fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Encontro sobre fomento da innovación no sector cultural
Conferencias, coloquios Encontro Sector Cultural
Encontro sobre fomento da innovación no sector cultural
Con Joxean Muñoz e Berta Álvarez
A Concellaría de Acción Cultural mantén aberto un foro de diálogo e traballo en común entre axentes culturais, persoal técnico, responsables municipais e cidadanía para fomentar a participación da veciñanza nas políticas culturais públicas de Santiago de Compostela e o traballo colectivo no sector. O segundo dos encontros abertos do 2018, pon o foco na promoción das Industrias Culturais e Creativas (ICC'S), no fomento da innovación neste eido e na procura de oportunidades de colaboración con outros territorios.
que

Nesta ocasión, a sesión de conversa será conducida por Berta Álvarez, coordinadora do Centro de Emprendemento Cultural e Creativo de Galicia (CEM), e contará coa presenza de Joxean Muñoz Otaegi, viceconselleiro de Cultura o Goberno Vasco.

Joxean Muñoz presentará as propostas e accións emanadas da estratexiaICC Euskadi 2017-2010. O obxectivo do encontro é analizar posibles vías de aplicación destas achegas ao caso galego coa fin de contribuír ao desenvolvemento e internacionalización das ICC's no noso país.

Joxean Muñoz. Viceconselleiro de Cultura do Goberno Vasco. Licenciado en Historia da Arte Contemporánea pola UAB, conta cun Mestrado en escritura de Guións Cinematográcos da Fundación UAM-Viridiana. Escritor e poeta en lingua éuscara, é tamén guionista e director de cinema de animación. O seu filme Karramarro uhartea [A illa do cangrexo], co-dirixido por Txabi Basterretxea, foi premiado co Goya á mellor película de animación en 2001. Programador e xestor cultural, entre 1994 e 1996 integrou o equipo de dirección de Eremuak, o Festival Internacional de Cinema en Linguas Minorizadas de Zarautz, e do 2006 ao 2010 foi Director Xeral do Proxecto Tabakalera (Centro Internacional de Cultura Contemporánea) en Donostia–San Sebastián.

Berta Álvarez. Coordinadora do Centro de Emprendemento Cultural e Creativo de Galicia (CEM). Colexiada pola sección de Historia da Arte do CDLG, licenciouse na USC en 2006 e conta cun Mestrado en Dirección de Marketing e Xestión na ESIC: Business & Marketing School de Madrid. En 2011 entrou a formar parte do equipo da Fundación Cidade da Cultura e dende xaneiro de 2013, xestiona o Centro de Emprendemento Creativo de Galicia (CEM). Este espazo, creado para pór en valor as ICC’s na nosa comunidade, conta hoxe con máis de 100 empresas e 200 emprendedoras/es traballando nas súas instalacións.

Como participar?

A participación será aberta, previa inscrición por correo electrónico até o día 23 de abril.

Escríbenos a teatroprincipal@santiagodecompostela.gal co asunto #encontrocultura

Arquivos adxuntos

cando e onde
Martes 24 abril 2018
19:00 a 20:30  Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290

prezo das entradas
Entrada libre previa inscrición no correo tprincipal@santiagodecompostela.gal
Inscrición aberta ata o 23 de abril
de interese
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org