fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Híbrido
Arte | Vídeo/Instalacións
Híbrido
Aarón Sanromán
Aarón Sanromán presenta un proxecto colaborativo que unifica a paisaxe natural e a dixital para reivindicar a memoria xeográfica. Unha vez realizada a selección das paisaxes, o artista levará a cabo unha instalación de video-mapping nos entornos naturais na que traballará sobre paisaxes secas en desuso e a inundará coa auga dixital, realizando logo unha sesión de fotos e vídeo que serán exhibidos na Zona “C”.
que

A liberdade relativa do suxeito busca no obxecto o que este perdeu o consolidarse como tal nun espazo-tempo” 

(Boris Groys)

Aarón unifica a paisaxe natural e a dixital contrapoñendo o desuso ou o paso do tempo ocasionado na paisaxe natural co alegórico e artificial. Xera así o que denomina paisaxe híbrido virtual. Desta maneira, a configuración espacial será tomada como o obxecto alegórico que define a nosa historia e a unifica coma elemento documental. 

Según Zygmunt Bauman, “a hibridación é unha declaración de independencia coa esperanza de que veña acompañada de soberanía nas prácticas”, así “a cultura híbrida ilustra a liberdade de entrar e saír libremente nos sitios nun mundo entrecruzado de valos e cortado en anacos de soberanía fixados territorialmente”. 

Aarón Sanromán abre o proxecto para que sexa colaborativo, invitando á recepción de vídeos a través de varias redes sociais ou por correo electrónico para que calquera poida enviar vídeos de auga (mar, ríos, piscinas...) que serán os utilizados nas proxeccións de vídeomapping para anegar estanques, charcas.... que acabaron secando por diferentes motivos. Establécese así unha analoxía entre internet e o tecido acuático do planeta, entre a información e a auga, sobre a necesidade de concienciarnos con respecto ao medio ambiente.  

Unha vez realizada a selección de paisaxes, o artista levará a cabo unha instalación na que traballará coas sombras nocturnas realizando unha sesión de fotos e vídeo que logo serán exhibidos na Zona “C”. 



Aarón Sanromán (Vigo, Pontevedra, 1985). [resumo] 

Diplomatura en realización de cine e televisión (2006 - 2009)  

Diplomatura informática de sistemas (2003 - 2006) 

Exposicións individuais

2017 Eaux d´artifice. Mirat&Co Gallery (Madrid) (proximamente)

2016 VACACIÓN. CEART (Centro de Arte Tomas y Valiente) (Madrid)

2015 MANANTIAL. Fundación Casa Pintada – Museo Gabarrón (Murcia)

MANANTIAL. Instalación en casa deshabitada (Madrid/ Bilbao/ Barcelona/Lisboa)

Colectivas, premios e bolsas

2017 Foundation François Schneider (Wattwiller, FRANCIA) (proximamente)

JUSTMAD8. Mirat&Co Gallery (Madrid)

2016 I Encuentro de Artistas de Castilla y León (Fundación Villalart)

FLASHES. Comisariado por Sandra Gómez (La Carolina, Xaén)

4º Premio Mardel - Adquisición (Alacante)

9º Premio Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela)

2015 Premio Novos Valores - 4 º Premio (Deputación de Pontevedra)

EANV (5º Encontro de Artistas Novos) comisariado por Rafael Doctor (Santiago de Compostela)

18º Bienal de Cerveira (Vilanova de Cerveira, Portugal)

Encuentros de Arte Contemporáneo (EAC XV) (Alacante)

The OTHER FAIR. Victoria House (Londres, U.K.)

La NEW FAIR. Comisariado por Semíramis González. La New Gallery (Madrid)

cando e onde
Mércores 3 outubro / Domingo 9 decembro 2018
  Zona "C"San Domingos de Bonaval 1981 574 152

horario
Entrada libre de martes a sábado de 16.00 a 20.00 h domingos de 14.00 a 19.00 h luns pechado

de interese
Calquera modificación na hora e día de inauguración será anunciada con antelación Web - aaronsanroman.com
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/02/compostelaneafebreiro2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/02/compostelaneafebreiro2018webesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org