Autor de recoñecido prestixio, Alberto Vázquez ten editado libros en países como España, Francia, Italia, Brasil e Corea. Como ilustrador de prensa ten publicado asiduamente en El País, La Voz de Galicia, Vanity Fair, Communication Arts ou Boston Globe magazine. Ten escrito e dirixido curtas de animación baseadas nos seus cómics como Birdboy, Sangre de Unicornio e Decorado, que ven de gañar o premio Goya á mellor curtametraxe de animación en 2017. En 2016 estreou Psiconautas, primeira longametraxe codirixida con Pedro Rivero, que tamén se fixo co Goya á mellor longametraxe de animación en 2017. Ademais, os seus traballos foron nomeados aos Goya noutras dúas ocasións, alzándose con galardón á mellor curtametraxe de animación en 2012 por Birdboy. Ten obtido maís de 60 premios internacionais en citas como o Festival de Chicago, Foyle (preseleccionado para os Oscars) ou Expotoon. As súas obras teñen sido exhibidas en prestixiosos festiváis de todo o mundo como Cannes, Toronto, Annecy, Clermond-Ferrand, Animafest Zagreb ou Slamdance.
Psiconautas, los niños olvidados (2017) Birdboy e Dinki son dous adolescentes que decidiron escapar dunha illa arrasada por unha catástrofe ecolóxica: Birdboy illándose do mundo, Dinki emprendendo unha arriscada viaxe coa esperanza de que Birdboy o acompañe.
Este filme ten sido exhibido internacionalmente con gran acollida nos festivais máis prestixiosos, na MiiC se poden ver fragmentos seleccionados polo artista e alguns storyboards orixinais do filme.