fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Os elefantes en Compostela
Letras Paseos Literarios por Compostela
Os elefantes en Compostela
con Antón Riveiro Coello
Concellaría de Acción Cultural e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organizan un ciclo de percorridos literarios por Compostela que procura outra ollada á historia e xeografía da cidade. Os elefantes en Compostela é o terceiro dos paseos do ciclo, un percorrido por diversos espazos que son o pano de fondo da novela Os elefantes de Sokurov, de Antón Riveiro Coello. Punto de partida: Carballeira de San Lourezo
que

Punto de partida: Carballeira de San Lourenzo

Reservas en: comunicacion@auditoriodegalicia.org
Prazo límite para a reserva: mércores, 27 de setembro ás 14.00 h.

Os elefantes en Compostela é un percorrido por diversos espazos que son o pano de fondo da novela Os elefantes de Sokurov, de Antón Riveiro Coello. Nunha orde inversa á liña argumental do texto, o autor guía ás persoas participantes por unha ruta que parte do barrio de San Lourenzo, pasa polo Pombal e chega á praza de Cervantes onde comeza a historia duns personaxes que nos van amosando a súa visión entusiasmada e sensorial dunha cidade múltiple que transcende, que amorea os séculos na pedra e a converten nun museo aberto.


Antón Riveiro Coelho

Naceu en Xinzo de Limia, no ano 1964. Cursou estudios de Dereito na Universidade de Santiago e actualmente traballa na administración autonómica. Riveiro Coello é un dos narradores máis premiados dos xurdidos na literatura galega durante a pasada década. Ademais dun gran número de relatos en libros colectivos e revistas literarias ten publicadas as novelas Valquiria (1993, premio Camilo José Cela), A historia de Chicho Antela (1997), A quinta de Saler (1999), coa que foi finalista do premio Torrente Ballester, así como as recompilacións de relatos Parque Central(1996) e Airadas de palabras (1998), onde se recollen os contos que lle foron premiados nos certames Manuel Murguía e Modesto R. Figueiredo entre os anos 1991 e 1997. Con Animalia (2000) obtivo o premio Café Dublín corrrespondente a 1999. As rulas de Bakunin recibiu o premio García Barros en 2000, ano no que tamén logrou o Álvaro Cunqueiro de Narrativa con Homónima.
En 2007 publica en Galaxia A voz do lago, novela coa que se adentra na creación literaria para os lectores máis novos, e na colección Literaria Os ollos de K.

cando e onde
Xoves 28 setembro 2017
18:00  Varios

prezo das entradas
De balde
puntos de venda
Reservas en:
comunicacion@auditoriodegalicia.org

Prazo límite para a reserva:
13 de setembro ás 14.00 h

de interese
50 prazas
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1509572374.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1509572374.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org