fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
'Espiritualidade con voz de muller', Vox Stellae
Música | ContemporáneaX. Música Contemporánea
'Espiritualidade con voz de muller', Vox Stellae
Xornadas de Música Contemporánea 2018
Un dos sinais de identidade de Vox Stellae é a difusión da música galega, tanto a dos arquivos das catedrais como a creación contemporánea e a música popular. Todas as obras que interpretarán serán estrea en España.
que

Vox Stellae

Luís Martínez, director

 

Espiritualidade con voz de muller

 

Hildegard Von Bingen (1098-1179)

O Virtus Sapientiae

 

Cheryl Lynn Helm (1957)

O Virtus Sapientiae

 

Sylvia E. Hazlerig (1934)

Solemn Duet núm. 1

 

Natalie Goossens (1976)

O Sacrum Convivium

 

Mary Simoni (1954)

Suite para violín só

 

Carlotta Ferrari (1975)

Judas Mercator Pessimus

 

Iva Juras (1968)

Lapidabant Stephanum

 

Sylvia E. Hazlerig (1934)

Solemn Duet núm. 2

 

Tui St. George Tucker (1934-2004)

De Profundis núm. 1,2,3

Christus Jesus Splendor Patris

Venite Exsultemus

 

*Todas as obras estrea en España.

 

Sopranos: Aida Cruz, Aida López, Sara Moreno, Malena Pazos

Altos: Mariola González, Óscar Mato, Ana Pazos

Tenores: Chema Ares, Daniel Canosa, Marcos Mato

Baixos: Francisco Alonso, Pablo Nieves, Felipe Sar

Violín: Javier Ucha

Violonchelo: Daniel Canosa

Trompeta: Ana Pazos

 

Vox Stellae

Nace en 2003 con motivo dunha conferencia do musicólogo José López Calo sobre a música na Catedral de Santiago. Un dos seus sinais de identidade é a difusión da música galega, tanto a dos arquivos das catedrais como a creación contemporánea e a música popular. Ofrece concertos regularmente por toda a xeografía galega, participou en actos institucionais e interpretou o seu programa didáctico O rodaballo con botas ante máis de 2000 escolares. Ten actuado en diversas tempadas de abono e festivais: Vía Stellae, Espazos Sonoros, De lugares e Órganos, Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela, Semana de Música de La Laguna,  Outono dos sentidos na Ribeira Sacra, Festival Provincia de Palencia, Ciclo de Música Sacra de Castilla y León, Jornadas Jacobeas Internacionales, Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera, Festival de Música Relixiosa de Guimaraes… Vox Stellae colabora con agrupacións e solistas como a Orquesta de Cámara de Tenerife, Orquestra de Cámara Galega, Finis Terrae Brass, Os Menestreis de 1500, Taller Atlántico Contemporáneo, Cristina Pato, Joaquín Barreira, Manuel Vilas, Juan Manuel Varela, Fernando Buíde, Uxía Senlle, Joao Afonso ou o dramaturgo Maximino Queizán. Entre o seu amplo repertorio destacan a estrea absoluta de Tres Imaxes de Compostela (M. Mato), a estrea en España da Misa en Sol a Santiago de Compostela (A. Tucapsky), as reestreas da Misa en Do M (Frei R. Salvado) e a Missa Voce Mea (C. de Medrano) ou a estrea en Galicia de Rothko Chapel (M. Feldman). Dentro do proxecto de recuperación do patrimonio musical da Catedral de Tui, editou dous discos con música de Matías García Benayas (+1737) e outros autores do arquivo tudense: Defensor alme Hispaniae (2013), que recibiu o Melómano de Ouro (outubro 2015) e Salvete Flores (2016).

Nin que dicir ten, que o labor do coro de cámara compostelán Vox Stellae na gravación do disco, é impoluta. Bruno Díaz, Atlántico Diario

A interpretación vocal e instrumental son sinxelamente impecables, á altura de calquera ensemble internacional. Pablo F. Cantalapiedra, Melómano

 

Luís Martínez. Director

Nacido en Vigo, estudou Piano e Linguaxe Musical nos conservatorios de Santiago e Vigo. É Mestre especialista en Educación Musical e Licenciado en Pedagoxía pola USC. Asistiu a aulas de perfeccionamento en diferentes ámbitos da análise e interpretación musical con mestres da talla de Miro Moreira, Dominique Velard, Pier Paolo Scattolin, Daniel Vega, Owen Reese, Peter Philips, Artur Carneiro, Constantin Alex, Bernd Valentin, Tu Shi Chiao, J. Carlos Rodilla, J. López Calo, Carmen Cruz ou Mercedes Padilla. É membro do Orfeón Terra a Nosa e a Capela da Catedral de Santiago, agrupacións coas que participou como solista en múltiples concertos e rexistros discográficos. Colabora con agrupacións como Capela Compostelana, Capilla de Extravagantes, Capela Lauda Sion, Grupo Siglo XX ou Hércules Brass. Como actor e recitador interpretou a Historia do Soldado (I. Stravinsky) e participou na estrea absoluta de Enigmas de la temporalidad (J. Vara) coa Real Filharmonía de Galicia. No eido da musicoloxía, colabora con Joám Trillo na edición da música do arquivo da Catedral de Tui.

____

O século XX foi o século da emancipación das mulleres, e o XXI serao da consolidación e normalización da presenza feminina en todos os ámbitos da sociedade, pero o que hoxe parece absolutamente normal non foi sinxelo de conseguir. A dedicación das mulleres á composición atopouse con múltiples barreiras sociais e académicas, máis aínda no ámbito da música relixiosa. Ao longo do pasado século produciuse un aumento significativo de mulleres que se dedicaban á composición, seguindo o exemplo de Hildegard Von Bingen, unha auténtica pioneira no medievo, da que hoxe traemos unha composición reelaborada por Cheryl Lynn.

As composicións da estadounidense Tui St. George están guiadas por unha forte influencia do contrapunto e da música antiga, tomando como punto de partida temas cromáticos, ou mesmo atonais. Esta compositora obtivo un grande recoñecemento polos seus traballos microtonais e chegou desenvolver frautas especiais para a interpretación da súa música. Da súa extensa produción extráense tres obras de carácter contrastante. Cómpre sinalar que as súas partituras adoitan dar moita liberdade ao intérprete, deixando ao seu criterio a elección dos instrumentos a empregar.

Tamén norteamericanas son Sylvia Hazlerig, que ten máis de 70 composicións editadas, sendo especialmente celebrados os seus dúos e a súa música de cámara; e Mary Simoni, decana da Facultade de Artes da Universidade de Michigan, premiada por todo o mundo, que destaca polos seus traballos en música electrónica e computacional. A Suite para violín só (1975) pertence á súa primeira época, de estilo máis neoclásico.

A compositora e directora croata Iva Juras obtivo un grande recoñecemento en certames internacionais, entre eles o certame Musica Sacra a Roma (2009). O seu motete Lapidabant Stephanum tenta reflectir o dramatismo da lapidación de Santo Estevo.

Desde Bélxica chega a música de Natalie Goossens, tamén directora de coro, que recibe encargos dalgunhas das agrupacións máis prestixiosas do seu país e que conta cun amplo catálogo de composicións de música de cámara e orquestra.

A italiana Carlotta Ferrari, gañadora do 2º premio no Concurso Sisi-Frezza (2013) para mulleres compositoras, define a súa estética como modal-contemporánea, continuando desde a Universidade de Florencia as súas investigacións nunha nova gramática compositiva en colaboración co organista da Universidade de Harvard Carson Cooman. A obra escollida, Judas Mercator, vai discorrendo en pequenas seccións de dúas ou tres voces, que alternan co tutti.

Arquivos adxuntos

cando e onde
Venres 22 xuño 2018
20:30  Igrexa da Universidade (da Compañía)Praza da Universidade s/n

prezo das entradas
Entrada libre ata límite de aforo
de interese
As Xornadas de Música Contemporánea están organizadas polo Concello de Santiago de Compostela, a Universidade de Santiago de Compostela, USC e o Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC e contan coa colaboración da Deputación de A Coruña
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org