fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
O ciclista utópico
Teatro Teatro&Danza
O ciclista utópico
de Alberto de Casso
Unha produción de Teatro Calderón de Valladolid, Emilia Yagüe Producciones e Feelgood Teatro. Un texto de Alberto de Casso, dirixido por Yayo Cáceres, con Fran Perea e Fernando Soto nos roles protagonistas. Premio Fundación Teatro Calderón de Valladolid de Literatura Dramática
que

SINOPSE

Manuel é un mestre que vive tranquilo e feliz no rural coa muller e as fillas. A súa pracenteira existencia interrómpese un día no que atropela ao ciclista Acebal por accidente. Da colisión emerxe unha amizade retorcida e estraña que desconcerta a Manuel.  Acebal é un home rústico, reaccionario e exaltado que esperta no mestre unha inmediata repulsión. Porén, consegue instalarse de vagar na súa vida, ben en visitas intempestivas para pasear en bicicleta, ben en aparicións espontáneas na escola na que o profesor dá clases. Acebal tenta seducir ás súas colegas de traballo e mesmo amosa especial interese dunha das súas fillas, e así vai facendo agromar unha fonda hostilidade que envelena a alma de Manuel. Aos poucos, Acebal convértese nunha figura de presenza invariable e sufocante que leva ao mestre a un punto de non retorno. 

“Un texto incómodo. Unha relación incipiente e escura que ispe á súa vez outras relacións na contorna das personaxes. Humor duro e con sarcasmo abondo como para importunar [...] Manipulación, culpa, desexos ocultos, personaxes escuras e extremas, máis outra cantidade de ingredientes asoman neste Ciclista utópico en que días personaxes, a que provoca o accidente e mailo accidentado, se introducen ao tempo nun túnel non que sin sequera é posible albiscar a luz da saída” (Yayo Cáceres)

Ficha artística e técnica
Autor: Alberto de Casso
Dirección: Yayo Cáceres
Reparto: Fran Perea e Fernando Soto
Espazo escénico: Carolina González
Iluminación: Miguel Ángel Camacho
Vestiario: Tatiana de Sarabia
Música e espazo sonoro: Yayo Cáceres
Deseño gráfico: Aryutolkintumi.com
Comunicación: Marea GlobalCOM
Dirección de produción: Emilia Yagüe
Produción Executiva: Javier Márquez e Jesús Sala
Distribución: Emilia Yagüe Producciones

cando e onde
Sábado 4 novembro 2017
20:30 a 22:00  Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290

prezo das entradas
16 euros
puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo a partir das 18.00h.

Teléfono: 981 571 026

entradas.abanca.com

902 434 443
de interese
Espectáculo enmarcado no programa 'PLATEA, Programación Estatal de Artes Escénicas', promovido polo INAEM, Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Web - http://emiliayague.c...
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1509572374.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1509572374.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org