fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
TRILITRATE conversa con JOANA BARRA VAZ
Música | VariosCOMPOSTELA CONVERSA
TRILITRATE conversa con JOANA BARRA VAZ
Sobre música, videocreación e realización audiovisual
A conversa desta sesión terá lugar entre Joana Barra Vaz e Laura Iturralde (responsable das imaxes en tempo real que acompañan os concertos de Trilitrate). Conversarán sobre música, videocreación e realización audiovisual, partindo das súas propias experiencias en Galicia e Portugal.
que

TRILITRATE 

Trilitrate é un proxecto que abrangue música acústica e videocreación en tempo real; trátase dunha composición colectiva que ten como fin crear algo persoal e inédito. Esta formación crea sons descoñecidos que desafían calquera categoría e abren novos sendeiros na música acústica. Desdebuxan as liñas existentes entre a composición e a improvisación; revelando influencias de estilos tan afastados entre si como poden ser a música clásica, a improvisación libre, o hardcore, post-rock ou o noise. Interpretan ademais música étnica orixinal dentro de un universo propio. Esta atmosfera complétase mediante estímulos visuais xerados en tempo real.

JOANA BARRA VAZ

Joana Barra Vaz é unha realizadora, compositora e música portuguesa. 

Fundou xunto a Tiago Pereira o arquivo web ‘A Música Portuguesa a Gostar Dela Própria’; Formouse en argumento cinematográfico e son na Escola Superior de Teatro e Cinema. Fixo a súa formación musical en clases particulares de piano clásico acompañada pola profesora Lídia Lantos. É autodidacta na guitarra. Estreouse en escenario en banda de presentación do LP "Tree Of Life" de José de Castro. Escribiu letras para Tv Rural e tamén para Bernardo Barata.

Entre moitos outros vídeos musicais, realizou o documental “MEU CARO AMIGO CHICO” que foi exhibido nos festivais: Indie Lisboa’12, Muvi’14, e a Mostra Internacional de Cinema de S. Paulo’12 — onde foi seleccionado polo público para competición.

En Setembro de 2016 funda, xunto a Pedro dos Reis, a plataforma artística e editora Bi-Du-Á cuxo primeiro lanzamento é o seu LP “MERGULHO EM LOBA”: un longa duración producido por ela mesma xunto a Luís Nunes e José Joaquim de Castro, conta coa participación dos músicos José Joaquim de Castro, David Pires, David Santos, Ana Nagy, Ricardo Jacinto, João Gil, Selma Uamusse, Gabriel Correia, e Mário Amândio.

“MERGULHO EM LOBA”: foi elixido como un dos mellores discos da música portuguesa do ano pasado pola crítica do país.

 

ENLACE PARA MERCAR ENTRADAS A TRAVÉS DE ABANCA

cando e onde
Domingo 19 marzo 2017
20:00  Teatro PrincipalRúa Nova 21981 542 347

prezo das entradas
10 euros
5 euros para desempregados, maiores de 65 anos, xubilados, menores de 25 anos, estudantes, familias monoparentais, familias numerosas e perceptores de rendas sociais
puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349

entradas.abanca.com

902 434 443
de interese
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org