Unha tarefa na que aparecerán preguntas e conflitos: Poden ser dous homes e un neno unha familia? E unha persoa soa? E unha nai e un fillo? Son eles dous familia?
Xogando a ser e refacer as familias do libro descubrirán coa axuda do carteiro que a familia vai alén do sangue e eles despois de tanto tempo xuntos traballando na imprenta son se dúbida unha familia.
Ficha artística
En escena: Herminio Campillo (Operario) e Juan Paños (Operario) e Fran Núñez / Txell Cabanas (Coordenador da imprenta)
Dramaturxia e dirección: Ana Carreira e Fran Núñez
Dirección musical: Jose Carlos Illanes
Iluminación: Fran Núñez
Asesoría psicopedagóxica: Santiago Hernández Abad
Asesoría científica: Mateo Peña
Produción: Limiar teatro, Esteoeste, Crémilo
Limiar teatro somos unha compañía galega creada en 2009 con 9 espectáculos producidos e máis de 400 representacións en España, Francia, Portugal e Brasil dende entón.
Limiar é o límite, a fronteira e por iso a compañía movémonos nas fronteiras artísticas, xeográficas e persoais. Pesquisamos no limiar das artes integrando diferentes disciplinas como teatro, danza, música, teatro de obxectos, cociña ou artes plásticas. Quebramos fronteiras xeográficas con coproducións e xiras fóra de Galicia e a integración nos equipos de profesionais de España, Francia, Rusia, Brasil e Portugal.
Afondamos na relación entre as persoas creado proxectos comunitarios especiais.
EsteOeste
Nace en 2008 en Madrid de actores saídos da escola de teatro xestual de Lecoq de Mar Navarro e Andrés Hernandez e dende entón leva explorado no campo do teatro xestual.
Crémilo Proxectos Culturais e Distribución Espectáculos, nace coa firme vocación de aportar soporte e xestión en diferentes áreas a proxectos culturais en pos da viabilidade e éxito considerado dos mesmos dende a confianza e honestidade común dos equipos, así como a honestidade das propostas e compromisos coas mesmas.
Entre as diferentes disciplinas artísticas nas que desenrola a súa labor, atópanse fundamentalmente as artes escénicas, musicais e cinematográficas.
Como firmes defensores da necesidade da preservación, innovación, difusión e promoción da Cultura e os múltiples beneficios inherentes, dende Crémilo apostamos por proxectos que comparten valor, calidade e inquietude, potenciando diversos e innovadores enfoques.expresión.