fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Inauguración da exposición
Arte | Fotografía
Inauguración da exposición
Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia (1956-1976)
Comisariada por Anxo Rabuñal e coa colaboración de Agar Ledo, a exposición coproducida entre o Concello de Santiago de Compostela-Auditorio de Galicia, e o Concello de A Coruña-Kiosco Alfonso, presenta unha importante escolma de imaxes do Fondo Fotográfico F. Català-Roca -Arxiu Històric del Col.legi d'Arquitectes de Catalunya, a meirande parte delas inéditas.
que

Francesc Català-Roca (Valls, 1922 - Barcelona 1998) é unha figura fundamental na historia da fotografía. A relevancia da súa obra valeulle recibir o Premio Nacional de Artes Plásticas en 1983, cando por vez primeira se concedía a un fotógrafo, e foi o primeiro fotógrafo con obra incorporada á colección permanente do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. Durante a segunda metade do século XX, Català-Roca documentou boa parte da xeografía española, a realidade social da posguerra e o contexto sociopolítico do franquismo. 

A exposición 'Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia (1956-1972)' é o resultado dunha longa investigación levada a cabo por Anxo Rabuñal no Arxiu Català-Roca, depositado no Col.legi Oficial d'Arquitectes de Catalunya, en Barcelona. Entre as máis de 200.000 imaxes que o fotógrafo rexistrou entre 1948 e 1998, consérvanse unhas 1.300 de Galicia, en gran parte inéditas. Esta investigación e a exposición recuperan para nós a crónica gráfica daquelas sete campañas que o fotógrafo realizou a Galicia, entre 1956 e 1976, por encargo da Dirección General de Turismo e de varias editoriais barcelonesas.

A mostra permite coñecer a un autor que fuxe dos estereotipos e o folclorismo, e retrata con dignidade e humor a vida cotiá, o traballo e a festa, e a contemporánea irrupción do turismo. Nas súas fotografías, Català-Roca mostra unha fidelidade documental que toma as rúas como escenario monumental dunha cidadanía heteróclita que mestura turistas, cregos, leiteiras, guardias e paisanos, sempre cun ollar luminoso e alegre para captar as transformacións e contrastes da época nesas imaxes revestidas polo fotógrafo dunha luz de respeito.

 

Català-Roca, Santiago de Compostela, 1965
© imaxe Fondo Fotográfico F. Català-Roca -Arxiu Històric del Col.legi d'Arquitectes de Catalunya

cando e onde
Mércores 9 maio 2018
20:00  Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290

prezo das entradas
Non é preciso presentar invitación
Entrada gratuíta
de interese
Horario de exposición: Todos os días de 10 a 14h e de 16 a 19h Web - http://auditorio.com...
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org