fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Manuel Blanco, trompeta; Karina Azizova, piano
Música | ContemporáneaX. Música Contemporánea
Manuel Blanco, trompeta; Karina Azizova, piano
Xornadas de Música Contemporánea 2017
A Intrada de Honegger tan popular entre os trompetistas, xa sexan de formación clásica ou forxados no jazz, abre esta penúltima cita das Xornadas na que se servirá un cóctel moi variado de obras orixinais e transcricións.
que

Lendas e fantasías

 

Arthur Honegger. Intrada H 193 (1947)

George Enesco. Légende (1906)

Claude Debussy. Claro de luna (1880)

Gabriel Parès. Fantaise-Caprice (1911)

Julián Ávila. Estrea absoluta* (2017)

Rodion Shchedrin. En el estilo de Albéniz op. 52 (1973)

Isaac Albéniz. Mallorca (Barcarola) op. 202 (1890)

Peter Maxwell Daviel.  Sonata para trompeta y piano (1955)

 

*Estrea absoluta. Encargo do CNDM

 

Manuel Blanco

Nacido en 1985 en Daimiel (Cidade Real), estudiou trompeta con M. Baeza Rubio e J. M. Ortí Soriano e na actualidade recibe asesoramento musical de Reinhold Friedrich. Gañou concursos como o Ciudad de Xátiva, Calviá, Moixent, Jeju (Corea do Sur), pero o seu gran logro internacional chegou co primeiro premio do ARD Music Competition de Múnic 2011, no que obtivo a cuali cación máis alta da historia do certame. Traballou como trompeta solista en orquestras como Concertgebouw de  msterdam, Gewandhaus de Leipzig, Filharmónica de Radio France, Gustav Mahler Jugend Orchester, European Youth Orchestra, Berlin Staatsoper, Filarmónica Arturo Toscanini, Orquestra Mozart Bologna, a Orchestra Teatro alla Scala Milán e Nacional de España, xunto a grandes batutas como Abbado, Jansons, Fr beck de Burgos, Maazel, Mehta, Barenboim, Chailly, Dudamel, Nelsons, Pons, Mena, Heras-Casado, Pehlivanian, Salado, Baeza- Rubio, Olivieri-Munroe, Bychkov, Eschenbach ou Afkham. Como concertista, tocou coas orquestras da Radio de Baviera, da Radio de Múnic, RTVE, Nacional de España, Navarra, Bilbao e Municipal de Valencia, orquestras de cámara de Múnic e Budapest, Jeju Philharmonic Orchestra, Camerata XXI, Philarmonisches Orchester W rzburg, Capella Symphonic Orchestra (St. Petersburg), Hofer Symphoniker, Niederrheinische Sinfoniker, Norddeutsche Philharmonie Rostock, etc. O seu interese pola música de cámara, levouno a liderar o Mediterranean Chamber Brass, que actuou por todo o mundo con premios internacionais en competicións como o Festival de Jeju (Corea del Sur), Lieksa Brass Week (Finlandia), Múnic, etc. Nos seus próximos proxectos inclúense numerosos concertos de solista con orquestras de recoñecido prestixio, recitais con piano e órgano e o lanzamento do seu primeiro CD como solista cos concertos de Mozart, Haydn, Tomasi e Zimmermann, xunto á ONE e o mestre J. Pons.

 

Jesús Sánchez

Inicia os seus estudos con María Suárez Bricio e continúaos no Conservatorio de Cuenca con Ma Teresa Untoria Atienza, obtendo o Grao Superior coas mellores cuali cacións. Completa a súa formación artística con profesores como Almudena Cano, Ferenc Rados, M. A. Ortega Chavaldas, Gonzalo Trevijano, Julia Díaz-Yanes, etc. Actuou como solista en salas de cidades como Cuenca, Guadalaxara, Madrid, Sevilla, Tenerife ou Albacete e ofreceu concertos en numerosas localidades castelán-manchegas como solista así como en recitais de canto e piano. Foi mestre repetidor en óperas como Don Pasquale ou Dido e Eneas, ademais de pianista acompañante da Royal Academy of Dance de Londres en varias ocasións e diversos puntos da xeografía nacional. É un dos fundadores e organizadores do Festival Internacional de Música de Almonacid del Marquesado, onde actuou xunto a Manuel Blanco, do que é pianista habitual. Como docente, exerceu a labor de repertorista en numerosos centros da Comunidad de Madrid e Castela-A Mancha. Conta cunha dilatada experiencia como pianista acompañante de danza nas clases de Carmen Roche na Escuela Superior de Arte Dramático Scaena, así como en distintos conservatorios de danza da Comunidad de Madrid. Actualmente, traballa como profesor no Conservatorio Superior de Música de Castilla-La Mancha e na Universidad Alfonso X el Sabio de Madrid.

____

A Intrada de Honegger tan popular entre os trompetistas, xa sexan de formación clásica ou forxados no jazz, abre esta penúltima cita das Xornadas na que se servirá un cóctel moi variado de obras orixinais e transcricións. O sobresaínte trompetista de Cidade Real, Manuel Blanco, terá aquí a oportunidade de amosar a súa gran musicalidade e dominio do instrumento desde a tranquila Légende de Enesco á saltarica Sonata de Maxwell, pasando por varias estacións intermedias e unha estrea absoluta, obra encargo do CNDM ao compositor valenciano Julián Ávila.

cando e onde
Venres 24 novembro 2017
20:30  Paraninfo da UniversidadeFacultade de Xeografía e Historia. Praza da Universidade 1

prezo das entradas
Acceso libre até completar o aforo
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1509572374.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1509572374.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org