fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Orquestra de Cámara Galega
Música | ContemporáneaX. Música Contemporánea
Orquestra de Cámara Galega
Xornadas de Música Contemporánea 2017
O director titular e concertino Roberto Groba, inclúe no programa dúas obras do seu pai e unha súa. A estas tres acompañan Drei Stücke malten Still (Tres pezas en estilo antiguo) de Penderecki, banda sonora de El manuscrito encontrado en Zaragoza do director polaco Wojciech Has, e a Sinfonietta de Harald Genzmer, cuxo estilo se define pola súa sinxeleza e doada asimilación.
que

Rogelio Groba, director

 

Anatomías musicais

Rogelio Groba. Catro microconcertos para violín y violonchelo (1997). Obra de estrea absoluta* (2017)

Krzysztof Penderecki. Drei Stücke im alten Stil (1963)

Rogelio Groba Otero. Divertimento (2000)

Harald Genzmer. Sinfonietta, GeWV 106 (1953) *Estrea absoluta

 

*Estrea absoluta

 

 

Orquestra de Cámara Galega

Dende a súa fundación en 1995, a OSC ten levado a súa actividade musical polas principais salas de concerto. Entre elas destacan o Auditorio Reina Sofía de Madrid, o Palau da Música de Barcelona, a Sala Mozart do Auditorio de Zaragoza, a Real Maestranza de Sevilla, o Teatro Jovellanos de Xixón, o Palacio da Ópera da Coruña, ou o Auditorio de Galicia. No ámbito internacional, actuou en Viena, no Spanien Modern Musikfestival, Nova York, o Merkin Hall da Fundación Kaufman, en Bos Aires, no Teatro Metropolitan e en Holanda, Utrecht, Amsterdam, Middleburg e De Doelen Auditorium de Rótterdam e Palacio Ducal de Génova. Colaborou con profesionais da talla de Teresa Berganza, Anthony Pay, Cecilia Lavilla, Ara Malikian, Juan de Udaeta, José Ramón Méndez, Juan Lomba, José Núñez e José Luís Estellés. Ademais das súas gravacións en directo para TVE, TVG e Radio Clásica, a OCGA gravou tres CD’s. O primeiro publicado por Boanergies con música de Rakov, Elgar, Groba e Groba Otero, o segundo monográ co do compositor R. Groba co selo Autor no que destaca a primeira gravación do Concerto núm. 2 para violonchelo e orquestra interpretado por Clara Groba e o terceiro editado por Almaviva do Centro de Documentación Musical da Junta de Andalucía coa primeira gravación mundial en directo da ópera Don Chisciotte do compositor Manuel García, na Real Maestranza de Sevilla.

 

Rogelio Groba

Titulado Superior na especialidade de violín polo Conservatorio Superior de Música da Coruña e en Música de Cámara polo Conservatorio Superior de Música de Oviedo, prosegue a súa preparación durante varios anos en Londres con Detlef Hann, profesor da Guidhall School of Music and Drama. En 1995, funda como director-concertino a Orquestra de Cámara Galega. En 2000, dirixe a gravación da súa propia obra, Divertimento para cordas, incluída no primeiro CD da formación, e en 2005 gravación dun segundo CD dedicado integramente á obra do seu pai, Rogelio Groba Groba. Participou na recuperación e estreo da ópera Don Chisciotte, de Manuel García e na súa gravación, realizada en directo no Teatro da Maestranza de Sevilla. En maio de 2007 dirixiu á OCGA no Spanish Modern Festival de Viena onde obtivo grande éxito de público e crítica interpretando obras de compositores galegos, e en agosto nunha exitosa xira por Arxentina, preámbulo dunha serie de concertos realizados por toda Galicia e parte de España. En 2008, Groba dirixiu tamén a OCGA na súa debut en Nova York, no Merkin Concert Hall da Fundación Kaufman. En 2010 estivo á fronte da orquestra nunha xira por Holanda con actuacións en Utrecht, Amsterdam, S-Hertogenbosch e Middelburg, que concluíu no auditorio De Doelen de Rótterdan, e que proseguiu no auditorio 400 do Museo Reina Sofía (Madrid) e o Palau da Música (Barcelona). Realizou gravacións para Radio Galega, TVG, TV3, TVE e RNE, e ademais de España, actuou en Portugal, Francia, Austria, Gran Bretaña, Arxentina, Chile, Uruguai, Colombia e Venezuela. Groba foi tamén director da Orquestra Sinfónica do Conservatorio de Música da Coruña.

____

Fundada en 1995 por Rogelio Groba Otero e integrada por músicos formados en diversos conservatorios europeos, a Orquestra de Cámara Galega desenvolve unha intensa actividade cun repertorio que abrangue desde o Barroco até a música dos nosos días, con especial fincapé na galega. De feito, o seu director titular e concertino inclúe neste programa dúas obras do seu pai e unha súa. A estas tres acompañan Drei Stücke malten Still (Tres pezas en estilo antiguo) de Penderecki, banda sonora de El manuscrito encontrado en Zaragoza del director polaco Wojciech Has, e a Sinfonietta de Harald Genzmer, cuxo estilo se define pola súa sinxeleza e doada asimilación.

cando e onde
Sábado 11 novembro 2017
20:30  Igrexa da Universidade (da Compañía)Praza da Universidade s/n

prezo das entradas
Acceso libre até completar o aforo
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1509572374.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1509572374.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org