fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Concerto Singular
Música | PercusiónPrograma Didáctico
Concerto Singular
Píscore e Banda Municipal de Música
Píscore é unha nova compañía de música e comedia xestual que anova a escena do humor do país. Está composta por catro virtuosos músicos que en Concerto Singular lévannos a unha dimensión musical e humorística realmente especial. Mesturando a excelencia musical e a comedia de alto nivel, Píscore actualizan o máis clásico humor mudo e anovan a disciplina cunha proposta diferente, orixinal e de calidade cunha marimba enorme no medio da acción.
que

Vídeo promocional: https://vimeo.com/184511189

Píscore

Píscore é unha compañía de nova creación que chega para aportar música e humor á escena galega. Na mellor tradición das compañías que mesturan a excelencia musical co humor, Píscore chega a cubrir este oco en Galicia na liña de recoñecidas formacións estatais.

Creada en 2016 por Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez e Pablo Cabanelas, catro músicos galegos formados cos mellores mes- tres galegos e internacionais, Píscore pretende mesturar a mellor música e moito humor, ritmo e comedia xestual.

Píscore é unha compañía destinada a facerse un oco a forza de orixinalidade e gargalladas.

O espectáculo

Que acontece cando se convoca a catro grandes solistas para un único concerto? Catro prestixiosos músicos fronte a un grande con ito: 16 baquetas e unha soa marimba. Eles están dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado.

Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público.

Ficha artística:

Elenco: Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez, Pablo Cabanelas Dirección: Fran Rei
Duración: 55 minutos
Xénero: Musicomedia

Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela

Casiano Mouriño Maquieira, director

cando e onde
Mércores 7 febreiro 2018
10:00  12:00  Xoves 8 febreiro 2018
10:00  12:00  Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290

prezo das entradas
Gratuíto, previa reserva a través do formulario que poderá descargar no seguinte enlace http://www.compostelacapitalcultural.com e envialo ao correo info@auditoriodegalicia.org na data que figura na carta explicativa
de interese
Recomendado/a para alumnos/as de 3º,4º, 5º e 6º Primaria Web - http://auditorio.com...
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org