fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Casa 0'Rei
Teatro Teatro&Danza
Casa 0'Rei
Ibuprofeno Teatro
Con "Casa O’Rei", Ibuprofeno Teatro completa a súa triloxía gastronómica, xunto con "O furancho" e "Raclette". Este texto de Santiago Cortegoso propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir do "Rei Lear" de W. Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega. Ao remate da representación do venres 6, teremos a #posfuncion para intercambiar opinión entre público e membros do equipo.
que

Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne a familia. A comida sempre é unha escusa. Desta vez para repartir a Casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo novo, acedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte pre-conxelada e adobada con fel. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as receitas da súa vida.

Ficha do espectáculo: 

Autoría e dirección: Santiago Cortegoso

Intérpretes: Miguel Borines | Victoria Teijeiro | Marián  Bañobre | Teté García | Víctor Mosqueira | Xosé M. Esperante

Deseño e realización da escenografía: Pablo Giráldez "Pastor"

Banda sonora: Caxade

Deseño de iluminación: Salvador del Río

Vestiario: Marián Bañobre

Imaxe: Diego Seixo

cando e onde
Venres 6 - Sábado 7 abril 2018
20:30  Teatro PrincipalRúa Nova 21981 542 347

prezo das entradas
12 euros
Descontos do 50% para os seguintes colectivos:
- Desempregados
- Maiores de 65 anos
- Xubilados
- Menores de 25 anos
- Estudantes
- Familias monoparentais
- Familias numerosas
- Perceptores de rendas sociais
puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os dí­as que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349

entradas.abanca.com

981 910 544
de interese
Para público adulto.
Duración aproximada: 75 min.
#posfuncion ao remate o día 6 Web - www.ibuprofenoteatro...
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/04/compostelaneaabril2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/04/compostelaneaabril2018webesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org