fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Luz Pichel
Letras Mediación cultural
Luz Pichel
Poesía e Parrafeo
Continuan os encontros na Zona "C" con diversos axentes do sector cultural. A poetisa Luz Pichel (Alén, Lalín, 1947) toma o relevo para traer as letras a este espazo e continuar a propiciar debates. 'Cada vez máis o meu traballo na poesía acontece en dependencia da lingua e as súas cruces e cruzamentos. Pasoume coa lingua o mesmo ca coa paisaxe: non estaba ata que veu alguén cunha cámara e fixo fotos".
que

“Cada vez máis o meu traballo na poesía acontece en dependencia da lingua e as súas cruces e cruzamentos. Pasoume coa lingua o mesmo ca coa paisaxe: non estaba ata que veu alguén cunha cámara e fixo fotos. Outro alguén trouxo unha gramática. Lingua e terra estaban aí desde antes de naceren os rapaces, como están as leiras de patacas, unha conversa ao pé do lume ou unha carta da mamá vía air mail. Cando as leiras pasaron a ser paisaxe e eu me decatei de que ben se podía dicir que eran bonitas e que ata as patacas daban a súa flor, a conversa e a carta da mamá convertíronse nunha lingua e eu decateime de que esa lingua pasaba por ser unha lingua ruín. E desde entón souben que a lingua existía e era carne, tiña corpo e doía, como a paisaxe ten foto e tamén ten motoserra.” L.P.

LUZ PICHEL

Luz Pichel (Alén, Lalín, 1947), alterna a súa residencia en Madrid, onde vive desde 1970, con curtas estadías de acougo na súa aldea de Alén. É autora dos libros de poesía El pájaro mudo (Ed. La Palma, 1990; I premio “Ciudad de Santa Cruz de la Palma”); La marca de los potros (Diputación de Huelva, 2004; XXIV Premio hispanoamericano de poesía “Juan Ramón Jiménez”); Casa Pechada (Fundación Caixa Galicia, 2006, XXVI premio esquío de poesía); El pájaro mudo y otros poemas, reedición do seu primeiro libro co engadido de Ángulo de la niebla, Cartas de la mujer insomne e máis Hablo con quien quiero. En 2013 publicou cativa en su lughar/casa pechada (Col. diminutos salvamentos, ed. Progresele, Madrid) e en 2015  tra(n)shumancias (Col. eme, ed. La Palma, Madrid).

cando e onde
Luns 9 maio 2016
20:00  Zona "C"San Domingos de Bonaval 1981 574 152

prezo das entradas
Entrada libre
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/06/compostelaneaxunho2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/06/compostelaneaxunho2018webesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org