fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Taller Atlántico Contemporáneo (TAC)
Música | ContemporáneaX. Música Contemporánea
Taller Atlántico Contemporáneo (TAC)
As músicas nocturnas de George Crumb
O Taller Atlántico Contemporáneo dirixido por Diego García Rodríguez e a soprano Ingrida Gapova interpretará tres das obras máis representativas do compositor norteamericano George Crumb.
que

 

George Crumb (1929)

 

Madrigals, Book II (Madrigais, libro II) (1965)

para flauta, percusión e soprano

Textos: Federico García Lorca

Bebe el agua tranquila de la canción añeja

La muerte entra y sale de la taberna

Caballito negro, ¿dónde llevas tu jinete muerto?

 

Vox Ballaenae (A voz das ballenas) (1971)

para tres intérpretes enmascarados: flauta, violoncello e piano amplificados

Vocalise … for the beginning of time (para o comezo dos tempos)

Variacións on Sea-Time (sobre as eras mariñas)

Tema do mar

Arqueozoic (Variación I) (Arqueozoico)

Proterozoic (Variación II) (Proteozoico)

Paleozoic (Variación III) (Paleozoico)

Mesozoic (Variación IV) (Mesozoico)

Cenozoic (Variación V) (Cenozoico)

Sea-Nocturne …. for the end of time (Nocturno mariño … para a fin dos tempos)

 

Night Music I (Música nocturna I) (1963, revisión 1976)

para soprano, piano, celesta e dous percusionistas

Textos: Federico García Lorca

Notturno I: Giocoso, estatico

Notturno II: Piccola Serenata

Notturno III: La luna asoma

Notturno IV: Vivace, molto ritmico

Notturno V: Gacela de la terrible presencia

Notturno VI: Barcarola

Notturno VII: Giocoso, estatico  


Músicas nocturnas

Este monográfico presenta tres das obras máis representativas do compositor norteamericano George Crumb, nado en Charleston (West Virginia) en 1929. Considerado como continuador de Cage, e de Cowell no eido da expansión das técnicas instrumentais, a súa música caracterízase por un enxeñoso colorido instrumental, como podemos apreciar en Vox Ballaenae (A voz das baleas), e polo trato exquisito da voz, para a que escribe numerosas obras que utilizan textos de Federico García Lorca, como é o caso de Madrigais e de Night Music. O segundo volume de Madrigais (1965) está escrito para soprano, percusión e un frautista que toca frauta en sol, frauta en do e o frautín. Crumb escribiu catro libros de Madrigais con distintas instrumentacións. Nos catro utiliza versos de Lorca que tratan sobre a vida, a morte, o amor, a terra, a auga e a chuvia. A música é sutil e íntima, de atmosfera sinxela, pero de coidadas gradacións sonoras. Vox Ballaenae (A voz das baleas), para cello, frauta e piano amplificados, data de 1971 e está inspirada no canto dun xibardo que Crumb escoitara nunha gravación. Cada un dos tres intérpretes debe levar un anteface, co que Crumb trata de agochar o elemento humano para resaltar as forzas da natureza; a natureza deshumanizada. A obra consta de prólogo, variacións (que representan a eras xeolóxicas) e epílogo. Os cantos da balea conviven nesta obra con sons de gaivotas, do mar e con citas do Zarathustra de Richard Strauss. Night Music I (Música nocturna I), composta en 1963 e revisada en 1976, foi pensada inicialmente como unha obra instrumental, pero durante o seu proceso o compositor decidiu incluír versos de García Lorca. A obra, instrumentada finalmente para soprano, piano e dous percusionistas, consta de sete nocturnos que tratan de proxectar o violento contraste de emocións entre os dous poemas utilizados: La luna asoma, coa súa áurea estática e lírica e a intensa Gacela de la terrible presencia. O compositor pretende resaltar as imaxes surrealistas da poesía lorquiana por medio dun alto colorido cromático e inusuais xustaposicións de rexistros, timbres e formas rítmicas.

Nicasio Gradaille

 

TALLER ATLÁNTICO CONTEMPORÁNEO

O TAC iniciou a súa andadura en 2010 na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela coa obra de Mauricio Kagel para 111 ciclistas facendo música Eine Brise. Quixo reivindicar desde un principio, por unha banda a proximidade que a música contemporánea pode ter para o público actual, e por outra a posibilidade de facer concertos con novos formatos. Ese mesmo ano colocou un piano de cola no faro de Fisterra para interpretar integramente a obra de Erik Satie Vexations, (18 horas de piano ininterrompidas. Nesta ocasión contouse coa colaboración de 27 pianistas), paralelamente abordou no Centro Galego de Arte Contemporánea un ciclo de seis concertos dedicados á música de compositores galegos. En 2011 continúa no CGAC cun ciclo de tres concertos que achegaron ao público unha pequena mostra do repertorio desde mediados do século XX; actuaron no Festival Via Stellae de Santiago co grupo Siniestro Total nun concerto conxunto onde tocaron música da formación viguesa arranxada por Javier López de Guereña. No 2011 e 2012 organizaron na Cidade da Cultura o ciclo Os Seráns do TAC que inclúen música contemporánea, humor e gastronomía. O TAC é un grupo estable, de formación aberta e ten como director artístico a Diego García Rodríguez.

 

 

 


cando e onde
Sábado 19 outubro 2013
19:00  Cidade da CulturaMonte Gaiás, s/n 881 997 565

prezo das entradas
Fóra de abono: TAC
5 euros + gastos xestión (anticipada)
6 euros (billeteira, día do concerto)

puntos de venda
Billeteira do Teatro Principal. Aberta de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono da billeteira: 981 542 349

Servinova
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org