fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Xogo de pillabáns
Didácticos | MúsicaPrograma Didáctico
Xogo de pillabáns
Zoar
Xogo de Pillabáns é unha obra de teatro musical, baseada nunha Novela Ejemplar de Miguel de Cervantes Saavedra. Nesta produción os intérpretes actúan como os personaxes da historia interactuando co público. A historia de Rinconete y Cortadillo narra as aventuras de dous mozos duns 15 anos, Pedro del Rincón e Diego Cortado, que se coñecen, na Venta del Molinillo, despois de escapar da casa en busca de cartos e liberdade.
que

Xa en Sevilla, aínda que se estrean nunha nova e honrada profesión sendo mozos da esportilla, non logran abandoar o seu instinto pillabán e terminan por xuntarse á confraría d Monipodia, o mestre da golfería. O señor xastre, pai de Cortadillo, decide percorrer toda España de Norte a Sur na busca do seu fillo. Desexa con toda a súa alma que o zagal regrese ao seu fogar e retome de novo unha vida de ben, afastada das malas compañías e dos astutos pero deshonrosos xogos de pillabáns.
A obra Juego de ladrones é unha suite na que o compositor quixo plasmar a esencia da obra de Cervantes, describindo ás personaxes e os lugares máis importantes da novela, deixando totalmente aberta a porta á imaxinación dos rapaces e rapaza que a vaian escoitar.

Ficha artística:

Música orixinal: Juego de Ladrones de Óscar Navarro I. La venta oscura
II. Rinconete y Cortadillo
III. Sevilla
IV. Juego de ladrones V. Monipodio
VI. Gran final
Intérpretes e actores:
Frauta: Joan Ibáñez Óboe: David Villa Clarinete: Antonio Suárez Trompa: Daniel Otero Fagot: Álex Salgueiro
Adaptación, guión, vestiario e dirección de escena:
Malu Balado

A Guía didáctica poden descargala de aquí: https://app.box.com/s/uytetnqd0eaab0i5cj4eiadvhbb13ady 

Zoar

Zoar é un conxunto de cámara estable e activo que traballa dende 2009. Medrou á procura dun estilo propio, definido pola orixinalidade dos seus proxectos, un fermo compromiso coa nova creación, a colaboración con outros artistas e a realización de proxectos pedagóxicos de calidade con voluntade de achegar a súa actividade a todos os públicos.

O interese polo repertorio descoñecido, a recuperación do patrimonio musical esquecido e o compromiso coa nova creación levou ao conxunto a explorar máis aló do repertorio tradicional da música para conxuntos de ventos e a incorporar obras de compositores esquecidos, estreas de obras xa escritas pero nunca interpretadas ou gravadas, como neste caso Alevi dedeler raki masasinda do compositor e pianista turco Fazil Say, ou The Elephant and the Clown e La Fleur de Cayenne do recoñecido clarinetista Paquito d’Rivera. Ademáis teñen estreadas pezas de compositores como Gabriel Bussi, Juan Durán, José Luis Turina, Patrick van Deurzen así como encargas propias a Xabier Mariño, Óscar Álvarez, Federico Mosquera, Fernando Buide ou Óscar Navarro. A número de arranxos realizados polos propios membros da formación sobrepasa os 50.

 

cando e onde
Mércores 28 febreiro 2018
10:00  12:00  Xoves 1 marzo 2018
10:00  12:00  Teatro PrincipalRúa Nova 21981 542 347

prezo das entradas
Gratuíto, previa reserva a través do formulario que poderá descargar no seguinte enlace http://www.compostelacapitalcultural.com e envialo ao correo info@auditoriodegalicia.org na data que figura na carta explicativa
de interese
Recomendado para alumnos/as da ESO e Bacharelato
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/04/compostelaneaabril2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/04/compostelaneaabril2018webesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org