fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Inauguración 'Un cuarto propio'
Arte | Vídeo/Instalacións
Inauguración 'Un cuarto propio'
Comisario Rosendo Cid / Artista Rosa Neutro
'Un cuarto propio' é a primeira das intervencións seleccionada entre as propostas presentadas en creación en artes visuáis para a Zona "C" na modalidade de proxectos de comisariado. Rosendo Cid plantexa un proxecto inédito baseado nalgúns dos intereses que a artista Rosa Neutro leva desenvolvendo nos últimos tempos centrando a intervención nas problemáticas relacionadas coa muller artista.
que

Rosendo amosa nos proxectos curatoriais que ten levado a cabo un grande interese en facer relacións coa narrativa e a literatura, co obxectivo de sumar capas de significado que fagan gañar en profundidade ás obras ou os proxectos artísticos, onde sen dúbida aporta tamén a súa propia mirada de artista.

Un cuarto propio aborda particularidades, reivindicacións tomando como punto de partida a obra de Rosa Neutro e enlazando con temáticas que a historia da arte aborda en ocasións de modo parcial, como é o íntimo, o amor, o erotismo...

O sólido traballo de Rosa Neutro rodéase de referencias literarias. O título deste proxecto é collido do libro de Virginia Woolf do mesmo título escrito no ano 1929, que está baseado á súa vez en dúas conferencias dadas pola escritora nesa época de entreguerras; un libro, que plantexa o papel da muller dentro da sociedade incidindo na necesidade de que ésta busque un mundo propio, un espazo e unha independencia fundamental para crear. Un libro de clara refererncia feminista que sostén que a carencia dese espazo e desa independencia económica, xunto coas costumes das institucións relixiosas, mesmo universitarias, dan lugar a “poetas suprimidas”.

Ou, Simone de Beauvoir en ‘O segundo sexo’ (1949) quen reflexiona así mesmo, sobre o que significa ser muller nunha sociedade que a fragmenta debido os inumerables comportamentos culturais construidos, sempre desde fóra e acaso artificial e alleamente.

Pretende o comisario un achegamento ao traballo da artista que xenere enigmas; tal e como decia Diane Arbus unha fotografía é un segredo sobre un segredo: canto máis che conta menos sabes.

Haberá así capas de significado, a artista plantexará pistas, tal vez certezas, historias reais ou ficticias, que non xerarán respostas inmediatas.

Un proxecto de presenzas contrapostas: valga o exemplo da correspondencia ficticia con versos e poemas entre dous amantes (home e muller), escritas entre o comisario e a artista, evidenciando de paso unha relación diferente en canto o comportamento habitual e regrado entre estas dúas partes.

Unha peza que incide no espazo literario, no texto, no pensamento, na base teórica, nas referencias e na posición entremetida nunha particular historia da arte e literatura.

Rosa Neutro (Cangas, Pontevedra, 1979), artista visual licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Realiza ademáis estudos de deseño gráfico na Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense. Foi tamén coordinadora da sala Piso Dos en Pontevedra e posteriormente no centro de produción dixital Lab_in de Vigo. A súa actividade artística céntrase na fotografía e na fotomontaxe como principal medio para explorar, nos seus últimos traballos sobre todo, os clichés femininos a través de series como Divas de cine negro onde explora a memoria desde a súa propia autobiografía así como desde outras referencias nunha sorte de resolución dun tempo íntimo fóra de calquera acontecer regrado.

Rosendo Cid (Ourense, 1974), principalmente artista plástico, ven desenvol vendo unha actividade paralela relacionada coa escrita e a literatura que está moi presente nalgúns dos seus proxectos visuais. Licenciado na especialidade de escultura pola Universidade de Vigo ven traballando distintos medios como a escultura, a fotografía, a colaxe e o debuxo. Expón regularmente desde o ano 2000 e, ata a actualidade, ten traballado en dous proxectos curatoriais ademáis de ter feito os textos críticos das seis exposicións da tempada 2009-2010 da Sala Alterarte da Universidade de Vigo no Campus de Ourense, comisariada por Ignacio García.

cando e onde
Mércores 11 outubro 2017
19:30  Zona "C"San Domingos de Bonaval 1981 574 152

prezo das entradas
Entrada gratuíta

De martes a sábado de 16.00 a 20.00h domingos de 14.00 a 19.00h luns pechado
de interese
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504598878.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504598878.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org