fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
'El chico de la última fila'
Teatro | Experimental/ContemporáneoTeatro&Danza
'El chico de la última fila'
Unha galardoada produción con texto de Juan Mayorga
Germán é un profesor de segundaria a cuxas mans chega a redacción dun mozo silencioso que senta na última fila... ‘El chico de la última fila’, foi recoñecido con importantes galardóns como o Premio del Público Festival Don Quijote (París 2012), Premio del Jurado Feria de Huesca 2012 y Premio ADE al Mejor Director Joven 2012 (entre outros).
que

Germán é un profesor de segundaria a cuxas mans chega a redacción dun mozo silencioso que senta na última fila. A partir de aquí, xorde entre o adulto e o rapaz un vínculo tan intenso como perigoso. Perigoso para eles e para quen lle rodean.

‘El chico de la última fila’, da compañía La Fila de al Lado, con autoría de Juan Mayorga, foi recoñecido con importantes galardóns como o Premio del público Festival Don Quijote (París 2012), premio del jurado Feria de Huesca 2012 y Premio ADE al Mejor Director Joven 2012 (entre outros).

Juan Mayorga fálanos da súa experiencia: ‘Como un espectador máis, asistín á representación que de “El chico de la última fila” fixo a compañía La Fila de al Lado. E como tal gocei moito do seu traballo e aplaudino con ganas. Víctor Velasco (director) conseguiu levantar unha montaxe intensamente teatral, tan sinxelo como complexo, tan intelixente como cheo de humor (…) Sinto gratitude cara a todos eles pola fermosa velada que me fixeron pasar. Tamén por axudarme a comprobar, unha vez máis, que un texto pode saber cousas que o seu autor descoñece (…) Quen a escribiu, por certo, foi profesor de secundaria, como o é Germán, ese home ao que vemos ao principio da función corrixindo as redaccións escritas polos seus alumnos baixo o título ‘O meu pasado fin de semana’. Cada unha parécelle peor que a anterior. Ata que chega ás súas mans a dese mozo silencioso que senta na última fila (…)“El chico de la última fila” é unha obra sobre mestres e discípulos;  sobre pais e fillos; sobre persoas que xa viron demasiado e persoas que están a aprender a mirar. Unha obra sobre o pracer de asomarse ás vidas alleas e sobre os riscos de confundir vida e literatura. Unha obra sobre os que elixen a última fila: aquela desde a que se ve todas as demais.

La Fila de al Lado. En setembro de 2010, Miguel Lago Casal, animado e apoiado por Eduardo López, como Director técnico, e Olaia Pazos, compañeira artística, lánzase á empresa da produción teatral e funda La Fila de al Lado. Todo isto propíciao a aparición do C.S.A. La Tabacalera de Lavapiés, que se presenta, como un verdadeiro oasis para a creación teatral e un espazo idóneo para a sinerxía de diferentes disciplinas, que non fará senón avivar e potenciar esta vontade creativa do grupo, dada a empatía que xorde desde o seu primeiro encontro. O texto escollido para iniciar esta andaina e leit motiv do nome da compañía, desde o primeiro momento foi o ‘El Chico de la última fila’, de Juan Mayorga.

La Fila de al Lado pretende buscar unha individualidade teatral dentro da creación independente. A compañía lembra que este soño non sería posible sen o imprescindible e incondicional apoio de compañeiros, familiares e amigos Longa vida ao teatro!

Juan Mayorga. Ë profesor de Dramaturxia e de Filosofía na Real Escola Superior de Arte Dramática de Madrid. Entre outros premios, obtivo o Nacional de Teatro (2007), o Max ao mellor autor  (2006 e 2008) e o Max á mellor adaptación (2008). É autor de, entre outros, os seguintes textos teatrais: Siete hombres buenos, Más ceniza, El traductor de Blumemberg, El sueño de Ginebra, El jardín quemado, Cartas de amor a Stalin, El Gordo y el Flaco, Sonámbulo, Himmelweg, Animales nocturnos, Palabra de perro, Últimas palabras de Copito de Nieve, Job, Hamelin, Primera noticia de la catástrofe, El chico de la última fila, Fedra, La tortuga de Darwin, La paz perpetua y El elefante ha ocupado la catedral.

Víctor Velasco. Director madrileño, licenciado en 1999 pola Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid en Dirección de Escena. Acumula un amplo coñecemento e experiencia teatral.

 

Obra: El Chico de la Última Fila 

Autor: Juan Mayorga

Compañía: La Fila de al Lado 

Dirección: Víctor Velasco

 

Reparto:

Germán: Miguel Lago Casal

Juana: Olaia Pazos

Claudio: Óscar Nieto

Rafa: Sergi Marzá

Rafa Pai: Rodrigo Sáenz de Heredia

Ester: Natalia Braceli

 

Escenografía: Israel Muñoz e Víctor Velasco

Música: Ernie Motor (Cactusound)

Deseño de luces: Eduardo López e Eduardo Vizuete

Técnico de son: Eduardo López

Construción utilería :Carmen Perezluco

Vestiario: La Fila de al Lado 

Produción: La Fila de al Lado

 

Arquivos adxuntos

cando e onde
Mércores 11 decembro 2013
21:00  Xoves 12 decembro 2013
21:00  Auditorio ABANCAPreguntoiro 23

prezo das entradas
15 € / 12 € (anfiteatro) / 8 € (estudantes menores de 25 anos)
puntos de venda
Billeteira do Teatro Principal. Aberta de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono da billeteira: 981 542 349


entradas.novagaliciabanco.es

902 434 443
de interese
Idade recomendada: maiores de 14 anos
Desconto para estudantes menores de 25 anos

Duración: 105 min.
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1506852530.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1506852530.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org