fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Compostela en Crear o mar en Compostela
Letras Paseos Literarios por Compostela
Compostela en Crear o mar en Compostela
con Marta Dacosta
A Concellaría de Acción Cultural e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organizan un ciclo de percorridos literarios por Compostela que procura outra ollada á historia e xeografía da cidade. No último dos paseos do ciclo, Marta Dacosta conduce ás persoas asistentes pola historia poética de Santiago
que

Punto de partida: Praza de Mazarelos, ante a antiga Facultade de Filoloxía

Reservas en: comunicacion@auditoriodegalicia.org

Prazo límite para a reserva: mércores, 4 de outubro ás 14.00 h

Compostela é ese lugar en que fomos recalando. Os seus espazos son testemuña do agromar de proxectos e xeracións. A historia da poesía galega pasa sempre por esta cidade que foi o crisol en que se fundiron as voces que chegaban dos diferentes puntos cardinais.A través das súas rúas faremos memoria das xeracións poéticas que a cidade viu nacer, nomeadamente da promoción dos 90. Trala saída de Mazarelos, o itinerario percorre lugares como a Rúa do Castro, o Preguntoiro, Entremuros, a Rúa Nova, e a estatua de Rosalía na Alameda.


Marta Dacosta
Marta Dacosta (Vigo, 1966) é profesora de lingua e literatura galegas no ensino medio. Colaborou en revistas como Cadernos de lingua e Festa da palabra silenciada con estudos sobre temas diversos e é autora da guía de lectura Con pólvora e magnolias (1994). Á parte de ver editada a súa poesía en diferentes revistas e xornais, participou en publicacións colectivas, como Para sair do Século, nova proposta poética (1997). Destacada representante do que algúns estudosos deron en chamar a "Xeración dos 90", publicou os poemarios Crear o mar en Compostela (1994), Premio O Grelo da Asociación Cultural O Grelo; Pel de ameixa (1996), Premio González Garcés da Deputación da Coruña e En atalaia aberta (2000). Con Setembro, Marta Dacosta converteuse na primeira muller en gañar o Premio de Poesía Martín Codax.

cando e onde
Xoves 5 outubro 2017
18:00  Varios

prezo das entradas
De balde
puntos de venda
Reservas en:
comunicacion
@auditoriodegalicia.org

Prazo límite para a reserva:
4 de outubro ás 14.00 h

de interese
50 prazas limitadas

http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504598878.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504598878.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org