fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Coloquio con David Rodríguez AKA Tina Paterson
Conferencias, coloquios Mediación cultural
Coloquio con David Rodríguez AKA Tina Paterson
'Tramando con otros: modos de hacer la ciudad en común'
O mes pasado tiñamos a oportunidade de intercambiar opinións con Joana Hurtado do Can Felipa arredor da súa experiencia neste centro cívico de Barcelona. Hoxe, poderemos facelo con David Rodríguez AKA Tina Paterson que se define a sí mesmo como "artista, mediador cultural e o que se tercie". Desde a concellaría de Acción Cultural queremos que o coloquio, que leva por nome 'Tramando con otros: modos de hacer la ciudad en común' sexa o máis aberto e participativo posible. A entrada é libre.
que

Así se presentan David Rodríguez AKA Tina Paterson (Madrid, 1972) na súa web:

"Traballei, como sen querer, como mediador social seguramente polo rexeitamento a participar no mundo da arte como un mero artista. O meu traballo estivo centrado nos proxectos de creación colectiva e en articular ou crear redes e comunidades que traballan autonomamente, desde as protestas veciñais, aos movementos sociais e antisistemas ou outros proxectos directamente de pura chanza antimunícipes.

Principalmente botei unha man para apuntalar proxectos como La Fiambrera Obrera, SCCPP.org, YOMANGO, Bordergames, Pornolab, Unbarriofeliz, El Mejor Partido, ComidaBasura, El Invernadero, PropolisColmena, entre outros. Desenvolvín o arrinque de La Tabacalera de Lavapiés e entre moito curro e fregar moitos chans, montei un baile veciñal que se chamaba La Flor de Lavapiés e deume tempo para estudar e investigar a memoria de aquel lugar traballando coas Cigarreras.

No Medialab Prado, organicei os talleres HelloWorld! de creación escénica e novas tecnoloxías e un grupo de cociña e ciencia chamado Cook it your self!, e traballei como Mediador nesta institución municipal, coordinando as estacións de traballo do Foodlab y Hacer Barrio.

Dirixín e producín os meus propios proxectos escénicos: “Versión_Beta” (2009) e “Cigarreras. Métodos y tiempos” (2011). Aínda que aspiro a que teñan pouco ou nada que ver co teatriño. Publiquei libros aos seus amigos e eu mesmo escribín e ilustrei outro: “Una historia real que sólo contada parece verídica” e un de fotos vellas chamado “Olvido“. E preparei e servín de cear a uns amigos, na curtametraxe titulado: “Somos Nadie: Txomin y Rafa” (2012).

Son un dos fundadores do MakespaceMadrid, do proxecto de cervexa artesanal comunitaria Community Brewery. Unha cervexa que producimos que se chama Txomin, en homenaxe a un amigo que é un tipo moi majo, por certo. E agora interésanme a Agroecoloxía, a Apicultura Urbana co proxecto Miel de Barrio, e así sucesivamente…

E deixo máis da metade. Vamos que non paro quieto."

Se queres coñecer algo máis del e do seu traballo podes facelo no seu sitio web www.tinapaterson.com

cando e onde
Mércores 27 xaneiro 2016
20:00  Zona "C"San Domingos de Bonaval 1981 574 152

prezo das entradas
Entrada libre
de interese
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/06/compostelaneaxunho2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/06/compostelaneaxunho2018webesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org