fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Itinerario compostelán de Isaac Díaz Pardo
Letras Paseos Literarios por Compostela
Itinerario compostelán de Isaac Díaz Pardo
con Esperanza Mariño Davila
A Concellaría de Acción Cultural e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organizan un ciclo de percorridos literarios por Compostela que procura outra ollada á historia e xeografía da cidade. No primeiro itinerario do ciclo, a escritora Esperanza Mariño Davila conduce unha visita aos lugares clave na vida compostelá de Isaac Díaz Pardo.
que

 

Punto de partida: Casa natal da Tumbona (Rúa das Hortas)

Reservas en: comunicacion@auditoriodegalicia.org

Prazo límite para a reserva: mércores 13 de setembro, ás 14.00 h

 

Esperanza Mariño Davila conduce unha visita aos lugares clave na vida compostelá de Isaac Díaz Pardo, que conecta as épocas republicana e democrática (adolescencia xunto coa madurez e ancianidade), e salienta a súa importancia literaria. A casa natal de Isaac Díaz Pardo, a rúa que leva o seu nome, o Colexio de Fonseca, a carballeira de Santa Susana e o Museo do Pobo Galego, son só algúns dos lugares polos que pasará o percorrido. 

 


 

 

Esperanza Mariño Davila

Vencellada por raíces familiares e primeiras vivencias á Pobra do Caramiñal, despois de varios anos en Asturias e xa de volta no lar, Esperanza Mariño Davila (Santiago de Compostela, 1963) obtén a licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade compostelá. Desde aquela, exerce como profesora en diversos Institutos de Ensino Secundario, para na actualidade traballar no IES de Cacheiras.

Como investigadora, ten publicado artigos sobre lingua, literatura e crítica literaria en diversas revistas, tales como Festa da Palabra Silenciada, Revista de lenguas y literaturas catalana, gallega y vasca da UNED e A Freita (da "Mesa prá Defensa del Galego de Asturias"). Tamén participou como relatora en múltiples Congresos, Xornadas, Encontros, cte., dentro e fóra de Galiza. Durante os anos noventa foi a representante galega na Fédération Européenne des Maisons de Pays (na defensa das linguas e culturas minorizadas de Europa).

Prologou dúas obras: a edición facsímile da novela Da emigración (1993) do pobrense A. Paz Míguez e mais o poemario de C. Veiguela A Vida Sempre e Sobre Todo (2001). Recentemente publicou o 'Dicionario' María Mariño.

Da relación ininterrompida con Asturias -tanto a de lingua galega como asturiana- naceu así mesmo a colaboración como crítica, narradora e tradutora nas revistas Lletres Asturianes e Lliteratura, constituíndo polo de agora un caso insólito en Galiza e sendo por iso convidada a participar de xeito activo na V Xunta de Escritores Asturianos.

En canto á faceta da creación, escribiu numerosos relatos breves nas revistas O Espello e Pontigo; tamén colabora con regularidade en Dorna. Ten participado nos volumes colectivos Homenaxe a Uxío Novoneyra, Coroa literaria para Roberto Blanco Torres contra a súa morte e Homenaxe dos poetas galegos a Federico García Lorca contra a súa morte.

 

FICHA DA AUTORA NA AELG

cando e onde
Xoves 14 setembro 2017
18:00  Varios

prezo das entradas
De balde
puntos de venda
Reservas en
comunicacion@
auditoriodegalicia.org

Prazo límite para a reserva:
13 de setembro ás 14.00 h
de interese
50 prazas
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1509572374.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1509572374.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org