fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Famélica
Teatro | de AutorTeatro
Famélica
La Cantera
Escrita por Juan Mayorga en permanente diálogo co seu director Jorge Sánchez, é interpretada por Mabel del Pozo, Juanma Díez, Xoel Fernández e Aníbal Soto. Conta coa colaboración de José Coronado (voz en off) e a asistencia de dirección de Marta Cuenca.
que

"Se o teu traballo non te apaixoa, se o teu traballo non coincide coa túa paixón, se o teu traballo che parece desagradable pero inútil, un xesto, unha mirada, unha palabra poden en calquera momento traizoarte. Se así fose, en calquera momento poderías ser convocado a certo proxecto cuxo nome non podo por agora desvelar. O nome quizá che parecerá inadecuado, pero que importa como se chame se por fin vas ser feliz alí, no teu posto de traballo!...

Mentres tanto, mentres chega o momento de que sexas convocado, convídote a ver 'Famélica'.

Escribín esta obra para a compañía LA CANTERA, en diálogo permanente con Jorge Sánchez e os seus estupendos actores, quen han ir levantando teatro a partir de bosquexos garabateados no reverso de cadernos contables, a partir de borradores cheos de tachóns que bosquexei en horas de melancolía no medio da euforia dos mercados, a partir de esquemas cuxa esfameada base é unha vaga intuición acerca do que temes e desexas e ocultas cada mañá cando ves diante túa as portas do edificio corporativo." Juan Mayorga

 

Autor: Juan Mayorga
Dirección: Jorge Sánchez
Reparto:
Mabel del Pozo
Juanma Diez
Xoel Fernández
Anibal Soto
Voz en Off: José Coronado

Arquivos adxuntos

cando e onde
Mércores 13 abril 2016
20:30  Teatro PrincipalRúa Nova 21981 542 347

prezo das entradas
12 euros

6 euros para estudantes, xubilados, menores de 25 anos, maiores de 65 anos, desempregados, familias numerosas, familias monoparentais e perceptores de rendas sociais (acreditado documentalmente).
puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo a partir das 18.00h.

Teléfono: 981 571 026
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1501573859.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1501573859.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org http://www.santiagodecompostela.gal/medi/Baners/programa_festas_apostolo_2017.pdf
www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org