fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
O conto da azuzaina
Infantil/Familiar | InfantilInfantil e Familiar
O conto da azuzaina
Limiar Teatro
Refuxiadas nun cuarto de caldeiras, coexisten as peculiaridades dun científico pintoresco e un músico excéntrico. A través do labirinto de tubos que anoan as voces do edificio, chéganlles relatos de grupos de persoas que, a pesares do inesperado, se recoñecen como familia. Un marabilloso xoguete escénico sobre as familias para gozar en familia.
que

O conto da azuzaina é un espectáculo do que emerxe a certeza de que non existen as fórmulas para a normalidade, nin pautas fixas para marcar o compás da harmonía familiar.

O músico e o científico precisan compartir o cuarto de caldeiras, ese espazo de intimidade, ese escondedoiro onde tocar e experimentar sen a mirada dos seus familiares. Alí as matemáticas son o punto de unión entre ciencia e música e, posiblemente, a forma de entender que para cada familia existe unha fórmula diferente.

Mediante operacións simples (suma, resta, multiplicación e división) tentarán entender as historias familiares que lles chegan a través dos tubos da caldeira. Historias anónimas o as súas historias... Quen sabe?

Un espectáculo no que Jose Carlos e Herminio experimentan a diversidade, sorprenden a tristeza con números de circo e crean melodías de superación.

 

Ficha do espectáculo: 

Autoría e creación: Ana Carreira e Fran Núñez

Dirección: Fran Núñez

Escenografía: Ángela Yáñez e Mey López

Deseño de son: José Carlos Illanes e Fran Núñez

Deseño de iluminación: Fran Núñez

Vestiario: Paz Yáñez

Música: José Carlos Illanes

cando e onde
Domingo 18 marzo 2018
18:30  Teatro PrincipalRúa Nova 21981 542 347

prezo das entradas
4 euros
Bono familiar (4 entradas): 12 euros
puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os dí­as que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349

entradas.abanca.com

981 910 544
de interese
De 8 a 12 anos
Duración aproximada 50 min. Web - www.limiarteatro.com
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/04/compostelaneaabril2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/04/compostelaneaabril2018webesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org