fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Tráfico
Teatro Teatro&Danza
Tráfico
de Carlos Santiago
Una co-produción entre Baal17 e Al Teatro, sobre un texto de Carlos Santiago, dirección e dramaturxia de Chiqui Pereira.
que

Sinopse

Unha muller escura, Medeia, dirixe un Hotel singular. No Hotel Balneário Olimpo ofrécense curas de estrés a traficantes necesitados de descanso e repouso. Na realidade, o negocio esconde un propósito mais maquiavélico do que a satisfacción das necesidades terapéuticas do crime organizado: a vinganza, trazada con paixón pela protagonista, contra aqueles que a trouxeran. Nun mundo corrompido polo poder e polo diñeiro, traficantes de toda a especie pululan entre nós. De todo o tipo, de todas as cousas, de moita xente. Co pano de fodo da crise e da deriva do capitalismo, “Tráfico” sérvesese do humor negro para unha lectura satírica da actualidade mundial, tomando por referencia irónica a “Medeia”, de Eurípides. Unha comedia tráxica, crúa e obscena, onde o sangue flúe sen contención.

“Por que este espectáculo? O palco é para nós un un local de reflexión, de  provocación, de análise crítica sobre quen somos e cal é o noso papel na construción dunha sociedade mais xusta e equilibrada. Falar do mundo, nin do mundo que nos rodea, mas si, do mundo que nos controla, domina e oprime, foi o motivo para a creación deste espectáculo. Falar da actualidade neste inicio de século, onde todo se trafica, se vende, se compra, sen calquera pudor ou preocupación humanista, lonxe dos ollares das persoas”. (Baal17 e Al Teatro) 

 

Ficha artística  e técnica

Texto: Carlos Santiago

Dirección e dramaturxia: Chiqui Pereira

Interpretación: Bárbara Soares, Filipe Gonçalves, Filipe Seixas, Pedro Ramos e Rui ramos

Escenografía e vestiario: Bruno Guerra

Deseño de Iluminación: Nuno Borda d’Água 

Música: Tango Paris

Fotografía: Baal17, José Ferrolho e Rui Cambraia

Deseño gráfico: Ana Rodrigues/Workhouse

Vídeo: VideoPlanos-Produções Audiovisuais

Dirección de produción: Sandra Serra

Xestión: Rui Ramos e Pedro Ramos

Produción executiva: Hugo Fernandes

 

cando e onde
Xoves 28 setembro 2017
20:30 a 22:00  Teatro PrincipalRúa Nova 21981 542 347

prezo das entradas
10 euros

Descontos do 50 % para persoas desempregadas, maiores de 65 anos, xubiladas, menores de 25 anos, estudantes, perceptoras de rendas sociais, familias monoparentais e familias numerosas.
puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo a partir das 18.00h.

Teléfono: 981 571 026

entradas.abanca.com

902 434 443
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1506852530.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1506852530.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org