fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
ZTC (Zona Temporalmente Controlada)
Arte | Vídeo/Instalacións
ZTC (Zona Temporalmente Controlada)
Unha intervención por Ergosfera para a Zona C
ZTC é un proxecto sobre a videovixiancia, como dispositivo de control, presentado no marco de colaboración co Máster en Arte, Museoloxía e Critica Contemporáneas da USC, comisariado por Cristina Canto.
que

En palabras do colectivo Ergosfera, deseñadores deste proxecto artístico:

‘O control a través da videovixiancia é unha temática xa traballada desde os anos 60 (Les Levine, Nam June Paik, etc) como ferramenta creativa para a realización de obras artísticas que leven unha crítica aos mecanismos de control da sociedade contemporánea. En traballos como Faceless de Manu Luksch o The Duellists (2007) de David Valentine y Mediashed, elabóranse novas narracións a partir de imaxes tomadas polos sistemas CCTV que poboan o espazo público. En traballos como o de Bansky as cámaras convértense nun personaxe máis do imaxinario que utiliza o autor para describir o mundo, reproducido en moitas das súas intervencións até a explícita One Nation Under CCTV, que perfectamente podería ser un lema global para un mundo industrializado permanentemente vixiado. Na intervención ZTC, as cámaras móstranse por tanto dentro do seu novo hábitat natural, o espazo urbano, pero presentándose como ferramenta que conecta o espazo expositivo co ciberespazo a través da súa emisión en directo a modo de reality show (...) ZTC pon en valor a decisión do habitante a ser observado, cuestionando así as cámaras ocultas e inaccesibles e a consecuente percepción de vixiancia constante introducida no noso subconsciente’.

O proxecto pode descubrirse na Zona C atá o próximo mes de febreiro de 2014.

 

ERGOSFERA. Ergosfera somos un grupo de arquitect@s sen papeis que desenvolvemos traballos de acción-investigación dende A Coruña.  Aínda que entre as nosas actividades se encontran a organización de obradoiros, conferencias, debates, exposicións ou intervencións directas no espazo urbano, nos últimos tempos o noso traballo tomou a forma de micro-investigacións críticas sobre os procesos que conforman a cidade contemporánea: "¿Como se produce hoxe a diferenza? Guantánamo e outros Territorios de Excepción", sobre a composición das máquinas urbanísticas capaces de producir e soster a diferenza radical; "¡Eu si quero feísmo na miña paisaxe!" sobre as calidades duns territorios que, tras ser deostados como improdutivos e feos, necesitan novos relatos e argumentos para manter aberta a súa posibilidade; ou "Inditex / Cidade / Capital", sobre as materializacións do capitalismo a través do caso de Inditex na Coruña metropolitana. O posicionamento crítico destas prácticas-teorías baséase na nosa condición de arquitect@s nun contexto no que o Estado e o Mercado son institucións irrisorias sen capacidade para pensar cuestións como a diferenza, o desexo, a inxustiza ou a liberdade. Respondendo a banqueiros, catedráticos, especuladores ou concelleiros de seguridade cidadá, case nos vemos como terroristas urbanísticos. Respondendo a Koolhaas, somos simplemente “partidarios” da cidade. Unha actividade, por suposto, por agora non remunerada.

Ergosfera somos un grupo variable de persoas que nos reunimos de cando en vez, case nunca polas mañás, para desenvolver actividades relacionadas coa investigación sobre os fenómenos urbanos que nos interesan.

 O noso traballo pódese consultar en: www.ergosfera.org/blog

 - - -

CRISTINA CANTO. Comisaria. Arquitecta pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña ETSAC, Universidade dá Coruña en xaneiro 2010. Investigación e traballo fotográfico para o libro "Habitares: os lugares dos cidadáns" e posterior exposición no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela en decembro 2008. Colaboradora con Ergosfera en proxectos de investigación urbana como "Cidade dos Barrios" 2009. Colaboradora no Estudo de Arquitectura de CREUSeCARRASCO arquitectos, en traballos de investigación como "A Cidade Intuida" 2011. Realización do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas 2011-2012, en xuño 2012.

 

cando e onde
Mércores 20 novembro 2013 / Domingo 16 febreiro 2014
  Zona "C"San Domingos de Bonaval 1981 574 152

horario
Horario da exposición: De martes a venres de 17.00 a 20.00 h Sábados e domingos de 11.00 a 14.00 e de 17 a 20.00 h Luns pechado Este horario está suxeito a modificacións. A zona C é unha sala de uso múltiple.

de interese
No acto inaugural terá lugar un debate entre tres
expertos invitados que, desde una perspectiva crítica e positiva, falarán sobre a proliferación de estos sistemas en casi todas as ciudades del mundo.
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1496321216.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1496321216.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org