teatro deciden xuntarse co ánimo de reconstruír a súa propia memoria xeracional e familiar a través da historia dunha persoa común que desapareceu e marcou as súas vidas: Álex. Os restos que esta persoa deixa en forma de cadernos, diarios, investigacións sobre a súa familia, lembranzas e fotografías, son os materiais empregados como punto de partida para unha investigación que tamén se converte en descuberta persoal por parte de cada un deles.
Didácticos | TeatroPrograma Didáctico
Osiño Trompicallo, S.C.
Varias datas|Teatro Principal
A vida nun anaquiño de fraga transfórmase coa chegada das diferentes estacións. Neste lugar vive Osiño coa súa mamá. Con eles pasaremos un inverno no que Osiño ten moito frío, pero a súa mamá vaille ensinar o que un oso debe facer para non telo e poder xogar coa neve. Na primavera coñeceremos ao avó de Osiño, que lle contará o seu conto favorito, o de cando a súa mamá, de pequena, coñeceu a un paporrubio. Polo verán Osiño levaranos a dar un longo e fantástico paseo nocturno, para poder levarlle á súa mamá un pedazo de queixo moi especial. E no outono, celebraremos con el e os seus amigos Porquiño, Coello e os Ratos o seu aniversario.
Música | ClásicaPrograma de Abono
Orquesta sinfónica del Principado de Asturias Rossen Milanov, director
Xoves 8 marzo | 20:30 |Auditorio de Galicia
O director titular da OSPA Rossen Milanov e a violinista Leila Josefowicz nos presentará un variado repertorio onde interpretarán obras de Bernstein, Zimmermann e Prokofiev
Mediación Cultural Residencias Escénicas Agustín Magán
'A carreta pantasma’ Paula Carballeira Representación da obra
Venres 9 marzo | 19:00 |Sala Agustín Magán (Santa Marta)
A compañía Berrobambán presenta "A carreta pantasma" é un espectáculo singular no que se afonda entre os límites da narración oral e o teatro. É, por tanto, un exercicio de sinxeleza ao levar á escena o poder da palabra amplificada con elementos de significación escénica. Escenificación da rodaxe dunha película de medo
Teatro Teatro&Danza
Emilia. Mujeres que se atreven (Parte 1) Teatro del Barrio
Sábado 10 marzo | 20:30 |Teatro Principal
"Emilia. Mujeres que se atreven" amosa a loita dunha muller, Emilia Pardo Bazán que, cara a fin do século XIX, porfía en ser ela mesma, conducirse de acordo cos seus desexos e vontade de escribir e participar na vida pública.
Mediación Cultural Residencias Escénicas Agustín Magán
‘Masa Madre & Sal Marina’ Funboa Escénica Charla do proceso e fragmento do espectáculo
Sábado 10 marzo | 19:30 |Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Propoñen un encontro de mediación no que falarán deste proceso creativo facendo pequenas achegas escénicas do que foi masa madre e do que chegou a ser e intentando xerar comunicación cos asistentes nunha conversa aberta sobre artes escénicas.
Música | ClásicaPrograma Didáctico
O carnaval dos animais de C. Saint-Saëns REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Varias datas|Auditorio de Galicia
En 1886 Camilo Saint-Saëns escribiu esta obra instrumental moi divertida na que quixo que aparecesen moitos animais: leóns, elefantes, galiñas, tartarugas, canguros, asnos, cisnes, peixes e varios máis. Compuxo a música como broma para un día de entroido, así que comprobaredes que ten música moi alegre con toques de bo humor. Cada animal ou animais ten asignado un instrumento musical. Son 14 pequenos fragmentos adicados cada un deles a un animal distinto.
Música | ClásicaPrograma de Abono
Suite española Real Filharmonía de Galicia
Xoves 15 marzo | 20:30 |Auditorio de Galicia
A pianista Rosa Torres Pardo e a cantaora Rocío Márquez protagonizan o segundo dos concertos do Ciclo de Piano Ángel Brage, cun programa no que conviven obras de Granados, Albéniz e Falla.
Mediación Cultural Residencias Escénicas Agustín Magán
‘Orquestra de Malabares’ Pistacatro Música e malabares
Xoves 15 marzo | 18:00 |Sala Agustín Magán (Santa Marta)
A proposta escénica versa sobre as aventuras que lles acontecen a dúas compañías de artistas (malabaristas e músicos) ao chegar ao momento de actuación perante o público.Conta coa actuación conxunta da Banda Municipal de Música de cada vila ou cidade de Galicia onde se celebre o espectáculo e un grupo de 6 malabaristas-actores.bailaríns.

http://www.santiagoturismo.com/files/2018/02/compostelaneafebreiro2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/02/compostelaneafebreiro2018webesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org