fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
O poder de Amabel
Didácticos | TeatroPrograma Didáctico
O poder de Amabel
Cía.Pérez&Fernández
Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha abraiante intelixencia ou mesmo a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa habilidade extraordinaria. Para descubrilo, embarcarase en aventuras ben peculiares. Un reencontro de dous amigos xa adultos no que lembrarán un especial outono que viviron xuntos no 82, un dos seus primeiros recordos de nenos, eses aos que debemos voltar para sentirnos na nosa verdadeira patria: a infancia.
que

O Poder de Amabel é una peza de teatro de monicreques e actores para público familiar baseada na novela infantil de Érica Esmorís editada por Sushi books.

Ficha artística

Actores: Victoria Pérez, Manu Fernández
Dramaturxia: Victoria Pérez
Dirección: Xosé Leis, Victoria Pérez
Creación Amigurumis: Irene Pidal (Feito na casa)
Música Orixinal: Xabier Romero, Mathew Ward
Espazo Escénico: Jacobo Bugarín
Espazo Sonoro: Manu Fernández
Vestiario: Pérezy&Fernández
Foto: Nelson Corsino

Pérez&Fernández é unha compañía de artes escénicas creada por Victoria Pérez e Manu Fernández, actores cun amplo currículum teatral, que nace co obxectivo de crear proxectos orixinais de creación propia para público infantil e adulto.

Dende a súa estrea en Xaneiro 2016  ate o momento O poder de Amabel, acada un importante número de funcións para público familiar e escolar, dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede Galega de Salas, Deputación da Coruña como en festivais e ferias ( GEP, ou a II Feria de bonecos e formas animadas de Fafe Portugal)

A Cía.Pérez&Fernández  está actualmente en proceso de preprodución do seguinte espectáculo para público familiar AGURATRAT! adaptación teatral do libro “Esio trot” de Roald Dahl. Proxecto subvencionado no apartado de nova creación da Agadic, ten prevista a súa estrea en Outubro de 2017.







Arquivos adxuntos

cando e onde
Martes 30 xaneiro 2018
10:00  12:00  Mércores 31 xaneiro 2018
10:00  12:00  Teatro PrincipalRúa Nova 21981 542 347

prezo das entradas
Gratuíto, previa reserva a través do formulario que poderá descargar no seguinte enlace http://www.compostelacapitalcultural.com e envialo ao correo info@auditoriodegalicia.org na data que figura na carta explicativa
de interese
Recomendado para alumnos/as de Ed. infantil, 1º e 2º Ed. Primaria
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/04/compostelaneaabril2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/04/compostelaneaabril2018webesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org