fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
[sic] un proxecto de Joan Morera Arbones
Arte | Varios
[sic] un proxecto de Joan Morera Arbones
Comisariado por María Marco Covelo. Desde 13 de abril
Abre o 13 de abril a segunda das intervencións seleccionadas na modalidade de proxectos de comisariado e dentro da convocatoria de apoio á creación en artes visuais e que dan forma á programación da Zona "C", espazo multidisciplinar dependente da Concellaría de Acción Cultural de Santiago de Compostela.
que

Z.

[Capítulo 0. [sic]]

 

 

Viaxo para coñecer a miña xeografía

Réja, Marcel. (1907) L´art chez les fous [A arte nos tolos] París.

 

 

Sobre a memoria, o tempo, a paisaxe e a fotografía como medio trata o proxecto expositivo que presenta Joan Morera Arbones en Zona “C”. [sic] son dúas derivas dunha mesma proposta. [sic] e More(i)ras comparten, como punto de partida, o álbum fotográfico da avoa do artista. (sic) conta a historia de Fefu, refuxiada durante a Guerra Civil en Francia e emigrante nos 50 en Arxentina, pero faino a través dos retratos que Fefu se toma cando volve, como nunha sorte de ritual, aos escenarios do seu pasado. As súas imaxes, retratos da fotográfia amateur na era Kodak, son viciosas repeticións de pose e composición que implican unha construción subxectiva da paisaxe. A instalación mostra este arquivo acompañado dunha entrevista que realiza, case como un xogo, o Joan de 1996, na que Fefu relata como tras o fusilamento do seu pai deciden emigrar. A entrevista funciona como catalizador e preséntase como peza textual xunto ao seu arquivo sonoro; de aí o título, sic erat scriptum, ‘así foi escrito’

Un punto de inflexión na biografía de Fefu, xa que supón o reencontro cos seus catro irmáns despois de 35 anos sen vérense, foi a viaxe ás Cataratas do Iguazú; Morera decide repetir en solitario esa viaxe trinta anos despois e xorde More(i)ras, unha volta máis aos clichés da fotografía amateur. Alí fotografa a mulleres mentres posan para outros en lugares turísticos ou persegue descoñecidas nas rúas de Oberá nun aséptico e certamente sinistro vouyerismo que o vincula coa liña pseudonarrativa do postconceptual francés de Sophie Calle ou Christian Boltanski.

Morera deslízase entre o íntimo e o político ou o subxectivo e o documental declinando a súa práctica nun exercicio postpaisaxístico, apropiándose de historias xa existentes que re-escribe e samplea nunha sorte de postproducción (seguindo a Borriaud), de síntese entre a investigación académica e a implicación emocional. O seu traballo parte do fotográfico pero expándese espacialmente nun exercicio escultórico, de implicación e sintaxe do display, creando un environment de paradoxo e reconciliación entre realidade e memoria.

María Marco Covelo, comisaria

cando e onde
Mércores 13 abril / Domingo 22 maio 2016
  Zona "C"San Domingos de Bonaval 1981 574 152

horario
de martes a sábado de 16.00 a 20.00h domingos de 14.00 a 19.00h luns pechado

de interese
De balde
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org