fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Contiguo
Circo Teatro&Danza
Contiguo
Compañía IO
Espectáculo para todos os públicos por conta da Compañía IO, coa dirección de Natalia Outeiro e a coreografía de Paula Quintas. En escena, o sevillano Álvaro Pérez Fidalgo e o coruñés Álvaro Reboredo Ortega fusionan a súa experiencia escénica e as súas habilidades circenses nunha combinación de corda lisa e corda cyr, con apoio doutras disciplinas como a acrobacia e a danza.
que

Sinopse

Contiguo nace de poñer un ser humano xunto ao outro. É o lugar onde un acaba e outro comeza. Contiguo é a poesía do corpo e os propios límites. O risco de darse a coñecer e sobrepasar o medo a perderte nalguén. Reinventarse unha e outra vez a través dos demais. O destino únenos, a historia escribímola nós.

“Un espectáculo sensitivo, poético e dinámico. Unha investigación da linguaxe espacial e corporal que crea un universo único para se expresar, resultado da procura do Circo como linguaxe de seu.” (Compañía IO)

 

Ficha artística e técnica

Autoría: Compañía IO

Dirección: Natalia Outeiro

Coreografía: Paula Quintas

Escenografía: Teresa Gutiérrez de la Concha e Compañía IO

Iluminación: Alfonso Castro

Deseño do espazo sonoro: María Move

Vestiario: Teresa Gutiérrez de la Concha

Música: María Move e Manuel Fonte

Elenco: Álvaro Pérez Fidalgo e Álvaro Reboredo Ortega

 

cando e onde
Sábado 14 outubro 2017
18:30 a 19:30  Sala Agustín Magán (Santa Marta)Antonio Rama Seoane 6981543017

prezo das entradas
3 euros
Bono familiar (4 entradas): 10 euros
puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo a partir das 18.00h.

Teléfono: 981 571 026

entradas.abanca.com

902 434 443
de interese
Para todos os públicos
www.santiagoturismo.com/files/2017/12/compostelaneadecembrowebesp.pdf
www.santiagoturismo.com/files/2017/12/compostelaneadecembrowebesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org