fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
O rapto de Europa
Arte | Vídeo/Instalacións
O rapto de Europa
Marcos Covelo
A ‘bandeira’: anaco de tea normalmente rectangular, suxeito por un dos seus lados a unha hasta ou driza, é comunmente utilizada para representar unha persoa ou grupo de persoas. A bandeira pode representar diferentes estratos de lectura cambiando a súa forma, cor, dimensións e a distribución dos diferentes elementos que poida conter. Atribúese á ‘bandeira’ o principio de especificidade, no sentido de algo propio.
que

Marcos Covelo cuestiona na peza El rapto de Europa a concepción e representación da bandeira da UE prestando especial atención á situación actual de Europa ao abeiro do contexto económico, social e político.

Segundo o poeta Carlos Oroza, a bandeira ‘só é un anaco de tea para taparse, unha saba’. Para Marcos Covelo esta apreciación toma sentido co paso do tempo ao achegarse a traballos onde a bandeira se emprega como elemento de discurso íntegro, tendo que retractarse dun pensamento atenuado de prexuízos. 

A crise mundial financeira que se desencadea en 2008 comeza tamén a cuestionar os alicerces básicos sobre os que se sustentan os principios da UE.  O descontento social en Europa é evidente. As diferenzas culturais e identitarias –baseadas principalmente nunha economía que mingua e pouco ecuánime– xogan un papel importante neste desequilibrio. Marcos Covelo revisa o acontecido e estuda e investiga sobre a creación da UE e especialmente sobre o emblema que a representa; reflexiona tratando de entender os valores que formalizaron o Consello Europeo (organización totalmente independente da UE) e como se formaliza a Unión Europea adoptando a bandeira deseñada por Arsène Heitz en 1995. 

Unha bandeira con fondo azul escuro e doce estrelas douradas equidistantes que forman un círculo, e que, a diferenza do que se pensa, non representa os primeiros doce estados membros, senón que representa os ideais de unidade, solidaridade e harmonía dos pobos de Europa. Foi adoptada en 1985 polos xefes de estado e goberno da UE.  

É moi interesante como algún dos deseños previos crearon discrepancias entre os países membros da Comisión –principalmente por motivos relixiosos– e como finalmente Heitz creou o deseño definitivo inspirado nun cadro da Anunciación da Virxe María, creando así unha reflexión en canto á diversidade que debe representar unha bandeira. 

 

Marcos Covelo (Vigo, Pontevedra, 1985). Marcos Covelo comeza os estudos de belas artes en 2004 na Facultad de Bellas Artes de Miguel Fernández de Altea. En 2007, outorgáronlle unha bolsa Erasmus para estudar na University Art&Desing de Coventry (Inglaterra), viaxando a Hongzou (China) para participar nun intercambio-evento cultural ‘Media Art & Prodution’ realizado durante os meses de novembro e decembro do mesmo ano. Un ano máis tarde trasládase a estudar en Barcelona onde remata a carreira en 2010. Ao ano seguinte completa a súa formación académica co Máster de arte contemporánea, creación e investigación na Facultade de Belas Artes de Pontevedra (2011). Este mesmo ano concédenlle unha bolsa de prácticas Erasmus en Berlín, onde residiría ata 2014. Actualmente vive e traballa en Pontevedra. 

A súa carreira artística réxese por algúns dos seguintes premios que cómpre destacar: en 2009, é premiado no VIII Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense, un ano despois obtén a bolsa Novos Valores 2016 da Deputación de Pontevedra (2011). Entre as exposicións cabe destacar: ‘VIII Premio de Artes Plásticas’, Ourense, 2009; ‘Novos Valores 2010’ no Museo de Arte Contemporánea de Pontevedra; ‘TFM #0’, Fundación RAC, Pontevedra, 2011; en 2012,  ‘Afinidades selectivas 5’ Casa Galega da Cultura, Vigo; ‘Friction’!’ na Home Base Lab en Berlin; XII Premio Isaac Díaz Pardo, Deputación da Coruña; Oitavo premio Auditorio de Galicia para novos artistas, 2012; Sétimo premio Auditorio de Galicia para novos artistas, 2014; ‘Ceci n’est pas un Mur’, sala Alterarte, Ourense. En 2015 leva a cabo a súa segunda exposición individual ‘The answers are blowin in the wind’, Fundación RAC, Pontevedra. En 2016 destaca a colectiva ‘Sin Respeto’ na galería Combustión Espontánea, Madrid ou a 14º Mostra Gas Natural no MAC, A Coruña.

cando e onde
Venres 1 xuño / Domingo 29 xullo 2018
  Zona "C"San Domingos de Bonaval 1981 574 152

horario
Entrada libre de martes a sábado de 16.00 a 20.00 h domingos de 14.00 a 19.00 h luns pechado

de interese
Calquera modificación na hora e día de inauguración será anunciada con antelación Web - marcoscovelo.com
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/04/compostelaneaabril2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/04/compostelaneaabril2018webesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org