fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Todo é percusión
Didácticos | MúsicaPrograma Didáctico
Todo é percusión
Dúas e Exire
O espectáculo levarase a cabo polo dúo de percusión Duas e dúas bailarinas de arte contemporáneo, que se identifican baixo o nome de Exire, co obxetivo principal de chegar ó Arte Total a través da ligazón das distintas artes: música, danza e teatro.
que

Ficha artística

Percusión: Sabela Caridad García Marta Rodríguez Figueiredo.
Bailarinas: Estefanía Gómez Alba Fernández
As catro realizan o espectáculo inmersas no papel de compañeiras de piso.

 

Duas da nome ó conxunto formado por dúas percusionistas galegas, Marta Rodríguez Figueiredo (Ourense, 1988) e Sabela Caridad García (Sada, 1988).
Ambas estudaron baixo a tutela do percusionista Alejandro Sanz, membro da Orquestra Sinfónica de Galicia, coñecéndose no ano 2005, onde coincidiron por primeira vez nun encontro da Orquestra Xoven da Sinfónica de Galicia..

No verán de 2015, a partir de ideas e inquietudes similares decidiron facer realidade a formación, coa idea principal de facer música de calidade e promovela a través de espectáculos próximos a todo tipo de público.
Duas cubre un gran repertorio, incluíndo obras de diferentes estilos e períodos, así como obras de propia produción.

Na súa curta traxectoria, os seus concertos didácticos estiveron xa presentes en escenarios como Palacio da Ópera de A Coruña ou o Museo de Arte Contemporáneo de A Coruña e no Castelo de Soutomaior en Pontevedra.
(Adxuntamos CV individuais no email)

Exire é unha compañía fundada no ano 2006 por Estefanía Gómez e Alba Fernández que fusiona as danzas urbanas, co teatro e a danza contemporánea.
O primeiro espectáculo foi Raices femininas, seguido por móve-t (2007) e in-nova (2008).
A finais do 2008 unha nova incorporación engadiu novas ideas e un respiro de aire fresco á compañía: Ángel Montero, quen participou na creación e interpretación de 1+.

No ano 2010, dada a ausencia temporal dun dos integrantes, Pablo Reboleiro participou tamén na interpretación de 1+, engadíndolle matices de clown, acrobacia e malabares.
A seguinte peza foi estreada no ano 2011: desbaraxustes onde dúas personaxes moi especiais cobran vida.

No 2012 estréase ale-hop, espectáculo infantil cargado de matices teatrais e cómicos que somerxennos nun mundo de soños.
No 2013 nace Orixe, espectáculo didáctico onde percorremos o longo camiño do hiphop dende a súa orixe, entre as décadas 60-70s, na cidade de Nova York. É un espectáculo especialmente indicado para público adolescente e xóvenes interesados en coñecer os principais elementos artísticos desta cultura, especialmente a danza hiphop e os seus estilos..
No 2016 cumpren 10 anos de compañía e deciden dar un cambio o seu nome ( De As dríadas a Cía. Exire) e introducir a danza contemporánea nos seus próximos espectáculos.

Arquivos adxuntos

cando e onde
Xoves 25 xaneiro 2018
10:00  12:00  Venres 26 xaneiro 2018
10:00  12:00  Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290

prezo das entradas
Gratuíto, previa reserva a través do formulario que poderá descargar no seguinte enlace http://www.compostelacapitalcultural.com e envialo ao correo info@auditoriodegalicia.org na data que figura na carta explicativa
de interese
Recomendado para alumnos/as de 5º e 6º Ed. Primaria e ESO Web - http://auditorio.com...
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org