fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Visitas e talleres  '10º premio Auditorio de Galicia'
Arte | Varios
Visitas e talleres '10º premio Auditorio de Galicia'
Até o 8 de abril. Centros educativos
Unha edición que reune traballos 37 artitas que desde diferentes disciplinas como a pintura, escultura, cerámica, instalación, vídeo, fotografía, vídeo performance, accións.... permitirán a alumnas e alumnos un achegamento a arte máis actual. Berio Molina –primeiro premio; Carlota de Leal –segundo premio e Brais Rodríguez –accésit, son os creadores recoñecidos no décimo premio Auditorio de Galicia para novos artistas.
que

PROPOSTAS PARA CENTROS EDUCATIVOS

 

Pequenos artistas

Até o 8 de abril de 2018

Dirixido a: Primaria e ESO

Duración: hora e media (visita guiada e taller)

Número mínimo: 8 persoas

 

Horario:

Mañás: de10:00 a 13:00 h

Tardes: 16:00 a 19:00 h

 

Unha vez finalizada a visita guiada, cada alumna e alumno escollerá algunha das disciplinas mostradas na visita para explorar as súas posibilidades e expresar as súas propias ideas a través da mesma. Deste xeito, as nenas e nenos teñen a posibilidade de experimentar o proceso de creación e comprender de maneira máis eficaz as pezas que viron na exposición e asimilar o proceso creador como unha forma de expresar as súas ideas e emocións.

 

Visita interactiva: conversas en torno á exposición

Até o 8 de abril de 2018

Dirixido a: ESO e bacharelato

Duración: hora e media

Número mínimo: 8 persoas

 

Horario:

Mañás: de10:00 a 13:00 h

Tardes: 16:00 a 19:00 h

 

Este formato de visita quere dar voz ás alumnas e alumnos e que sexa a través das palabras do guía, e conversas entre eles e elas, que cheguen a unha reflexión acerca dos temas, materiais ou disciplinas nas que decidiron moverse os artistas da exposición. Ao rematar a visita, terán a oportunidade de poñer en común as ideas que extraíron a través de preguntas plantexadas polo guía, de xeito que as perspectivas se amplíen e sexa posible tocar outros temas (como o número de mulleres na exposición) que interesen aos mozos e mozas.

cando e onde
Luns 12 marzo / Domingo 8 abril 2018
  Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290

horario
O acceso será gratuíto previa inscrición

de interese
Poderá facer as súas reservas no mail exposicions@auditoriodegalicia.org o e no teléfono (até as 14.00 h) 981574152/3

Todas as actividades didácticas están concibidas e realizadas por Pablo Rodríguez López, alumno do programa de Prácticas Externas do Máster de Xestión de Patrimonio, Museos e Mercado da Arte da USC Web - http://auditorio.com...
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/04/compostelaneaabril2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/04/compostelaneaabril2018webesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org