fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
‘Carpe Diem’ Producións Excéntricas
Mediación Cultural Residencias Escénicas
‘Carpe Diem’ Producións Excéntricas
Ensaio aberto e posterior coloquio
Inspirada na sesión que a compañía xa fixo con motivo da residencia d’A Cabeza do Dragón, farán un ensaio aberto con demostración didáctica de todos os estratos do acto teatral, dende a intención previa até a execución harmónica das distintas linguaxes que conflúen no teatro: a luz, a música , o vestiario, o espazo, a marcación escénica e o uso lúdico do espazo por actrices e actores.
que

Todas estas linguaxes presentaranse deconstruídas e posteriormente unidas nun divertido e instrutivo puzzle. Tratase dun xogo co público, seguido dunha conversa, que lonxe de destripar o xoguete teatral, aumenta o seu interese como espello pública e instrumento de reflexión.

Nesta ocasión , aparte das linguaxes xa citadas traballarán algúns casos singulares, como a versión do texto desde unha variante tan próxima á nosa lingua como é o portugués do Brasil. Outra singularidade é o uso da música en directo, sobranceando a súa función ambiental, para facer dela un factor narrativo e, finalmente , a relación do teatro co cinema e a influencia deste na nosa biografía sentimental. Non é pouco. Contará a sesión coa presenza, para alén do elenco, de todas as persoas creativas que contribúen ao proxecto.

 

Data da residencia

14 maio - 1 xuño 2018

cando e onde
Xoves 31 maio 2018
18:00  Sala Agustín Magán (Santa Marta)Antonio Rama Seoane 6981543017

prezo das entradas
Entrada libre
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/05/compostelaneamaio2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/05/compostelaneamaio2018webesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org