fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Inauguración ALÉN DOS XÉNEROS
Arte | Varios
Inauguración ALÉN DOS XÉNEROS
Prácticas artísticas feministas en Galicia
Alén dos xéneros, mostra colectiva comisariada por Anxela Caramés, reúne unha selección de obras que percorren o panorama das prácticas artísticas feministas en Galicia dende os anos noventa ata a actualidade. A mostra foi realizada polo MARCO, Museo de Arte contemporánea de Vigo –onde se inaugura en xaneiro de 2017– en coprodución co Auditorio de Galicia que acolle a itinerancia ata novembro deste ano.
que

Alén dos xéneros contextualiza o traballo artístico que aborda as cuestións de xénero, poñendo en relación o ámbito galego co estatal e co internacional e ofrece unha revisión das prácticas feministas realizadas tanto por mulleres coma por homes e, á súa vez, tende pontes entre as producións artísticas e os movementos sociais e políticos reivindicativos, como os grupos activistas feministas e LGTBQI (Lesbianas, Gais, Transexuais, Bisexuais, Queer e Intersexuais). Indaga e afonda na pluralidade de aspectos da arte feminista e dá visibilidade a xeracións máis novas, vinculándoas coa obra de artistas cunha traxectoria máis consolidada.

A mostra queda estructurada en tres grandes bloques temáticos: a relación entre o feminino e o feminista; a revisión do concepto da masculinidade; e, os corpos e as sexualidades queer. Ao carón das obras en exposición, Alén dos xéneros incorpora documentación complementaria ás prácticas artísticas.

A imaxe gráfica do proxecto, obra da deseñadora compostelá Uqui Permui, está inspirada na estética do ‘feito a man’, o Do It Yourself característico da autoxestión e da comunicación activista, e destaca a utilización da lambda (λ) como símbolo internacional do movemento LGTBQI. En 1970, a letra grega lambda (λ) foi seleccionada para simbolizar a campaña de liberación homosexual para a Alianza de Activistas Homosexuais. Catro anos despois, o Congreso Internacional de Dereitos Homosexuais en Edimburgo elixiu o mesmo símbolo para representar os dereitos de lesbianas e gais. A organización de dereitos homosexuais, Lambda Legal, fai unha alusión a este símbolo no seu nome.

Anxela Caramés (Santiago de Compostela - A Coruña, 1977) é doutora en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia (2016) e licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (1999). Interesada pola narración e a imaxe audiovisual, cursou estudos de dirección e montaxe na Escola de Imaxe e Son da Coruña (2001) e realizou o programa de doutoramento Artes Visuales e Intermedia na UPV (2004), onde presentou a súa tese doutoral sobre xestión cultural feminista no contexto español. Como investigadora en arte contemporánea e feminismos ten impartido conferencias en museos e universidades, e publicado artigos en revistas especializadas e catálogos de exposicións. Dende 2005 traballa como axente cultural e crítica de arte; desenvolve proxectos expositivos, dirixe encontros de debate e reflexión crítica, e programa ciclos de vídeo ou performance nos que se interesa pola cultura visual, o impacto social e político nos procesos de creación, as cuestións de xénero e as dinámicas colaborativas, prestando especial atención aos artistas emerxentes. Destacan as xornadas de conferencias Subjetividades críticas/narrativas identitarias. Feminismos y creación contemporánea en el Estado Español (Fundación Luís Seoane, A Coruña, 2006 e 2015); Contra viento y marea, palabras y huellas de los feminismos (Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, A Coruña, 2009); Muartech: Acciones híbridas desde el género y la tecnología (Espacio Menosuno, Madrid, 2011) e Sujetos emergentes. Sexualidades y feminismos contemporáneos, xunto a Rubem Centeno e Pablo Andrade (UDC/ Normal, A Coruña, 2011). Coordinou, ao carón de Xurxo Taxes, o ciclo de cine recuperado Accións e delirios en 8mm. Galicia 1975-85 para a II Mostra de Cinema Periférico S8 (2011). Como comisaria organizou exposicións como Desnudas (Otro Espacio/Sin Espacio, Valencia, 2011); Ensamlandet, Tierra de Soledad (Alterarte, Ourense, 2012); Elas Fan Tech (Normal, A Coruña, 2013); Seoanes Posibles. After Teresa de Villar (Fundación Luís Seoane, A Coruña, 2013); Miradas de mujer sobre la Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo (Pazo de San Marcos, Lugo, 2014) e Lost & Found. Archivos (Re)colectados (Normal, A Coruña, 2014).

Imaxe © MARCO, Vigo. Xoán Anleo

cando e onde
Xoves 6 xullo 2017
20:00  Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290

prezo das entradas
Entrada gratuíta
de interese
Horario de exposición: Todos os días de 10 a 14h e de 16 a 19h Web - www.marcovigo.com/ac... Web - www.anxelacarames.com
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504598878.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504598878.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org