fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Compostela en Nordeste
Letras Paseos Literarios por Compostela
Compostela en Nordeste
con Daniel Asorey
A Concellaría de Acción Cultural e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organizan un ciclo de percorridos literarios por Compostela que procura outra ollada á historia e xeografía da cidade. No segundo itinerario do ciclo, Daniel Asorey guía ás persoas asistentes pola Compostela de Nordeste, a novela que lle valeu o do premio de Narrativa Breve Repsol 2016.
que

Punto de partida: Cruz de San Pedro

Reservas en: comunicacion@auditoriodegalicia.org
Prazo límite para a reserva: 20 de setembro

Da man de Daniel Asorey, as persoas participantes no itinerario coñecerán a capital da República das Santas Irmandades da Galiza e a figura de Carme de Candingas, vedora maior da mesma. A ruta, parte da Cruz de San Pedro  e percorres os lugares polos que transita novela até concluír  no Palacio da Xunta Xeral, actual sede do concello. Dende as súas xanelas, as persoas visitantes poderán albiscar o lugar exacto onde Nordeste remata. 

 


 

Daniel Asorey

Profesor de lingua galega e literatura no ensino secundario, é autor de relatorios, artigos e recensións sobre literatura e lingua galegas, ademais de material didáctico e libros de texto. No eido literario, recibiu premios como o I Certame de Relato Curto Cidade Vella (1988), o Premio de Narración Curta no I Certame Literario e de Investigación Terra de Melide (2001) e o do Certame de Narracións Manuel Murguía (ex aequo, 2002). Algúns dos seus textos están recollidos en obras colectivas como De soños e memorias (2003) e Muralla de Crescornio (1989).

 

FICHA DO AUTOR NA AELG

 


cando e onde
Xoves 21 setembro 2017
18:00  Varios

prezo das entradas
De balde
puntos de venda
Reservas en
comunicacion
@auditoriodegalicia.org

Prazo límite para a reserva:
20 de setembro ás 14.00 h
de interese
PRAZAS ESGOTADAS!!!
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504598878.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504598878.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org