fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
'Cerebro, artes, acción'
Danza | VariasTeatro&Danza
'Cerebro, artes, acción'
Enmarcado dentro do programa Torre de Babel
Este evento é a posta en escena final coa que culmina o proxecto 'Torre de Babel', unha iniciativa que busca a colaboración, a inclusión grupal, o respecto intelectual e o fomento da creatividade a través da educación artística e o traballo en equipo. As beneficiarias do proxecto son 20 persoas con dificultades de inclusión social, que levan traballando dende comezos do mes de marzo e que agora nos amosan todo ese traballo nesta cita, na que tamén celebramos o Día Internacional da Danza, que é o 29 de abril.
que

SINOPSE

Cerebro, arte, acción. A beleza non costa diñeiro. Cerebros en movemento, intuición, sorpresa. Tempo. Tempo parado e intelixencia contida. A mirada do que observa. Silencio cheo de música. Neuronas capaces de interconectarse e ser nun cosmos de cerebros diferentes que fan medrar a enerxía colectiva

FICHA

Proxecto coproducido pola Concellaría de Políticas Sociais e Siversidades

Dirección: Carlota Perez

Axuda de dirección: Dora Pipo

Creación musical: Jeni Rauhen, Mamen Bazarra, Oscar Ramone

Audiovisual e documental de seguimento: Lara Bacelo

Produción: Txon Victoria

PROXECTO

A idea do proxecto é que, a través das ferramentas do traballo artístico, se cree unha interconexión entre todas as alumnas e alumnos, ao mesmo tempo que se potencian as capacidades creativas de cada un deles. Non se traballa cun guión establecido, aínda que si coa idea da Torre de Babel como motor, dando unha nova visión a unha historia bíblica un tanto inconclusa. O fío narrativo acompañarase de diferentes disciplinas artísticas que potenciarán o talento de cada persoa e na unión dos cinco sentidos como vía de comunicación humana. Búscanse crear espazos de comunicación e comprobar como cun mal uso dos nosos órganos sensoriais, pode fomentar a violencia e a frialdade nas relacións humanas.

Este proxecto é resultado dun traballo de exploración e investigación no cal as persoas creadoras seleccionarán o material que poida ser máis interesante, como textos sobre a Torre de Babel de hoxe en día, debuxos, máscaras ou murais para a escenografía que fosen realizadas polos alumnos e alumnas.

Día Internacional da Danza

Este espectáculo é unha forma de celebrar tamén o día Internacional da Danza, que se celebra cada 29 de abril dende 1982. A Unesco declarou este día despois dunha petición do Instituto Nacional de Teatro, e elixiu o 29 de abril por ser a data de nacemento de Jean Georges Noverre, innovador e estudoso desta arte, mestre e creador do ballet moderno.

Arquivos adxuntos

cando e onde
Domingo 30 abril 2017
19:00  Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290

prezo das entradas
Entrada libre ata completar aforo
de interese
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org